Riscos novos e emerxentes para a seguridade e a saúde no traballo.22-12-2010 - Observatorio Europeo de RiscosA estratexia comunitaria de seguridade e saúde no traballo para o período 2002-2006 instaba á Axencia Europea para a Seguridade e a Saúde no Traballo a establecer un observatorio de riscos co fin de facilitar a «anticipación dos riscos novos e emerxentes», como parte do desenvolvemento dunha «verdadeira cultura da prevención de riscos». Seguindo ditas recomendacións, a Axencia deu os primeiros pasos para a creación dun Observatorio Europeo de Riscos partindo de traballos previos sobre cuestións tales como a evolución do mundo do traballo, así como a investigación e información sobre boas prácticas relacionadas con riscos emerxentes. |
---|