Co financiamento de:
/ Portada / IDi

Optimización de Cultivos: Cara a unha agricultura máis eficiente e sostible

15-03-2024 - I + D + i

Mediante o uso de algoritmos avanzados e análises de datos, os agricultores/as poden tomar decisións informadas sobre a selección de sementes, o manexo de nutrientes, o control de pragas e enfermidades, e o momento óptimo para a sementa e a colleita. A IA tamén pode axudar a monitorear o crecemento das plantas en tempo real, identificando problemas potenciais antes de que se convertan en ameazas graves para os cultivos.

Deseñan unha proteína artificial capaz de filtrar e degradar plásticos

31-10-2023 - CSIC-BSC-UCM

Un equipo de científicos do Instituto de Catálisis e Petroleoquímica do CSIC xunto con grupos do Barcelona Supercomputing Center-Centro Nacional de Supercomputación e da Universidade Complutense de Madrid desenvolveron unhas proteínas artificiais capaces de degradar microplásticos de tereftalato de polietileno ou PET -un dos plásticos máis empregados, presente en moitos envases e botellas- e reducilos aos seus compoñentes esenciais, o que permitiría a súa descomposición ou a súa reciclaxe. Para iso usaron unha proteína de defensa da anemone de amorodo (Actinia fragacea), á que lle engadiron a nova función tras un deseño mediante métodos computacionais.

Novo sistema de desalinización para producir auga potable máis barata

04-10-2023 - I+D+i

O equipo internacional de Lenan Zhang, do Instituto Tecnolóxico de Massachusetts (MIT) en Estados Unidos, desenvolveu un dispositivo alimentado por enerxía solar que evita os problemas de obstrución por sal que sofren outros deseños. Estes enxeñeiros aspiran a converter a auga de mar en auga potable cun dispositivo completamente pasivo inspirado na propia dinámica marítima e energizado polo sol.

Esponxa reutilizable que saca o chumbo da auga

29-05-2023 - I+D+i

O equipo de Benjamin Shindel e Vinayak Dravid, da Universidade do Noroeste en Estados Unidos desenvolveu unha esponxa que pode retirar da auga o chumbo, un metal pesado tóxico que historicamente causou moitos problemas na auga destinada ao consumo humano. A auga contaminada con chumbo, unha vez tratada con esta esponxa, perde o seu chumbo e pasa a ser potable. Futuras versións desta esponxa extraerán outros metais da auga

Retirar dióxido de carbono do mar

01-03-2023 - I+D+i Medio Ambiente

Un avance tecnolóxico recente fai plausible recorrer a unha estratexia alternativa para combater o cambio climático global: no canto de retirar dióxido de carbono do aire, retiralo do mar. O equipo investigador, do Instituto Tecnolóxico de Massachusetts (MIT), ideou un proceso reversible baseado en células electroquímicas sen membrana. Utilízanse eléctrodos reactivos para liberar protóns na auga de mar fornecida ás células, o que impulsa a liberación do dióxido de carbono disolto na auga

O IBV investiga un método para democratizar o uso de exoesqueletos nas empresas

14-11-2022 - IBV-Instituto de Biomecánica de Valencia

O Instituto de Biomecánica de Valencia está a desenvolver unha guía que permita ás empresas detectar que postos de traballo son susceptibles de mellorar as súas condicións coa introdución dos modelos de exoesqueletos máis adecuados en cada caso. Esta guía contará cun protocolo que “acompañará” á empresa no proceso de selección e implantación e posterior validación do exoesqueleto

Exoesqueletos para mecánicos

12-07-2022 - I+D+i

Os exoesqueletos robotizados poden axudar a persoas cuxo oficio esíxelles esforzos físicos de forma moi habitual. Dende manter no alto os brazos sen podelos apoiar en nada a fin de aparafusar e desparafusar pezas nun punto elevado, ata agacharse para levantar do chan pezas de varios quilogramos de peso, son moitas as accións típicas de oficios como o de mecánico nas que, sen requirir tanta forza como para xustificar o uso de maquinaria especial, o esforzo físico acumulado ao longo da xornada laboral pode ser considerable e conducir a dores de costas e outros efectos nocivos e mesmo desembocar en enfermidades laborais.

Quentador de auga de mar para a obtención de auga potable

05-05-2022 - CONICET

O grupo de investigación baixo o liderado de Adrian Brunini, científico do CONICET logrou desenvolver un quentador de auga de mar para a obtención de auga potable. O equipo, que non xera consecuencias ambientais nocivas, podería funcionar, ademais, con hidróxeno verde.

Nova célula de combustible de hidróxeno, un paso máis cara ao desuso dos combustibles fósiles

01-04-2022 - I+D+i

As células ou celas de combustible de hidróxeno son dispositivos de conversión de enerxía que producen electricidade ao combinar electroquímicamente o hidróxeno co osíxeno do aire. Do mesmo xeito que outros vehículos eléctricos, os vehículos con célula de combustible de hidróxeno non emiten gases con efecto invernadoiro nin contaminan doutras maneiras.

Baterías de litio-osíxeno de nova xeración para ampliar a autonomía entre cargas

21-02-2022 - I+D+i

Investigadores da Universidade Tecnolóxica de Sídnei en Australia, deseñou unha substancia química para potenciar o rendemento das baterías de litio-osíxeno co fin de que os vehículos eléctricos teñan a mesma autonomía que os de gasolina

Intelixencia artificial para detectar lesións pulmonares causadas pola COVID-19

21-12-2021 - I+D+i

Un novo sistema automatizado que incorpora tecnoloxía de aprendizaxe profunda (unha técnica de intelixencia artificial) permite detectar lesións causadas pola COVID-19 mediante a análise de imaxes de tomografía axial computerizada do tórax. O sistema, descrito nun traballo que publica a revista Computers in Biology and Medicine, desenvolvérono investigadores da Universitat de Barcelona, do Centro Tecnolóxico de Cataluña (Eurecat) e do Centro de Visión por Computador.

Luz ultravioleta para inactivar o coronavirus

12-11-2021 - I+D+i

Os efectos xermicidas da luz ultravioleta convertérona nun dos métodos empregados para lograr a eliminación da posible viralidade sobre superficies que non podían ser limpadas con solucións alcohólicas ou virucidas. Con todo, xurdiu a lóxica pregunta: que cantidade de luz ultravioleta é realmente efectiva contra o coronavirus SARS-CoV-2? Un estudo liderado pola UCM, cunha técnica probada en ascensores e temas de transporte determina a cantidade de luz ultravioleta necesaria para eliminar o 99% do SARS-CoV-2.

Novo dispositivo portátil para a detección automatizada de radon

24-06-2021 - I+D+i

O novo dispositivo conéctase a unha rede sen fíos e vixía, de forma automática, os niveis de radon na súa contorna en edificacións. Este sistema de detección contén no seu interior un sensor de silicio fabricado na Sala Branca do Instituto de Microelectrónica de Barcelona (IMB), adscrito ao Centro Nacional de Microelectrónica (CNM), do Consello Superior de Investigacións Científicas (CSIC).

Achan un punto débil atacable no coronavirus SARS- CoV-2

11-06-2021 - I+D+i

O equipo internacional de Nenad Ban, do Instituto Federal Suízo de Tecnoloxía en Zúric (ETH), conseguiu por primeira vez desentrañar as interaccións entre o xenoma viral e o ribosoma durante o desprazamento do marco de lectura. Os resultados das observacións proporcionaron unha descrición molecular do proceso cun nivel de detalle sen precedentes e revelaron unha serie de características que non foran preditas. Dispoñendo agora de todos estes coñecementos, será posible desenvolver medicamentos que lle impidan ao SARS-CoV-2 provocar un desprazamento do marco de lectura, saboteando así ese paso imprescindible da infección vírica.

Bos resultados preliminares dun antiviral contra a Covid-19

12-05-2021 - I+D+i

Segundo a investigación levada a cabo polo equipo de Kyle Rosenke, do Instituto Nacional de Alerxias e Enfermidades Infecciosas estadounidense (NIAID), o medicamento antiviral experimental -MK-4482- diminúe significativamente os niveis de coronavirus e os danos causados pola enfermidade nos pulmóns de hámsteres infectados polo coronavirus SARS-CoV-2.

Investigadores do CSIC obteñen un nanomaterial que elimina o coronavirus e é aplicable en máscaras e tecidos

23-02-2021 - I+D+i

Un equipo de investigadores do Consello Superior de Investigacións Científicas (CSIC) desenvolveu un novo nanomaterial, constituído por nano partículas de cobre, que inhibe as proteínas do coronavirus SARS-CoV-2 e bloquea a súa propagación. O material, que xa foi protexido mediante patente, é aplicable en recubrimento de máscaras cirúrxicas, en tecidos de protección de uso hospitalario, e en recubrimento de superficies de contacto, como varandas ou pomos no transporte público. Os investigadores están a estudar o seu desenvolvemento industrial para levalo ao mercado.

Científicos do CSIC colaboran nun sistema fotocatalítico para eliminar o SARS-CoV-2 do aire en interiores

04-02-2021 - I+D+i

Científicos do Consello Superior de Investigacións Científicas (CSIC) traballan no desenvolvemento dun novo sistema fotocatalítico para eliminar o virus SARS-CoV-2, causante da COVID-19, do aire en espazos interiores. O proxecto, liderado polo Centro de Investigacións Enerxéticas, Ambientais e Tecnolóxicas (CIEMAT) e coordinado pola empresa Aire Limpo, prevé incorporar esta tecnoloxía catalítica nos sistemas de climatización e acondicionamento do aire.

A vacina do CSIC máis adiantada para a covid-19 mostra unha eficacia do 100% en ratos

26-01-2021 - I+D+i

O candidato vacunal MVA- CoV-2- S, que usa como vehículo o virus vaccinia modificado de Ankara (MVA) para transportar unha proteína do SARS- CoV-2 (a proteína S) que estimule a defensa inmunitaria contra o coronavirus, probou a súa eficacia en modelos animais, e está por tanto listo para seguir avanzando cara ás probas clínicas, segundo publícase na prestixiosa revista Journal of Virology.

A USC loita contra a COVID-19 con catro proxectos de investigación

23-12-2020 - I+D+i

A USC reforza o seu compromiso na loita contra a COVID-19 a través de catro novos proxectos de investigación que exploran mecanismos que favorezan a detección temperá da enfermidade, así como o desenvolvemento de novos axentes antivirais e unha potencial vacina baseada en fermentos.

Investigadores da UMA e IBIMA deseñan un sistema de detección precoz de SARS- CoV-2 baseado en sensores fotónicos

27-10-2020 - I+D+i

Os científicos traballan no desenvolvemento dun novo equipo máis funcional e de menor custo que se podería desplegar en centros de atención primaria

Mellor modo de eliminar ao coronavirus con raios ultravioleta

29-09-2020 - I+D+i

O equipo investigador da Universidade de Hiroshima, completou unha investigación cuxos resultados indican que utilizar a radiación ultravioleta cunha lonxitude de onda de 222 nanómetros, que é menos perigosa ao ser usada preto de humanos que a de 254 nanómetros, é igual de eficaz matando ao coronavirus SARS- CoV-2. Considérase que esta é a primeira investigación no mundo para probar a eficacia da luz ultravioleta de 222 nanómetros contra o SARS- CoV-2.

Un dispositivo inalámbrico produce combustible limpo a partir de luz solar, CO2 e auga

07-09-2020 - I+D+i

Investigadores da Universidade de Cambridge desenvolveron un dispositivo autónomo que converte a luz solar, o dióxido de carbono e a auga nun combustible neutro en carbono, sen necesidade de ningún compoñente adicional ou electricidade.

Un robot móbil autónomo desinfectará máis rapidamente zonas de hospital potencialmente infectadas de Covid-19

21-05-2020 - I+D+i

Un equipo investigador da Universitat de València, desenvolve un proxecto para mellorar a protección contra as infeccións en áreas de alta dispoñibilidade de centros sanitarios. Para levar a cabo o proxecto, está a deseñarse e construíndo un robot móbil autónomo que será o encargado dunha desinfección máis rápida e eficaz das zonas sanitarias máis sensibles dos hospitais, como quirófanos, áreas de coidados intensivos ou salas de reanimación de pacientes

Desenvolven un novo prototipo de respirador para UCI ante o COVID-19

02-05-2020 - I+D+i

Investigadores e técnicos da Universidade Carlos III de Madrid (UC3M) e do Hospital Xeral Universitario Gregorio Marañón (HGUGM) deseñaron e desenvolveron un novo prototipo de respirador para as unidades de coidados intensivos (UCI) ante a crise sanitaria provocada polo COVID-19. Actualmente acábase de terminar a montaxe de dúas unidades para comezar as probas de validación con animais e os procesos de homologación.

IBV deseña unha pantalla de protección facial ergonómica para centros sanitarios e residencias

09-04-2020 - I+D+i

A pantalla de protección facial deseñada por Instituto de Biomecánica de Valencia –IBV- consta dunha diadema axustable para cada usuario e unha lámina transparente que protexe a cara. Presenta unha curvatura ergonómica na parte inferior que facilita a mobilidade en posición de flexión de pescozo, deixando espazo na parte parte superior para previr a condensación.

Galiza lidera un proxecto europeo para converter CO2 en biocombustible

12-12-2019 - I+D+i

O proxecto Bac-To-Fuel (Bacterial conversion of CO2 and renewable H2 into biofuels), financiado con tres millóns de euros dentro do programa Horizonte 2020 da Unión Europea, ten como obxectivo que a UE lidere a produción de biofuel por medios sustentables, reducindo a contaminación ambiental.

Potencial exposición a nonomateriais en entidades de I+D+i

04-11-2019 - INSST

Este documento divulgativo recolle os resultados dun estudo que se agruparon en cinco apartados: descrición das entidades, características da actividade con nanomateriales, medidas de control colectivas, equipos de protección individual e outra información de interese. No apartado final inclúense os datos destacados do estudo e algunhas propostas de actuación preventiva que puidesen ser de interese para as entidades de I+D+i.

O primeiro tecido que se adapta a se unha persoa ten frío ou calor

20-09-2019 - I+D+i

Unha investigación liderada dende a Universidade de Maryland en College Park (EE. UU.) desenvolveu por primeira vez un tecido que é capaz de regular automaticamente a temperatura de quen o leva en función de se ten frío ou calor.

Paneis solares que producen enerxía e auga limpa

06-09-2019 - I+D+i

Investigadores da Universidade de Ciencia e Tecnoloxía Rei Abdalá de Thuwal, en Arabia Saudita, lograron combinar nun único dispositivo a purificación de auga e a produción eléctrica con paneis solares. Os detalles da innovación publícanse no último número da revista Nature Communications.

Aparello que detecta contaminantes en tempo real

19-07-2019 - I+D+i

O aparello, no que o grupo de investigación QA2 da Universidade de vigo comezou a traballar no ano 2016, permite obter información, tanto cualitativa (identificar a presenza ou ausencia do contaminante), como cuantitativa (determinar a concentración do contaminante) e, en combinación con sistemas de dixitalización e procesado de imaxe dispoñibles, determinar unha ampla variedade de contaminantes volátiles ou non volátiles, como arsénico, mercurio, amonio, bromuro, cloro libre, sulfito, sulfuro ou cianuro, mediante a formación dunha forma volátil do analito.

Un novo sistema de filtrado alcanza cotas inéditas de velocidade na purificación da auga

10-07-2019 - I+D+i

Un grupo de científicos do Instituto Real de Tecnoloxía de Melbourne deu unha volta de torca aos sistemas empregados ata a actualidade; a súa solución, baseada na nanotecnoloxía, é relativamente sinxela, ten un custo reducido e, ademais de ser ecoloxicamente sustentable, multiplica por cen a velocidade de filtrado das tecnoloxías actuais.

Impresión 3D e fabricación aditiva. Implicacións para a Seguridade e a Saúde

01-04-2019 - I+D+i

Nesta entrada achegamos información elaborada pola EU- OSHA sobre este particular así como datos sobre unha investigación realizada por Health an Safety Executive de Inglaterra sobre a emisión de partículas que emiten impresoras 3D que poderían causar problemas das vías respiratorias ao ser inhaladas.

Novo biocombustible a partir de residuos de viño

26-03-2019 - I+D+i

Un estudo realizado por investigadores da Universidade Politécnica de Madrid ( UPM) e da Universidade de Castela-A Mancha ( UCLM) centrouse nos residuos da industria do viño, que constitúen unha materia prima interesante para o biodiesel en países cunha importante produción vinícola.

Logran reciclar CO2 en carbón sólido

28-02-2019 - I+D+i

Un equipo de investigadores, dirixido pola Universidade RMIT en Melbourne, desenvolveu un método para transformar o dióxido de carbono (CO2) nun material sólido, similar ao carbón, un avance que podería revolucionar o enfoque mundial sobre captura e almacenamento deste gas de efecto invernadoiro.

Conversión de ondas wifi en electricidade

05-02-2019 - I+D+i

Un equipo de científicos do MIT (Massachusets Institute of Tecnology) e da Politécnica de Madrid ven de publicar en Nature un estudo que podería rachar no futuro coas limitacións actuais que temos á hora de recibir enerxía eléctrica para as nosas actividades cotiás. “Un mundo – di o propio MIT para explicar a relevancia deste estudo – onde os teléfonos, portátiles, ‘wearables’ e outros aparellos electrónicos puideran funcionar sen baterías“. Isto é o que aborda un dispositivo flexible que é capaz de converter a enerxía do sinal wifi en electricidade para alimentar estes aparellos.

Desbotan un sistema de intelixencia artificial polas súas tendencias misóxinas

25-10-2018 - ROBÓTICA

Un equipo de enxeñeiros de Amazon traballou durante polo menos dous anos nun sistema de intelixencia artificial que se empregaría no departamento de recursos humanos; o robot podía ler centos de currículos e elixir os mellores candidatos para un posto de traballo, aforrando tempo aos reclutadores.

Proxecto Intera, para a detección e redución do gas radon

16-03-2018 - SAÚDE

Este proxecto está promovido por investigadores do Laboratorio de Análise de Radiacións da USC, asociado ao Instituto Galego de Física de Altas Enerxías, e a empresa de enxeñaría Inous. O obxectivo da spin-off Intera, Innovacións Tecnolóxicas do Radon, é ofrecer solucións de mitigación do gas radon nos edificios.

Deseñan unha tea que pode quentar o refrixerar a quen a viste

19-12-2017 - I+D+i

Este material foi deseñado por un equipo dirixido un profesor de ciencia de materiais e enxeñería de Standford, interesado na eficiencia enerxética e con gran experiencia na manipulación de materiais a nanoescala. A motivación foi buscar o xeito de que as persoas puidesen manterse nun rango de temperaturas confortables, o que podería traducirse en aforros en aire acondicionado e calefacción.

Líquido que almacena enerxía solar

06-10-2017 - I+D+i

Un equipo de investigadores da Universidade Tecnolóxica de Chalmers, en Gotemburgo (Suecia) demostrou que é posible almacenar directamente a enerxía solar nun fluído químico, denominado sistema solar térmico molecular. Esta técnica de almacenamento de enerxía solar funciona grazas a ligazóns químicas que permiten tanto o almacenamento como a liberación de enerxía.

Dispositivo para controlar o gas radón dende o móbil

02-06-2017 - Instituto Galego de Física de Altas Enerxías

No proxecto CARE (Control Automático da concentración de Radon en Edificios), científicos do Instituto Galego de Física de Altas Enerxías (IGFAE) da Universidade de Santiago de Compostela e do Instituto de Microelectrónica de Barcelona (IMB-CNM-CSIC), ambos membros do CPAN, están a traballar nun proxecto que ten como finalidade desenvolver un sistema que controle os niveles de radon presente en edificios e que adapte a ventilación ou climatización en función da concentración de gas de xeito automático.

Conseguir hidróxeno a partires de aire contaminado

12-05-2017 - I+D+i

Investigadores das universidades de Anveres e KU Leuven, en Lovaina (Bélxica), conseguiron crear nun dispositivo que pode purificar o aire ao mesmo tempo que xera hidróxeno; "o aparello conta con dous espazos separados por unha membrana; nun dos espazos levase a cabo o proceso de descontaminación; os compostos que se degradan contribúen a producir hidróxeno no outro espazo", explica un dos investigadores, experto en Enxeñería aplicada ás ciencias da vida. O hodróxeno producido pode almacenarse e utilizarse máis tarde como combustible, como xa se está a facer, por exemplo, en certos autobuses.

Dispositivo para calcular verquidos de hidrocarburos

05-04-2017 - I+D+i

Investigadores do Departamento de Física Aplicada da Universidade de Vigo desenvolveron un dispositivo que permite a detección e identificación de verquidos de hidrocarburos. As características do dispositivo publicáronse na revista Applied Optics, no artigo titulado Remote photonic sensor to detect crude and refined oil, publicación da Optical Society of America OSA.

En Holanda os trens desprázanse con enerxía eólica

31-01-2017 - I+D+i

En Holanda, as turbinas eólicas proporcionan a NS, a compañía ferroviaria estatal holandesa, toda a enerxía que os seus trens necesitan para moverse. Segundo a compañía, o tren é o medio de transporte máis eficiente e sustentable tras a bicicleta.

Residuos de castañas para crear biopavimentos

12-01-2017 - I+D+i

Co proxecto Innobiorresiduos, no que están a traballar empresas de varios puntos da xeografía galega de diferentes sectores (desde o primario ao terciario), preténdese atopar "unha maneira innovadora de usar residuos e coprodutos procedentes do sector agroindustrial galego". A valorización destes subprodutos e polo tanto o proxecto, apuntou, ten “un interese tanto económico como ambiental”. No primeiro ano de desenvolvemento do proxecto caracterizáronse os produtos da industria madereira e da castaña elixidos, co fin de definir para qué serven; tamén se realizaron probas dos produtos obtidos en mostras de asfalto e solos ao tempo que se comezou a traballar na valorización enerxética dos residuos xerados nestes procesos a través de compost ou produción eléctrica.

Proxecto europeo adicado a xestionar solos degradados

24-11-2016 - Medio ambiente

O Consello Superior de Investigacións Científicas (CSIC) está a coordinar dende Galiza un proxecto europeo denominado “Demostración da mellora na biodiversidade edáfica, funcionalidade e servizos ecosistémicos en terreos contaminados e degradados mediante fitoxestión dentro da rexión Interreg Sudoe” (PhytoSUDOE); este proxecto, que está financiado polo Programa Interreg Sudoe, ten como finalidade mellorar a xestión de solos degradados e contaminados. O proxecto traballa con novas técnicas de fitoxestión que melloran a funcionalidade dos ecosistemas, promoven a biodiversidade e garanten un uso sustentable dos recursos naturais.

Un equipo de químicos da Universidade de Huelva desenvolveu lubricantes biodegradables para maquinaria industrial

27-10-2016 - I+D+i

Un equipo de químicos da Universidade de Huelva desenvolveu lubricantes biodegradables para maquinaria industrial a partires do quitosano, un composto natural derivado dos caparazóns de crustáceos e aceite de ricino ao que engadiron produtos naturais antioxidantes. Estes aditivos aumentan a durabilidade da formulación final que mantén as características de consistencia e frición e é máis ecolóxica

“Camiseta intelixente” que corrixe a postura

12-09-2016 - ERGONOMÍA

Wearlumb é unha "camiseta intelixente" elástica e adaptable a diferentes morfoloxías, con sensores de captura de movemento que están conectados a un sistema experto que analiza a postura e a corrixe se é necesario.

Novo material para emprego en plataformas de vías férreas

06-07-2016 - I+D+i

Investigadores da Universitat Politècnica de Valencia,a Universidade de Sevilla e a empresa AZVI obtiveron un material para uso en plataformas ferroviarias que incorpora caucho triturado procedente de pneumáticos fóra de uso (NFU),mesturado con materiais granulares. Este novo material foi instalado nunha liña de ADIF, e segundo os resultados analizados polos científicos da UPV, o emprego deste material reduce considerablemente a vibración transmitida ao entorno.

Bioenerxía a partir de residuos de plátano

31-05-2016 - I+D+i

Investigadores da Universidade Politécnica de Madrid levaron a cabo un estudo no que se avalía o potencial da biomasa residual do plátano. O estudo levouse a cabo polo do grupo de Agroenergética sobre a produción de plátano na provincia do Ouro, en Ecuador. Dos resultados, publicados na revista Waste and Biomass Valorization, despréndese que do emprego deste tipo de residuos poderíase cubrir o 55% da demanda eléctrica desa provincia e o 10% da demanda de bioetanol de todo o país.

Biobutanol a partir de residuos de cervexa

09-05-2016 - I+D+i

Investigadores do Grupo de Tecnoloxía de Procesos Químicos e Bioquímicos da Universidade de Valladolid, coa colaboración de investigadores do Instituto Tecnolóxico Agrario de Castela e León, están a traballar nun proxecto que estuda o emprego do residuo sólido que se xera no proceso de elaboración da cervexa, para producir biobutanol, un tipo de biocombustible con gran potencial debido á súa similitude coa gasolina.

Envases con propiedades antimicrobianas

21-04-2016 - I+D+i

Investigadores do departamento de Enxeñería Química da Universidade de Huelva fabrican envases con propiedades antimicrobianas engadindo aceites esenciais de cravo, canela e tomiño branco a un plástico obtido a partir de proteína de glute de trigo.

Hidróxeno sólido como combustible

01-04-2016 - I+D+i

Investigadores da Universidade de Valladolid desenvolveron unha tecnoloxía que permite almacenar hidróxeno en estado sólido e liberalo de forma rápida para o seu uso como combustible. O proxecto, denominado HIDROWAVE, podería ter aplicación en diversos sectores, como o da automoción.

Cortiza como descontaminante

03-03-2016 - I+D+i

Investigadores da UPM, a Universidade de Limoges e o Centre National de la Recherche Scientifique, CNRS, de Francia, desenvolveron un procedemento para a obtención dun novo material a partires de cortiza e os seus residuos. Este material, sostible e económico ten propiedades descontaminantes.

Desenvolven un sistema de detección remota de gases perigosos

19-02-2016 - I+D+i

Investigadores da Universitat Politècnica de València e a Universidade Politécnica de Madrid desenvolveron un sistema sensor que detecta a presenza de gases perigosos e realiza estimacións da súa concentración no ambiente, mediante a análise automática de fotografías (polo cambio de cor que se produce en certos compostos químicos en presenza de gases perigosos).

Novos sensores de humidade con propiedades antibacterianas

15-02-2016 - I+D+i

O enxeñeiro de Telecomunicación, Aitor Urrutia, deseñou uns sensores de humidade con propiedades antibacterianas que permiten combater a proliferación de microorganismos en contornas de alta humidade, como industrias alimentarias, farmacéuticas e hospitalarias.

Científicos da Universidade Nacional Autónoma de México (UNAM) desenrolan plásticos biodegradables a partir dunha bacteria.

11-02-2016 - I+D+i

Azotobacter é unha bacteria presente no chan que ademais de ser inocua ten a propiedade de producir un polímero denominado polihidroxibutirato (PHB), 100% biodegradable e biocompatible. Unha boa opción que podería substituír os plásticos convencionais derivados do petróleo e con potencial poder para usarse na biomediciña.

Mapa sobre as ICTS –Infraestruturas Científicas e Técnicas Singulares-

28-01-2016 - I+D+i

O término Infraestrutura Científica e Técnica Singular (ICTS) fai referencia a instalacións, recursos e servizos que o sistema de I+D+i do país, e a comunidade científica-tecnolóxica e industrial que o integra, necesitan para levar a cabo investigación e desenvolvemento tecnolóxico de vangarda e de máxima calidade, así como para fomentar a transmisión, intercambio e preservación do coñecemento, a transferencia de tecnoloxía e a innovación.

Crean novos métodos para facer biocombustible ou azucres coa palla de cereal

09-12-2015 - I+D+i

Investigadores da Universidade de Vigo colaboran nun proxecto da Universidade de Córdoba que traballa na obtención de nanofibras de celulosa. O investigador Gil Garrote, da Facultade de Ciencias do campus de Ourense, participa no proxecto liderado pola Universidade de Córdoba e o Campus de Excelencia Internacional Agroalimentaria co obxectivo de aproveitar os refugallos da recolección agrícola para a fabricación de materiais de última xeración cos que elaborar nanofibras de celulosa, limpar verteduras mariñas de petróleo ou crear apósitos sanitarios con sensores biométricos.

O Laboratorio para o Descubrimento de Novos Materiais -NOMAD-, creará unha enciclopedia de novos materiais

18-11-2015 - I+D+i

O NOMAD, é un novo centro europeo de excelencia, que reúne a físicos, químicos, informáticos, expertos en ciencia dos materiais e informáticos co obxectivo de elaborar unha enciclopedia de materiais e desenvolver ferramentas avanzadas para a análise de macrodatos que faciliten o descubrimento, a creación e a utilización de novos materiais.

Proxecto CARLOS: robot adaptable para traballos na construción naval

05-10-2015 - I+D+i

Este proxecto, financiado pola Unión Europea, propón o emprego de robots adaptables para traballos en entornos complexos. O sistema de construción por bloques que se emprega nos asteleiros modernos, obriga a realización de traballos manuais duros e repetitivos; introducir automatomatismos nestes entornos foi ata o momento un reto para os investigadores.

A pila de hidróxeno: máis económica e máis lixeira que as pilas convencionais

02-10-2015 - I+D+i

Investigadores da Universidade de Huelva perfeccionaron algúns dos compoñentes da pila de hidróxeno simplificando a tecnoloxía, mellorando as súas prestacións e economizando custos .

Antioxidantes extraídos do bagazo do viño

04-09-2015 - I+D+i

Os polifenois presentes na uva son substancias químicas naturais que teñen virtudes antioxidantes, que poden atrasar o envellecemento ou protexernos de enfermidades como o cancro ou as doenzas cardiovasculares. Existen no viño e tamén quedan no bagazo, residuo que as adegas empregan, nunha mínima parte, para facer augardentes e que, na súa maioría, supón un refugallo de difícil xestión polo seu volume e os gastos asociados que ten a súa eliminación. Dun grupo de investigación da Universidade de Santiago, nace un proxecto que busca aproveitar as propiedades antioxidantes e bactericidas que ten o líquido natural que extraen do bagazo do albariño galego.

Modelo matemático para estimar a probabilidade que ten un determinado entorno de sufrir un incendio

27-07-2015 - I+D+i

Un equipo de investigadores do Centre Tecnològic Forestal de Catalunya (CTFC) e do Grupo de Actuacións Forestais dos Bombeiros da Generalitat de Catalunya (Graf) desenvolveron un modelo matemático que pode estimar a probabilidade que ten unha paisaxe de padecer un determinado tipo de incendio. A ferramenta pode servir tanto para mellorar a planificación das tarefas de extinción como para adoptar as medidas de prevención oportunas.

Sensor portátil selectivo para benceno en aire

16-07-2015 - I+D+i

O benceno e un composto orgánico volátil; é o máis tóxico entre os compostos BTEX (benceno, tolueno, etilbenceno e xilenos) que se poden atopar no medio ambiente. O seu nivel no aire pode incrementarse debido a emisións de combustión de carbón e petróleo, tubos de escape ou fume de tabaco. Na actualidade existen métodos para a detección de benceno no aire; métodos que requiren varios pasos (bombeo da mostra, preconcentración e análise por métodos cromatográficos), e que resultan longos e de custe elevado. Investigadores do ICIQ e URV veñen de desenvolver un sensor baseado en nanotubos de carbono con nanopartículas de ouro funcionalizadas con cavitandos de quinoxalina.

Proxectos LIFE de I+D+i ambiental

06-07-2015 - MEDIO AMBIENTE

O Programa de Medio Ambiente e Acción polo Clima (LIFE) é o instrumento da Unión Europea dedicado ao medio para o período 2014-2020. O seu obxectivo xeral baséase en catalizar os cambios no desenvolvemento e a aplicación das políticas mediante a achega de solucións e mellores prácticas para lograr os obxectivos ambientais e climáticos, así como mediante a promoción de tecnoloxías innovadoras en materia de medio ambiente e cambio climático.

Nova metodoloxía para elaborar mapas de vento

17-06-2015 - I+D+i

O ICEI, grupo de investigación de Instrumentación Industrial Computacional e Electrónica da Universidade de Cádiz, propuxo unha nova metodoloxía para caracterizar o comportamento do vento con variacións cada hora e nun radio de 20 quilómetros.

Aeroxeradores sen pas

12-06-2015 - I+D+i

O Estado español sitúase entre os catro maiores produtores do mundo en xeración de enerxía eólica. A pesares de estar a falar de enerxía renovable, a enerxía eólica non está exenta de producir impactos ambientais, como poden ser a mortalidade de aves, o ruído xerados ou os efectos que pode producir sobre o clima dos espazos nos que se asentan os parques.

Emprego de óxido de ferro para limpar atmósferas contaminadas

19-05-2015 - I+D+i

Investigadores do grupo de Química Inorgánica da Universidade de Córdoba, describen un proceso polo que un óxido de ferro denominado hematita, pode ser empregado na redución da contaminación debida aos óxidos de nitróxeno, presentes nos gases liberados ao aire en procesos de combustión e que son emitidos por tubos de escape de vehículos e industrias. Os óxidos de nitróxeno poden producir enfermidades respiratorias como enfisemas ou bronquites.

Unha investigación da Universidad Politécnica de Madrid (UPM) e a Università Politecnica delle Marche demostra a eficacia enerxética das cubertas con vexetación.

30-03-2015 - I+D+i

No estudo analízanse os efectos sobre o enfriamento pasivo dos edificios, resultando que as cubertas cunha densidade de vexetación elevada son un 60% máis eficientes enerxeticamente que as cubertas que non teñen vexetación.

"Chairless": a cadeira para unha mellora ergonómica na cadea de montaxe de automóbiles.

09-03-2015 - ergonomía

Na planta de Neckarsulm, a compañía automobilística Audi está probando unha nova tecnoloxía que pretende facilitar moitas das actividades de ensamblado que deben realizar os/as traballadores/as. Este proxecto denominado "chairless chair" está sendo desenvolvido por Audi en colaboración cunha start-up suíza. O dispositivo está construído en fibra de carbono e permite que o/a traballador/a poida sentarse sen empregar unha cadeira, mellora a postura e reduce a tensión nas pernas.

Deterxentes naturais a partires de refugallos de vide e de millo

04-02-2015 - I+D+i

Moitos dos produtos que comercializan as industrias cosmética e farmaceútica conteñen deterxentes sintetizados químicamente; este tipo de deterxentes son tamén empregados a cotío en labores de limpeza. Investigadoras/es do Departamento de Enxeñería Química da Universidade de Vigo están a traballar na obtención de produtos deterxentes naturais de interese industrial como son os biosurfactantes, de aplicación en farmacia e cosmética, e os bioadsorbentes, para o tratamento das augas residuais.

Un novo e revolucionario láser

21-01-2015 - I+D+i

A revista científica Nature Photonics, faise eco dun novo láser sen precedentes a nivel mundial; este láser, desenvolvido por investigadores do grupo de Novos Materiais da Universidade de Vigo en colaboración con científicos da Universidade de Leeds (Reino Unido), o Centro de Investigación Jülich (Alemaña) e o Centro Paul Scherrer (Suíza), terá importantes e novidosas aplicacións no mundo da biomedicina e as telecomunicacións.

Nanopartículas para deseñar catalizadores á medida e máis eficientes

12-11-2014 - I+D+i

Investigadores da Universidade Politécnica de Cataluña, a Universidade de Barcelona e o sincrotrón ALBA descubriron que os átomos reaccionan de xeito diferente en función das características do catalizador que se utilice. O avance abre a vía cara a novos catalizadores á medida para facer máis eficientes os vehículos e algúns procesos industriais.

Recubrir con óxido de aluminio os nanotubos de carbono de parede múltiple reduce a súa toxicidade en ratos

27-10-2014 - I+D+i

Un novo estudo da Universidade Estatal de Carolina del Norte (NC State) e o Instituto Nacional de Ciencias de Saúde Ambiental (NIEHS) encontró que os nanotubos de carbono de parede múltiple (CNT) recuberta con óxido de aluminio reduce o risco de fibrose pulmonar en ratos.

Un sistema innovador de radares de baixo custo evita colisións nas obras

25-09-2014 - SEGURIDADE

Investigadores da Universidade Politécnica de Madrid desenvolveron un sistema de alarma para vehículos de construción composto por unha rede de radares de baixo custo, que evita colisións e mellora a seguridade en ámbitos de obra.

Conversión de residuos biolóxicos en hidróxeno

27-08-2014 - I+D+i

Mentres que os coches movidos por hidróxeno parecen estar listos para ser a seguinte gran novidade na sociedade, cada vez máis consciente da importancia da pegada de carbono, o desenvolvemento de métodos sustentables para producir hidróxeno parece acharse aínda nunha fase incipiente. O proxecto HYTIME traballa nun novo proceso de produción grazas ao cal poderá obterse hidróxeno ecolóxico a partir de herba, palla e residuos da industria alimentaria.

Ladrillos deseñados para illar mellor do ruído

11-08-2014 - I+D+i

Un equipo de investigadores da Universidade Politécnica de Madrid (UPM) formula mellorar a eficiencia acústica das paredes construídas con ladrillos cerámicos modificando a súa xeometría interna. De feito, confirmaron que os hexágonos non regulares incrementan o percorrido e o amortecemento acústico.

Gotas de auga que xeran enerxía

08-08-2014 - I+D+i

O ano pasado, investigadores do MIT, Massachusetts Institute of Technology, descubriron que cando as gotas de auga de forma espontánea saltan lonxe de superficies superhidrófobas durante a condensación, se pode obter carga eléctrica no proceso. Agora, o mesmo equipo demostrou que este proceso pode xerar pequenas cantidades de electricidade que podería ser utilizada para alimentar dispositivos electrónicos.

Novidoso sensor para a detección de formaldehido

06-08-2014 - HIXIENE INDUSTRIAL

Investigadores do estado español desenvolveron un novidoso sensor para a detección de formaldehido, un sistema, que abre a porta á realización de medicións deste axente tóxico 'in situ' en lugares de traballo onde este contaminante canceríxeno estea ou poida estar presente.

Novo sistema que optimiza o consumo enerxético da iluminación pública

28-07-2014 - I+D+i

Para dar resposta ás esixencias do último regulamento de eficiencia enerxética da iluminación pública, investigadores da ETSI Industriais da Universidade Politécnica de Madrid (UPM), en colaboración coa Universidade Pontificia Comillas, deseñaron un sistema de regulación de enerxía, baseado na combinación de diversos elementos electromagnéticos, que reduce de maneira eficiente o fluxo luminoso das lámpadas mediante a diminución da tensión de alimentación das mesmas.

Un equipo de investigadores desenvolve unha fibra magnética

22-07-2014 - I+D+i

Investigadores do departamento de Física da Universidade Autónoma de Barcelona (UAB) crearon unha fibra magnética cun cilindro de material ferromagnético rodeado de material superconductor, un deseño sorprendentemente sinxelo froito de complicados cálculos teóricos e moitas probas no laboratorio. O resultado é un material que conduce o campo magnético dun lugar a outro como unha mangueira leva a auga, ou a fibra óptica a luz, así que podería ter aplicacións parecidas.

Desenvolven células de silicio capaces de captar a radiación infravermella do Sol

28-05-2014 - I+D+i

O Sol é unha fonte inesgotable de enerxía que podería solucionar moitos dos problemas enerxéticos actuais. O dispositivo capaz de realizar a conversión de luz solar en electricidade é a célula fotovoltaica, comunmente coñecida como célula solar.

Investigadores do CSIC desenvolven pilas de combustible microfluídicas feitas de papel

21-05-2014 - I+D+i

Investigadores do CSIC desenvolveron pilas de combustible microfluídicas en papel que permiten que dispositivos de diagnóstico como as tiras de fluxo lateral, usadas por exemplo nos test de embarazo ou os test de glicosa, funcionen sen necesidade de baterías externas.

As cinzas da combustión de biomasa pódense usar en bloques de construción

07-05-2014 - I+D+i

As calidades das cinzas producidas na combustión de biomasas convértenas nunha alternativa sostible ao cemento como material de construción. Así o reflicte un estudo de investigadores da Universidade de Xaén sobre este residuo das plantas de xeración eléctrica.

Nova metodoloxía para analizar nanopartículas de unha en unha

16-04-2014 - HIXIENE

Investigadores da Universidade de Zaragoza optimizaron unha técnica de espectrometría para que se poida analizar unha soa nanopartícula, o que axudará a determinar a súa identidade e características en produtos de consumo.

Obteñen un novo tipo de cemento a partir de residuos cerámicos

09-04-2014 - I+D+i

Investigadores da Universidade Politécnica de Valencia, a Universidade Jaume I de Castelló, o Imperial College de Londres e a Universidade Estadual Paulista de Sao Paulo (Brasil) obtiveron no laboratorio un novo tipo de cemento máis sostible fabricado con residuos cerámicos. O avance abre unha nova vía de negocio para a idustria cerámica.

Investigadores da USC avanzan na produción de hidróxeno mediante enerxía solar

17-03-2014 - I+D+i

Os investigadores do grupo NanoMag da USC comprobaron a “extraordinaria actividade” fotocatalítica que posúen clústeres de prata para a produción de hidróxeno a partir de auga, con rendementos entorno ao 10%. O achado abre novas vías á produción de hidróxeno dun xeito respectuoso co medio ambiente, a través da súa ‘fotoprodución’ a partir da auga utilizando enerxía solar. Os investigadores consideran que fronte aos combustibles sólidos, o hidróxeno é un combustible ideal, tanto polo seu contido enerxético como polo seu nulo impacto medioambiental xa que o único produto que se obtén da súa combustión é auga.

Estudan o uso de algas mariñas para envases de produtos alimentarios

24-02-2014 - I+D+i

O proxecto, denominado Plantpack, financiado polo 7º Programa Marco da Unión Europea, céntrase no desenvolvemento de formulacións a base de extractos de algas e outros produtos como amidón para uso alimentario, aplicadas aos envases de papel, cartón e caixas de cartón e para substituír aos recubrimentos actuais, realizados con ceras petroquímicas.

Un dispostivo elimina as emisións de CO2 da industria

20-01-2014 - I+D+i

Un proxecto de colaboración entre o Centro de Láseres Pulsados (CLPU), o Servizo Xeral de Espectrometría de Masas de NUCLEUS da Universidade de Salamanca e a empresa Iberdrola Ingeniería deu como resultado o desenvolvemento dun dispositivo capaz de eliminar case ao 100% as emisións de gases contaminantes á atmosfera, principalmente CO2.

Sensores sen fíos intelixentes, o último en prevención de riscos laborais

12-12-2013 - SEGURIDADE

Trátase dun sensor intelixente e sen fíos que alerta dun posible perigo para potenciar un ámbito de traballo seguro, deseñado por un equipo de investigadores da Universidade Politécnica de Valencia (UPV).

O son potencia a captura de CO2

29-11-2013 - I+D+i

O grupo de Electrohidrodinámica e Medios Granulares Cohesivos da Universidade de Sevilla (US) comprobou que se se aplican ondas sonoras de baixa frecuencia e alta intensidade (130-140 decibelios) se produce unha mellora da eficiencia de captura de CO2 no proceso tecnolóxico coñecido co nome Ca-looping.

Nanomateriais para lograr unha iluminación máis ecolóxica

21-11-2013 - I+D+i

Un equipo de científicos europeos conseguen aumentar a eficiencia enerxética grazas ao proxecto EMIL (Exceptional Materials via Ionic Liquids) o cal dedicouse a dar con melloras en tecnoloxías respectuosas co medio e en concreto nas relacionadas coas celas fotovoltaicas eficientes e fontes de luz innovadoras.

A un paso de conseguir a conversión total de CO2 en metanol

19-11-2013 - I+D+i

Por primeira vez, un equipo de investigación liderado por Atsushi Urakawa, no Instituto Catalán de Investigación Química (Tarragona), conseguiu optimizar o proceso de transformación de dióxido de carbono en metanol, unha forma de reciclaxe de CO2, con conversións do 95%.

Deseñan un exoesqueleto para desenvolver as tarefas de maior peso nos procesos industriais

07-11-2013 - I+D+i

Un grupo de investigadores de sete países da UE está a traballar nun proxecto que pretende construír un exoesqueleto para realizar as tarefas de maior peso nos procesos industriais. O obxectivo do proxecto, cuxo nome é Robot-Mate, é o de diminuír o número de accidentes laborais que se producen na industria pesada, ao substituír a homes por máquinas naquelas tarefas físicas que causan serios problemas musculares. Deste xeito, conseguiríase reducir o número de baixas por este tipo de doenzas, á vez que aumentar a produtividade das compañías.

Desenvolven un protector para móbiles e tablets que reduce o dano causado á retina

16-09-2013 - Ergonomía

Investigadores da Universidade Complutense de Madrid (UCM) e a empresa española Tecnoloxía Sustentable e Responsable (TSR) desenvolveron o primeiro protector ocular para teléfonos móbiles, tablets e videoconsolas portátiles que reduce o dano que ocasiona na retina a iluminación destes dispositivos. O produto, denominado Reticare, sae ao mercado despois de que varios estudos científicos realizados nos últimos anos demostrasen o dano producido pola exposición directa a lonxitudes de onda curta de luz LED, emitida pola maioría de teléfonos móbiles de última xeración ou smartphones e tabletas que hai actualmente no mercado.

Combustible a partir de algas

11-09-2013 - I+D+i

O proxecto financiado con fondos europeos DEMA (Direct Ethanol from MicroAlgae) fixou a súa atención nas cianobacterias, unha microalga presente en case todos os hábitats terrestres e acuáticos como océanos, lagos, chans húmidos e rochas. Estes organismos obteñen a súa enerxía por fotosíntese.

Xestión dos nanomateriais no lugar de traballo

30-07-2013 - EU-OSHA

Os nanomateriais son partículas diminutas, invisibles para o ollo humano. Non obstante, encóntranse presentes na nosa vida diaria en produtos ordinarios como os alimentos, os cosméticos, os dispositivos electrónicos e os medicamentos.

Canta enerxía producen as chumbeiras?

24-07-2013 - Enerxía

O Grupo de Agroenerxética da Universidade Politécnica de Madrid, en colaboración con expertos da Estación Experimental das Palmerillas-Fundación Cajamar, conseguiu avaliar o potencial máximo de cultivo da chumbeira para a produción de bioetanol na provincia de Almería. Tamén estimou a localización óptima das plantas de procesamiento desta materia prima considerando requirimentos e restricións técnicas, o que resultará de utilidade para futuras iniciativas empresariais.

Os refugallos vexetais ofrecen enerxía e novos alimentos

23-07-2013 - I+D+i

Entre o 5 e o 50 por cento da materia prima que entra nas industrias de transformados vexetais remata como residuo no vertedoiro ou destínase a alimentación animal.

Presentan un traxe intelixente que incrementa a seguridade dos bombeiros

16-07-2013 - SEGURIDADE

A solución presentárona hoxe o Centro de Investigación Aplicada TECNALIA e a Fundación SUESKOLA, nas instalacións que a Fundación ten en Ordizia, dentro do marco do proxecto europeo i-Protect, coordinado polo centro de investigación polaco CIOP. Trátase dun traxe intelixente, construído con tecidos avanzados, máis lixeiro que os actuais e que vixía o estado de saúde dos bombeiros e os perigos do ámbito mediante sensores, o que permite monitorizar en tempo real a unha brigada de bombeiros durante a intervención nun sinistro.

Impulsar a substitución de substancias altamente sensibilizadoras presentes nas resinas epóxicas

12-07-2013 - HIXIENE

As resinas epóxicas son utilizadas amplamente en sectores emerxentes, como a produción de muíños de vento, o sector da electrónica, a industria, a madeira, a restauración e a construción. Poden causar reaccións cutáneas alérxicas graves.

Novos materiais para a construción a partir de xeso mesturado con residuos poliméricos que melloran as súas propiedades illantes.

06-06-2013 - I+D+i

O Grupo de Investigación en Enxeñaría da Edificación da Universidade de Burgos patentou dous novos materiais para a construción, xesos aos que suman residuos de polímeros procedentes de distintas industrias.

Nova tecnoloxía de reciclaxe de pneumáticos

22-05-2013 - I+D+i

Un método de reciclaxe de pneumáticos desenvolvida polo Consello Superior de Investigacións Científicas (CSIC) e a empresa Enreco 2000 foi seleccionado polo Foro Económico de Astaná como unha das mellores tecnoloxías da Unión Europea susceptibles de aplicación industrial.

Materiais ignífugos para o sector do transporte

02-05-2013 - SEGURIDADE

Os compostos polímeros lixeiros convencionais descompóñense de forma perigosa ao verse expostos a calor intensa ou chamas. Un equipo de científicos está a desenvolver novos materiais ignífugos para a súa aplicación ampla en barcos, avións e trens.

Os refugallos de cenoria serven para producir bioetanol

22-04-2013 - I+D+i

Un proxecto de investigación hispano-arxentino no que participan científicos da UNED propón utilizar as cenorias descartadas para fabricar bioetanol. Obter este composto químico -que pode usarse como combustible- a través da fermentación de azucres é algo común, pero ata agora non se probara con estas hortalizas.

Composites máis seguros para os estaleiros

17-04-2013 - SEGURIDADE

Ata hai uns anos a lexislación relativa ao rexistro, a avaliación, a autorización e a restrición das substancias e preparados químicos (REACH), unha normativa europea aplicable á produción e emprego de substancias químicas, impedía a utilización de composites para a construción de transbordadores e cruceiros comerciais debido ás dúbidas existentes con respecto á súa seguridade.

Cara a unha agricultura integrada intelixente

16-04-2013 - I+D+i

Investigadores do Instituto Fraunhofer de Ingeniería de Software Experimental (IESE) de Kaiserslautern (Alemaña) desenvolveron un programa informático que demostrará os beneficios dos sistemas en rede para a agricultura e a gandaría europeas.

Un sistema almacena hidróxeno de forma máis eficiente e económica

15-04-2013 - I+D+i

Membros do Instituto Universitario en Nanociencia de Aragón da Universidade de Zaragoza desenvolveron novos materiais para ser utilizados como 'diafragmas' separadores na produción de hidróxeno.

Son seguros os «empregos verdes»?

11-04-2013 - EU-OSHA

Coa presión por reducir as emisións de dióxido de carbono e os residuos e incrementar a eficiencia enerxética e a porcentaxe de uso de enerxías renovables, a UE impúxose a tarefa de lograr un rápido aumento da cifra de «empregos verdes»: aqueles que axudan a protexer ou recuperar o medio.

Fabrican un formigón barato con cinzas da combustión de biomasa de oliveira

03-04-2013 - I+D+i

Investigadores do departamento de Enxeñaría Civil da Universidade de Granada obtiveron un formigón autocompactante a partir de cinzas procedentes da combustión de pellets fabricados con restos de poda do oliveiral.

Unha planta industrial transformará residuos orgánicos en fertilizantes

15-03-2013 - I+D+i

O Instituto Vasco de Investigación e Desenvolvemento Agrario, Neiker-Tecnalia, e a empresa guipuscoana Ekonek van levantar unha planta piloto de tratamento de residuos orgánicos coa finalidade de producir fertilizantes "de alto valor engadido", segundo os seus promotores. A instalación permitirá aproveitar dunha forma eficaz o material orgánico resultante das plantas de biogás. A planta situarase nos terreos agrícolas de Neiker-Tecnalia en Arkaute (Álava). O orzamento ascende a 1,5 millóns de euros, que serán achegados pola Unión Europea no marco dun proxecto CIP-Ecoinnovation e o catro entidades participantes na iniciativa: Neiker-Tecnalia, Ekonek Innovación en Valorización de Produtos, Blue Agro e a empresa holandesa Colsen.

Algas como illante en edificios

14-03-2013 - I+D+i

Para moitos habitantes de zonas costeiras as algas varadas non son máis que unha inconveniencia. Pero que teñen que ver estas plantas cos edificios e a súa calefacción? Investigadores alemáns descubriron que esta materia natural pode exercer de illante de edificios e xunto a un equipo de colaboradores industriais lograron convertela nun material de illamento viable.

Nanomateriais para producir hidróxeno con auga e luz solar

12-03-2013 - I+D+i

O Instituto IMDEA Materiales lidera un consorcio europeo de universidades, centros de investigación e empresas que busca producir novos materiais híbridos de escala nanométrica combinando compuetos de carbono, como o grafeno, con outros inorgánicos, como o óxido de titanio.

Desenvolven un illante acústico con restos de poda e propileno

06-03-2013 - HIXIENE

Un equipo de investigadores do campus de Gandia de la Universitat Politècnica de València e do Grupo LEPAMAP da Universitat de Girona desenvolveu en laboratorio un novo illante acústico que incorpora refugallos de poda de piñeiros, laranxeiras e outros residuos similares xunto con polipropileno (plástico comunmente utilizado en xoguetes, electrodomésticos e automóbiles).

Desenvolven un novo tipo de pintura con maior adherencia e mellor protección anticorrosiva

01-03-2013 - HIXIENE

Un equipo de investigadores da Universidade Jaume I desenvolveu un recubrimento que proporciona aos metais maior protección contra a corrosión, ademais dunha mellor adherencia.

Una aplicación móbil detecta a somnolencia ao volante con sensores e datos GPS

27-02-2013 - SEGURIDADE

Unha nova aplicación de móbil, chamada Somnoalert, que usa sensores inerciales e datos de GPS para detectar movementos característicos de durmirse ao volante, como desviarse do carril, ou correccións súbitas, será presentada en no Mobile World Congress, que se celebra esta semana en Barcelona.

Un novo material converte o CO2 en hidrocarburos

22-02-2013 - ENERXÍA

Investigadores da Universidade de Granada (UGR) desenvolveron un novo material, a base de carbón dopado, que permite producir enerxía a baixo custo e reducir as emisións de CO2 á atmosfera.

As nanopartículas e o sistema inmunitario

20-02-2013 - HIXIENE

A nanotecnoloxía resulta tan innovadora que ninguén sabe con certeza cales serán as súas aplicacións. As predicións van dende a capacidade de reproducir obxectos como diamantes e alimentos ata unha catástrofe provocada por nanorrobots autorreplicantes que consumirá o planeta.

Novas solucións técnicas para a atenuación do ruído

12-02-2013 - HIXIENE

Ninguén dubida que o exceso de ruído pode xerar enfermidades e aínda así o ruído non deixa de estar presente en cada instante da vida. Non obstante, é posible reducir a contaminación sonora mediante o emprego de solucións estruturais como as barreiras acústicas instaladas xunto ás estradas ou aos ferrocarrís de gran tránsito ou doutros compoñentes acústicos estruturais denominados silenciadores que se utilizan no interior dos edificios para manter un nivel de ruído aceptable

Crean un plástico biodegradable a partir de palla de trigo

25-01-2013 - I+D+i

O Instituto Tecnolóxico do Plástico (AIMPLAS) está a desenvolver por primeira vez un plástico biodegradable producido integramente a partir da palla de trigo e coas propiedades requiridas para ser empregado na fabricación de electrodomésticos de gama branca e no sector da electrónica doméstica.

Un tecido innovador que elimina as bacterias nos tecidos sanitarios

28-12-2012 - HIXIENE

Investigadores da Universidade Politécnica de Cataluña (UPC, España) lograron eliminar bacterias infecciosas de tecidos sanitarios mediante un pretratamento enzimático e a deposición simultánea de nanopartículas e biopolímeros con ultrasóns.

Avaliar a toxicidade das nanopartículas artificiais.

21-12-2012 - HIXIENE

Coa chegada da nanotecnoloxía aumentou drasticamente a cantidade de partículas en suspensión do aire. Un equipo de investigadores financiado pola Unión Europea realizou ensaios toxicolóxicos sobre nanopartículas artificiais que poderían ter repercusións importantes en materia de saúde e de estratexias políticas.

Conversión de residuos de caucho en produtos de calidade

10-12-2012 - I+D+i

Unha investigación pioneira podería cambiar drasticamente o concepto de «infraciclaxe» (downcycling) e así abrir a porta a plásticos novos de gran calidade a partir de plásticos vellos. Este progreso podería ser posible grazas a un novo tipo de material: unha mestura de materiais respectuosa co medio denominada EPMT.

Novo impulso para a investigación en enerxía fotovoltaica

30-11-2012 - ENERXÍA

A investigación europea dedicada ás enerxías renovables recibiu un novo impulso grazas á creación recente do proxecto Kestcells, financiado con máis de 3,7 millóns de euros. O seu obxectivo é a creación dunha rede de formación científica interdisciplinaria sobre tecnoloxías fotovoltaicas avanzadas de película delgada, que permitirá a Europa obter tecnoloxías vangardistas, asegurar o seu dominio global e aumentar a súa competitividade nas tecnoloxías xa existentes.

O gasto das empresas en innovación caeu preto dun 9% en 2011

29-11-2012 - I+D+i

O gasto en innovación tecnolóxica das empresas españolas situouse en 2011 en 14.756 millóns de euros, o que supuxo unha redución do 8,8% respecto ao ano anterior. O descenso acumulado dende 2008 situouse no 26%, segundo recolle un informe do Instituto Nacional de Estatística (INE)

Un sistema valora o grao das lesións tras un accidente

28-11-2012 - SAÚDE LABORAL

Membros do Instituto de Investigación en Enxeñaría de Aragón (Universidade de Zaragoza), coordinado polo profesor José Javier Marín, deseñaron o 'sistema Move&Reach para a avaliación da capacidade funcional', baseado en medidas obxectivas do movemento e esforzos.

Unha análise de saliva mide os niveis da hormona do estrés

27-11-2012 - PSICOSOCIAL

Un traballo de investigadores do grupo de neuropsicoloxía e psiconeuroinmunoloxía clínica da Universidade de Granada concluíu que as persoas menos habilidosas na toma de decisións presentan ao comezo dunha situación estresante maiores niveis de cortisol en saliva.

Avaliar a toxicidade das nanopartículas artificiais

26-11-2012 - HIXIENE

Coa chegada da nanotecnoloxía aumentou drasticamente a cantidade de partículas en suspensión do aire. Un equipo de investigadores financiado pola Unión Europea realizou ensaios toxicolóxicos sobre nanopartículas artificiais que poderían ter repercusións importantes en materia de saúde e de estratexias políticas.

Segunda revisión da normativa sobre os nanomateriais e documento de traballo sobre tipos de nanomateriais, a súa utilización e aspectos relativos á seguridade e á saúde

23-11-2012 - EU-OSHA

A Comisión Europea adoptou a Comunicación da segunda revisión da normativa sobre os nanomateriais. Esta Comunicación describe os plans da Comisión para mellorar a lexislación europea e a súa aplicación para asegurar o seu uso seguro.

Cara a unha mellor detección do gas benceno

22-11-2012 - HIXIENE

Científicos financiados pola Unión Europea desenvolveron un sensor de última xeración para detectar benceno, un gas común pero mortal, presente no petróleo cru e que se demostrou que causa cancro. O traballo realizado durante a execución do proxecto deu orixe a unha patente e foi eloxiado a nivel internacional.

Novos sensores para substancias perigosas

07-11-2012 - HIXIENE

Investigadores desenvolveron un novo sensor de baixo custo para utilizar con mostras líquidas de volume reducido. As súas aplicacións na detección de biomarcadores de enfermidades e de contaminantes en xeral e da auga produciron resultados prometedores.

Facer fronte aos riscos psicosociais: factores de éxito e obstáculos

01-10-2012 - PSICOSOCIAL

Dous novos informes da Axencia Europea para a Seguridade e a Saúde no Traballo analizan as razóns polas que o 74% das empresas europeas aínda non aplican procedementos para facer fronte ao estrés no lugar de traballo e a outros riscos psicosociais, a pesar de que estes formulen unha ameaza cada vez maior para os traballadores europeos.

Descuberta a causa de que o estrés remate en depresión

27-09-2012 - PSICOSOCIAL

Un estudo da Universidade de Washington describe o mecanismo molecular polo cal o estrés pode conducir á depresión. O traballo explica como un grao severo deste trastorno afecta á liberación do neurotransmisor dopamina no núcleo accumbens, unha rexión do cerebro relacionada coa recompensa e o pracer.

Os recubrimentos perden nanomateriais por efecto da auga

26-09-2012 - SEGURIDADE

Investigadores de Tecnalia comprobaron que as nanopartículas dalgúns recubrimentos que se usan na construción ou en produtos de consumo se perden polo efecto da auga. Estes nanomateriais chegan ao medio e poderían ter efectos nocivos.

Aplicación para iPad co fin de fomentar a saúde e a seguridade no traballo

10-09-2012 - EU-OSHA

A aplicación forma parte da campaña 2012-2013 da Axencia Europea para a Seguridade e Salúd no Traballo Traballos Saudables "Traballando xuntos para a prevención de riscos" e inclúe ferramentas e recursos moi útiles tanto para os traballadores coma para os seus xefes.

Adición ao traballo?

10-09-2012 - PSICOSOCIAL

A porcentaxe de adictos ao traballo en España é hoxe dun 4'6% e en pouco máis de tres anos -decembro de 2015- esta cifra podería alcanzar o 11'8% dos traballadores. Así se desprende dun estudo desenvolvido por investigadores da Universitat Politècnica de València, a Universitat Jaume I de Castelló e a Universidade do País Vasco.

Unha ferramenta novidosa contra a dor de costas

04-09-2012 - ERGONOMÍA

Esta nova tecnoloxía permite realizar o diagnóstico e a cuantificación, de forma segura e rendible, de cambios patolóxicos ou anomalías asociadas a esta parte do corpo. Científicos europeos desenvolveron unha innovadora ferramenta coa que reconstruír a cinemática, a cinética e a dinámica do sistema músculo-esquelético da parte inferior do corpo.

Doenzas que xorden coas novas tecnoloxías

28-08-2012 - SAÚDE

Algunha vez oíron falar da síndrome da pantalla visual, da nomofobia, da hipersensibilidade electromagnética e das e-drugs? Son as doenzas do século XXI, as que naceron na era da informática e dos gadgets. Son as tecnodolencias.

Relación entre os niveis de enerxía e os mecanismos de control do sono

24-08-2012 - SAÚDE

O sono, ou a falta deste, poden determinar o rendemento cognitivo, relacionado tanto con diversos accidentes coma cun maior risco de graves problemas de saúde. Un maior coñecemento dos vínculos existentes entre os niveis de enerxía celular, a transcrición xénica e os ritmos do sono podería mellorar a comprensión dos trastornos do sono, así como dos efectos prexudiciais que produce a falta deste.

As persoas cooperan en función do seu estado emocional e experiencias previas

12-07-2012 - Psicosocial

Á hora de decidir cooperar con outras persoas, a xente non actúa pensando no seu beneficio propio, tal e como sostiñan algunhas teses previas. A investigación fundaméntase, ademais de en diversos estudos previos, nun experimento desenvolvido polo Instituto de Biocomputación e Física de Sistemas Complexos (BIFI) da Universidade de Zaragoza, xunto coa Fundación Ibercivis e a Universidade Carlos III de Madrid (UC3M), e que é o maior realizado até o momento en tempo real sobre cooperación en sociedade. O mesmo desenvolveuse ao longo do mes de decembro de 2011 e nel participaron máis de 1.200 alumnos de bacharelato de Aragón, que interactuaron en tempo real e de forma virtual a través dun prototipo de conflito social coñecido como o “Dilema do Prisioneiro”.

Nanomateriais: os perigos do moi pequeno

25-06-2012 - EU-OSHA

Segundo indica unha nova revisión bibliográfica da Axencia Europea para a Seguridade e a Saúde no Traballo (EU-OSHA), existen graves carencias en canto á nosa sensibilización sobre os riscos potenciais asociados á manipulación de nanomateriais no traballo e tamén graves deficiencias no xeito en que os devanditos riscos se comunican aos lugares de traballo.

Pódese predicir o risco de sufrir depresión?

05-06-2012 - Universitat Politècnica de València

O proxecto OPTIMI, que levou a cabo everis xunto á Universitat Politècnica de València, a Universitat Jaume I de Castelló e a Universitat de València, desenvolveu o prototipo dunha ferramenta informática capaz de predicir se unha persoa con alto nivel de estrés ten risco de caer en depresión, a partir do estudo conxunto dunha serie de variables fisiolóxicas e psicolóxicas, utilizando técnicas de intelixencia artificial.

Desenvolven sistemas para reducir a sinistralidade por colisión lateral

29-05-2012 - SEGURIDADE

Aínda que a frecuencia das colisións laterais é media, posúen unha elevada taxa de mortalidade debido á severidade do impacto. Estímase que estes choques orixinan máis do 40 por cento das mortes na estrada no Estado español, o que levou á comunidade científica a deseñar novas solucións tecnolóxicas para protexer aos ocupantes dos vehículos ante estes impactos.

Nace iSafetywork, a primeira aplicación móbil para a investigación de accidentes e incidentes laborais

28-05-2012 - Accidente laboral

O X Congreso Internacional de Prevención de Riscos Laborais, que tivo lugar durante os días 23 a 25 de maio no Palacio Euskalduna de Bilbao; foi o escenario elixido para a presentación da primeira aplicación móbil para a investigación de accidentes e incidentes laborais, Isafetywork “Accidents”, a través do relatorio “As Tics aplicadas á investigación de Accidentes Laborais” impartida polo técnico en Prevención de Riscos, Javier Pérez Pérez.

Realidade virtual na prevención de riscos laborais

28-05-2012 - Grupo GUREAK

O GRUPO GUREAK é unha corporación de empresas, sen ánimo de lucro, que traballa para xerar e xestionar oportunidades laborais estables e convenientemente adaptadas ás persoas con discapacidade, prioritariamente para persoas con discapacidade intelectual en Gipuzkoa. O sistema Vircap simula o traballo de xardinaría con maquinaria real. “ A aprendizaxe dáse nunha contorna segura e é efectiva en persoas con discapacidade".

Traballar en equipo mellora o rendemento en época de crise

24-05-2012 - Universitat Jaume I de Castelló

Potenciar o traballo en equipo, o apoio social entre compañeiros de traballo e a coordinación mellora o rendemento do persoal en calquera empresa ou institución, demostrándose como unha ferramenta eficaz para facer fronte ás dificultades que supón unha situación de crise como a actual. Así o confirma o estudo desenvolvido polo equipo WONT Prevenció Psicosocial da Universitat Jaume I de Castelló.

O uso de residuos de pneumáticos para absorber ruídos e vibracións nos edificios

17-04-2012 - Universidade Politécnica de Valencia

Investigadores do Instituto de Tecnoloxía de Materiais no campus de Alcoy da UPV desenvolveron no laboratorio un novo produto a partir de residuos de pneumáticos fóra de uso de automóbiles e camións, que permite absorber o ruído e as vibracións. Está especialmente dirixido ao sector da construción, como material para o illamento acústico e vibracional de paredes, chans e teitos.

Unha equipa de estudantes da ETSAV presenta unha casa invernadoiro low cost

28-02-2012 - Universitat Politècnica de Catalunya

Unha equipa de estudantes e estudiantas da Escola Técnica Superior de Arquitectura do Vallés (ETSAV) da Universitat Politècnica de Catalunya. BarcelonaTech (UPC) participa este ano no concurso Solar Decathlon Europe 2012 co proxecto (e)co, un modelo de casa solar low cost, autosuficiente, baseada nos principios de cero pegada ecolóxica e cero pegada económica. A casa funcionará exclusivamente con enerxía solar e planea unha nova forma de habitar as casas.

Crean un xabón con propiedades magnéticas que podería aplicarse en tratamento de augas e labores de limpeza medio ambiental.

22-02-2012 - Hixiene

Científicos da Universidade de Bristol (Reino Unido) desenvolveron un novo xabón que responde as forzas magnéticas cando se disolve noutra sustancia. As súas propiedades fan que sexa sinxelo de eliminar, polo que podería aplicarse en tratamento de augas e labores de limpeza medio ambiental. O avance publícase na revista Angewandte Chemie.

A estación robótica, a mellor aliada do ciruxán.

21-02-2012 - Universitat Politècnica de Catalunya

Os robots entraron nos quirófanos para quedar e os investigadores Josep Amat, Alícia Casals e Manel Frigola queren achegar o froito da súa investigación, co selo do Centro de Investigación en Enxeñaría Biomédica (CREB) da a Universidade Politécnica de Catalunya. BarcelonaTech (UPC) e o Instituto de Bioinxeniería de Catalunya (IBEC). O tres investigadores do CREB da UPC crearon a empresa Rob Surgical Systems.

UPC. Unha “spin-off” crea nanotecnoloxía para purificar o aire

24-01-2012 - Universitat Politècnica de Catalunya

Goldemar Solutions é unha nova spin-off da Universitat Politècnica de Catalunya. BarcelonaTech (UPC), creada recentemente para explotar as propiedades purificadoras do aire dos clusters de ouro e achegar innovacións á industria de produtos de limpeza, ao sector do automóbil ou á industria alimentaria.

As empresas con maior flexibilidade non sempre son as máis innovadoras.

23-01-2012 - Universidade País Vasco

Un estudo levado a cabo por investigadores de departamento de Economía Aplicada V da UPV/EHU sinala que, no caso da manufactura española, a flexibilidade contribúe positivamente á actividade innovadora, até certo limiar. Isto é, a empresa necesita dispor de certa flexibilidade para facer fronte aos shocks de demanda e ao cambio técnico, aínda que a partir de devandito limiar, a contribución da flexibilidade á innovación é negativa, explica Amaia Altuzarra, membro deste equipo que analiza as conexións entre o mercado laboral, a competitividade e a creación de emprego.

Nanomateriais

21-09-2011 - Identificación e prevención dos riscos para a saúde dos traballadores

Canto de pequeno é un nanómetro? Por definición, un nanómetro é unha milmillonésima parte dun metro, aínda que é un concepto moitas veces difícil de entender, podemos ver algúns exemplos: Unha folla de papel ten un grosor aproximado de 100.000 nanómetros; un cabelo louro ten un diámetro de 15.000 a 50.000 nanómetros; e se é negro o seu diámetro é probable que estea entre os 50.000 e 180.000 nanómetros.

O ruído en cifras

22-12-2010 - Axencia Europea para a Seguridade e a Saúde no Traballo

Este informe constitúe o primeiro dunha serie de informes temáticos do Observatorio de Riscos dedicados a un risco, sector ou grupo de traballadores específicos. O informe pretende describir a situación en Europa no que concierne á exposición ao ruído no traballo, identificar grupos de risco e pór de manifesto as tendencias e novos motivos de preocupación.

Os riscos emerxentes para o século XXI

22-12-2010 - Eusebio Rial González, Xefe do Observatorio de Riscos da Axencia Europea.

O envellecemento da poboación, o crecente acceso da muller ao traballo, a inmigración, os avances tecnolóxicos... están a variar profundamente a contorna laboral. Con iso, xorden novos riscos que ameazan a seguridade e a saúde dos traballadores. Para anticiparse a estes cambios, é preciso levar a cabo investigacións que permitan desenvolver novas políticas de prevención.

Riscos novos e emerxentes para a seguridade e a saúde no traballo.

22-12-2010 - Observatorio Europeo de Riscos

A estratexia comunitaria de seguridade e saúde no traballo para o período 2002-2006 instaba á Axencia Europea para a Seguridade e a Saúde no Traballo a establecer un observatorio de riscos co fin de facilitar a «anticipación dos riscos novos e emerxentes», como parte do desenvolvemento dunha «verdadeira cultura da prevención de riscos». Seguindo ditas recomendacións, a Axencia deu os primeiros pasos para a creación dun Observatorio Europeo de Riscos partindo de traballos previos sobre cuestións tales como a evolución do mundo do traballo, así como a investigación e información sobre boas prácticas relacionadas con riscos emerxentes.

Novos riscos emerxentes. ASEPEYO. Xornada Técnica

22-12-2010 - 28 de abril de 2004

A elección do título Novos riscos emerxentes como motivo da Xornada do Día Mundial da Seguridade e Saúde no Traballo, obedece á necesidade de adecuar o ritmo dos nosos coñecementos e actividades en materia de prevención, á evolución da nosa contorna. As condicións laborais e empresariais cambian día a día e debemos facer un esforzo para lograr adaptarnos a estes cambios, ou mesmo para conseguir adiantarnos a eles. Quizais sorprende que os chamados riscos emerxentes non son precisamente riscos descoñecidos, senón que levan anos xestando o seu desenvolvemento. O problema é que, no seu momento, non se tiveron en conta os síntomas de alerta fronte a estas situacións cambiantes.

Previsións dos expertos sobre riscos biolóxicos emerxentes.

22-12-2010 - Axencia Europea

Uns 320.000 traballadores de todo o mundo morren cada ano como consecuencia de enfermidades infecciosas, case 5 000 deles na Unión Europea (1). No últimos dez anos, a cobertura nos medios de comunicación aumentou a sensibilización da opinión pública respecto dos riscos biolóxicos, como nos casos do ántrax e a súa relación con actividades bioterroristas, a síndrome respiratoria agudo severo (SRAS) e a ameaza da gripe aviaria.

Previsións dos expertos sobre os riscos químicos emerxentes.

22-12-2010 - Axencia Europea

Estímase que cada ano hai unhas 167 000 vítimas mortais relacionadas co traballo na Europa dos Vinte e sete. Ao redor de 159.000 destes falecementos pódense atribuír a enfermidades asociadas ao traballo, das cales 74 000 poden estar vinculadas á exposición a sustancias perigosas no lugar de traballo (1).

Os novos Riscos Emerxentes

22-12-2010 - Axencia Europea de Seguridade e Saúde no Traballo

Presentación da Axencia Europea de Seguridade e Saúde no Traballo. Os primeiros pasos para identificar riscos emerxentes adoptáronse coa publicación de catro informes as previsións dos expertos, que cobren os riscos emerxentes físicos, biolóxicos, psicosociais e químicos. Estes informes son o resultado das consultas realizadas aos expertos seguindo a metodoloxía Delphi, e han ir seguidos de numerosas revisións bibliográficas e informes pormenorizados destinados a explorar os principais riscos identificados nas previsións dos expertos, entre outra exposición a nanomateriales no lugar de traballo.

Novos Riscos Emerxentes no contexto dun mundo globalizado

22-12-2010 - Artigo de Jordi Serra Pallisa. Licenciado en Psicoloxía

Os riscos da Globalización desde o punto de vista da prevención, derívanse da necesaria implantación, por parte das empresas, dunha serie de novas formas de organización do traballo que lles permitan manter o seu nivel de competitividad nun mundo baseado en mercados transnacionales e na utilización das novas tecnoloxías da información e a comunicación, entendidas como valor fundamental da economía. ¿Son realmente novos os riscos psicosociais? Esta quizá sexa unha pregunta clave que deberiamos formularnos para tratar de comprender o auténtico alcance destes riscos.

Riscos físicos emerxentes relacionados coa saúde e a seguridade no traballo

22-12-2010 - Axencia Europe para a Seguridade e a Saúde no Traballo

As contornas laborais transfórmanse continuamente como resultado das novas tecnoloxías e dos cambios das condicións económicas, sociais e demográfi cas. Neste contexto, a estratexia comunitaria para 2002-2006 (1) prevé que a Axencia «cre un observatorio de riscos» e anticípese « aos novos riscos emerxentes».

Empregamos cookies de terceiros para xenerar estatísticas da audiencia (GOOGLE ANALITICS), para o traductor de idiomas (GOOGLE), acollido a “Privacy Shield”.
Se continuas navegando estarás aceitando o seu emprego. Aceptar | Mais información
Confederación Intersindical Galega - Miguel Ferro Caaveiro 10, Santiago de Compostela Versión anterior da páxina Foros Biblioteca Privacidade RSS