Co financiamento de:
/ Igualdade / Artigos de Interese

Conserveiras: a loita obreira das mulleres

04-02-2013 - IGUALDADE

As traballadoras da conserva están en pé de guerra. Para alén do conflito en Cuca, empregadas/os de Alfageme pecháronse tres horas na consellaría de Industria. O 20 de decembro de 2012 a Xunta adquiriu as naves e a marca Miau en poxa xudicial. Porén, a finais desta semana a maquinaria podería ser vendida directamente polos administradores concursais, o cal impediría a continuidade da actividade. Contámosche o conflito nesta reportaxe

Plan Estratéxico de Igualdade de Oportunidades entre Mulleres e Homes da USC.

27-12-2010 - (2009-2011)

Unha das primeiras medidas da Vicerreitoría de Calidade e Planificación neste mandato foi a creación da Oficina de Igualdade de Xénero. Con esta decisión a USC ten sido pioneira no establecemento dun organismo de igualdade na súa organización adiantándose á normativa estatal vixente (LO 4/2007). A oficina, creada a finais do curso 2005-2006, ten como misión fundamental levar a bo termo o compromiso da Universidade de Santiago de Compostela coa sociedade na consecución da igualdade, asumindo os principios de igualdade de xénero como elementos fundamentais da vida universitaria.

Seguridade e saúde no traballo para homes e mulleres

01-11-2010 - Artigos de interes Igualdade

Formal ou informal, remunerado ou non, o traballo ocupa un lugar central na vida das persoas, en todas partes do mundo. A través do traballo, homes e mulleres definen a súa identidade e a súa función na sociedade. Pero a pesar dos ingresos e satisfaccións persoais que a moitos proporciona, tamén pode entrañar perigos e riscos para a saúde e a seguridade.Segundo estimacións da OIT, ano tras ano ao redor de 2.300.000 homes e mulleres perden a vida por mor de accidentes laborais e enfermidades profesionais, incluíndo case 360.000 por accidentes fatais e 1.950.000 por enfermidades mortais relacionadas co traballo.

Muller e Traballo indicadores de desigualdade

01-11-2010 - Artigos de interes Igualdade

Cando se detectan problemas de saúde entre traballadoras, existe a tendencia xeneralizada de atribuílos a falta de axuste ao traballo, factores hormonais ou subxectividade. Aínda que existen sectores de emprego claramente feminizados, nos sectores non feminizados prodúcese unha franca división de labores segundo o sexo dos traballadores.

Empregamos cookies de terceiros para xenerar estatísticas da audiencia (GOOGLE ANALITICS), para o traductor de idiomas (GOOGLE), acollido a “Privacy Shield”.
Se continuas navegando estarás aceitando o seu emprego. Aceptar | Mais información
Confederación Intersindical Galega - Miguel Ferro Caaveiro 10, Santiago de Compostela Versión anterior da páxina Foros Biblioteca Privacidade RSS