Co financiamento de:
Novidades lexislativas:
DOUE 6/2/24 Recomendación (UE) 2024/440 Comisión, coeficientes dose efectiva e equivalente Directiva 2013/59/EuratomBOE 28/02/24 Orde PJC/133/24 modifica RD 219/13 substancias perigosas aparatos eléctricosBOE 1/2/24 Excepción temporal tempos de condución e descanso nos transportes de mercadorías
CoronavirusLexislaciónDelegadosActuación preventivaRiscos específicosBoletín CIG - Saúde LaboralAsesoramento técnico

Boletín CIG-Saúde Laboral N 49

14-02-2024 - GABINETE TÉCNICO CONFEDERAL DE SAÚDE LABORAL-CIG

Denomínase seguridade industrial ao conxunto de normas obrigatorias estabelecidas para evitar ou minimizar, tanto os riscos que poidan producirse nos ámbitos industriais, como os prexuízos derivados da actividade industrial e mesmo as enfermidades ocupacionais. Este sistema de disposicións obrigatorias, materia competencial da Xunta de Galicia que os Gobernos do PP teñen esquecido sistematicamente, ten por obxecto a prevención e limitación dos riscos, así como a protección contra accidentes capaces de producir danos ás persoas, aos bens ou ao medio ambiente derivados da actividade industrial ou da utilización, funcionamento e mantemento das instalacións ou equipos e da produción, uso ou consumo, almacenamento ou desinstalación e eliminación dos produtos industriais. Nos lugares de traballo, é a persoa titular da actividade empresarial, en cumprimento do seu deber de protexer a seguridade e saúde do seu persoal, quen deberá garantir un adecuado control dos riscos asociados ás instalacións industriais. Poñemos nas vosas mans este monográfico, coa intención de proporcionarvos información básica e suficiente para dimensionar a importancia da seguridade industrial e tomar conciencia da necesidade de incorporar a mesma dun xeito integral nos Plans de prevención das nosas empresas.

Protexéndonos de po de madeira

14-03-2024 - OTP Prevención de riscos laborais

O po de madeiras duras está presente en practicamente todas as carpinterías e en empresas de montaxe de mobles, onde debido ao lixado ou ao corte, prodúcese un po en suspensión que a través das vías respiratorias entra no noso organismo causando riscos para a saúde das persoas traballadoras como cancro na cavidade nasal e seos paranasais, e/ou accidentes laborais como explosións ou incendios.

Datos do 4º trimestre de 2023 de Sinistralidade e Enfermidades profesionais en Galiza

13-03-2024 - ISSGA

Datos de Enfermidades Profesionais e Sinistralidade do 4º trimestre de 2023, referidos a Galiza, desagregados por provincias e sector de actividade

Guía de acción sindical ante a incapacidade temporal e outras prestacións

12-03-2024 - CIG-Confederación Intersindical Galega

Esta Guía da CIG vaise centrar na xestión da incapacidade temporal e outras prestacións e nos problemas e atrancos que ten que soportar a clase traballadora, derivados, non do mal funcionamento das mutuas, senón do papel real que xogan. As mutuas cumpren unha función moi clara, non só porque representan a privatización da saúde, senón porque se encargan de restrinxir o acceso á IT, ás veces, incluso, de xeito delituoso.

Nova colección técnica do INSST: Fichas de toma de mostra e análise de axentes químicos (FTA)

11-03-2024 - INSST

A presente colección inclúe fichas, específicas para cada axente ou familia de axentes químicos, que proporcionan aos técnicos/as de prevención unha información simple e detallada para medir a exposición dos traballadores/as e poder comparar cos valores límite de exposición profesional (VLA).

8 de Marzo, DÍA DAS MULLERES TRABALLADORAS

08-03-2024 - CIG-Confederación Intersindical Galega-

STOP PRECARIEDADE. TRABALLO DIGNO E IGUALDADE é o lema da campaña do 8 de Marzo deste ano. Expresamos con este lema a denuncia da precariedade en que a maioría das mulleres desenvolven o seu traballo, que empeorou tras a reforma laboral de 2021. Así, constatamos dous anos despois desta reforma o aumentaron das fendas de xénero canto a salarios, contratación a tempo parcial e temporalidade. Ao mesmo tempo, seguimos padecendo uns servizos públicos moi insuficientes para facermos fronte ao coidado das persoas dependente, o que causa un prexuízo no desenvolvemento laboral e persoal das mulleres fundamentalmente.

O impacto do traballo en plataformas dixitais no sector sanitario e asistencial

07-03-2024 - Axencia Europea para a Seguridade e a Saúde no Traballo

O presente documento ofrece datos sobre os riscos e oportunidades, en materia de seguridade e saúde no traballo, que comporta o traballo no sector das plataformas dixitais, e as súas conclusións aspiran a servir de axuda aos responsables políticos e ás plataformas á hora de abordar e xestionar as necesidades das persoas traballadoras, así como a reforzar os sistemas sanitarios no conxunto da UE.

Atmosferas explosivas

06-03-2024 - UNIZAR-Universidade de Zaragoza-

Este documento elaborado pola Universidade de Zaragoza –Unidade de Prevención de riscos laborais-, proporciona información detallada sobre atmosferas explosivas, concretamente: definición, tipo e parámetros, clasificación de zonas, equipos para zonas ATEX, fontes de ignición, medidas preventivas, normativa relacionada e preguntas frecuentes

Estudo Revisión xurisprudencial de doenzas e patoloxías de camareiras de piso

05-03-2024 - Instituto das Mulleres, aedtss

Os sesgos xudiciais invisiblizan as enfermidades profesionais das camareiras de piso. Este estudo presenta unha análise detallada, con perspectiva de xénero, dos distintos pronunciamentos xudiciais relativos ao tipo e cualificación das patoloxías e enfermidades padecidas polas camareiras de piso, para coñecer cales foron, e cales foron cualificadas como accidentes de traballo, na súa modalidade de enfermidades do traballo, conforme á normativa aplicable, así como que criterios se utilizaron para achar, en cada caso, a causalidade exclusiva coa actividade produtiva e, ao tempo, examinar cales foron os motivos polos que outras non foron merecedoras de tal consideración e foron consideradas como enfermidade común.

A Comisión acolle con satisfacción o acordo provisional sobre a loita contra a contaminación procedente de buques para contribuír á limpeza dos mares europeos

04-03-2024 - COMISIÓN EUROPEA

A Comisión acolle con satisfacción o acordo político alcanzado o pasado día entre o Parlamento Europeo e o Consello sobre a modificación da Directiva 2005/35/CE relativa á contaminación procedente de buques e a introdución de sancións para os delitos de contaminación. As/os colexisladores acordaron adaptar a Directiva ao Convenio internacional para previr a contaminación polos buques (Marpol) e ampliar o ámbito de aplicación da Directiva para abarcar máis tipos de substancias contaminantes vertidas no mar, como as augas residuais e os lixos.

Recibe as novas do noso boletín dixital




PRL Sectorial
Formación
I+D+i
Datos estatísticos
Empregamos cookies de terceiros para xenerar estatísticas da audiencia (GOOGLE ANALITICS), para o traductor de idiomas (GOOGLE), acollido a “Privacy Shield”.
Se continuas navegando estarás aceitando o seu emprego. Aceptar | Mais información
Confederación Intersindical Galega - Miguel Ferro Caaveiro 10, Santiago de Compostela Versión anterior da páxina Foros Biblioteca Privacidade RSS