Financiado por:
Novidades lexislativas:
BOE 7/3/19 Res. do 15/2/19, da DXRAX, sobre retribucións IT continxencias comúns Carreira Fiscal.DOUE 11/3/19 Comunicación Comisión seguimento ecosistemas Directiva (UE) 2016/2284 redución emisiónsBOE 7/3/19 Real Decreto-lei 6/2019, medidas urxentes igualdade mulleres e homes no emprego e ocupación.
LexislaciónDelegadosActuación preventivaPRL SectorialBoletín CIG - Saúde Laboral

Boletín CIG – Saúde Laboral Nº 30

20-12-2018 - Gabinete Técnico Confederal de Saúde Laboral - CIG

O futuro do traballo presenta múltiples desafíos como as dificultades de emprego dos traballadores/as novos/as, as grandes desigualdades nos ingresos salariais, as relacións laborais informais, a revolución dixital, os procesos de innovación tecnolóxica e organizativa, a automatización e a robotización, as desigualdades de xénero, o envellecemento da poboación traballadora, o escaso desenvolvemento da economía rural, a menor sostenibilidade do emprego, o deterioro da protección social ou o debilitamento da negociación colectiva. Ante esta problemática, son numerosas as aportacións que dende fontes autorizadas comezan a realizarse na procura de solucións, entre as que destacan a creación de impostos aos automatismos que sustitúan o traballo humano ou a implantación do chamado “ingreso básico universal”

Gestis ILV, valores límite internacionais para sustancias perigosas

15-03-2019 - IFA

Esta aplicación xestionada por IFA, Institute for Occupational Safety and Health of the German Social Accident Insurance, contén unha base de datos de máis de 1.300 subsancias perigosas cos valores límites ambientais estabelecidos en diferentes países do mundo.

Calculador Almacenamento de produtos químicos en recipientes móbiles. Regulamento APQ

14-03-2019 - INSST

O INSST ven de poñer a disposición dos usuarios/as un novo calculador para a disciplina de Seguridade: Almacenamento de produtos químicos en recipientes móbiles. Regulamento APQ

Informe de actuación e xestión 2018

13-03-2019 - ISSGA

Documento informativo sobre o traballo realizado durante o ano 2018 polo Instituto de Seguridade e Saúde Laboral de Galicia. O texto inclúe entre outra información as campañas, publicacións, participación en grupos de traballo, xornadas técnicas e cursos, así como as consultas técnicas atendidas e actuacións técnicas realizadas no período ao que fai referencia o informe.

A OIT presenta un novo informe sobre a igualdade de xénero para conmemorar o Día Internacional da muller

12-03-2019 - OIT

O informe “Un paso decisivo cara á igualdade de xénero: Para un mellor futuro do traballo para todos”, reúne investigacións, datos e achados recompilados grazas á Iniciativa do centenario da OIT relativa ás mulleres no traballo e identifica os desafíos e as medidas que é preciso adoptar para lograr a transformación necesaria para a igualdade de xénero no mundo do traballo.

Informe Mundial sobre Salarios 2018/19

07-03-2019 - ECONOMÍA

En 2017, o crecemento mundial dos salarios caeu ao seu nivel máis baixo desde 2008, moi por baixo dos niveis anteriores á crise financeira mundial, segundo un novo informe da Organización Internacional do Traballo (OIT). O Informe Mundial sobre Salarios 2018/2019 constata que en termos reais (axustados á inflación) o crecemento mundial do salario desacelerouse, pasou de 2,4 por cento en 2016 a 1,8 por cento en 2017. As conclusións baséanse en datos de 136 países. As diferenzas de remuneración entre homes e mulleres, de ao redor 20 por cento a escala mundial, seguen sendo inaceptablemente altas.

Guía para o desenvolvemento de programas nacionais de control da contaminación atmosférica

05-03-2019 - COMISIÓN EUROPEA

O presente documento orientativo, elaborado con arranxo ao artigo 6, apartado 9, da Directiva, ten por obxecto axudar aos Estados membros a elaborar o seu Programa Nacional de Control da Contaminación Atmosférica inicial para presentalo á Comisión como moi tarde o 1 de abril de 2019.

App Visión Zero: cero accidentes e traballos saudables

04-03-2019 - AISS-EU-OSHA

Esta app promove as “7 regras de ouro para reducir a cero o número de accidentes e obter uns lugares de traballo saudable”’, é rápida e de fácil utilización, e mostra o status dunha organización en materia de seguridade e saúde no traballo.

Proxecto europeo para mellorar a saúde laboral dos traballadores e traballadoras maiores de 50 anos

01-03-2019 - Instituto Tecnolóxico de Castela e León, ITCL

O proxecto europeo “Working Age”, nace co fin de promover hábitos saudables nas persoas tanto na súa contorna de traballo como nas actividades da vida diaria; está dirixido a traballadoras e traballadores maiores de 50 anos, tendo en consideración a tendencia de incremento da idade laboral que existe en toda Europa.

Logran reciclar CO2 en carbón sólido

28-02-2019 - I+D+i

Un equipo de investigadores, dirixido pola Universidade RMIT en Melbourne, desenvolveu un método para transformar o dióxido de carbono (CO2) nun material sólido, similar ao carbón, un avance que podería revolucionar o enfoque mundial sobre captura e almacenamento deste gas de efecto invernadoiro.

Recibe as novas do noso boletín dixital




Formación
I+D+i
Datos estatísticos
Empregamos cookies de terceiros para xenerar estatísticas da audiencia (GOOGLE ANALITICS), para o traductor de idiomas (GOOGLE), acollido a “Privacy Shield”.
Se continuas navegando estarás aceitando o seu emprego. Aceptar | Mais información
Confederación Intersindical Galega - Miguel Ferro Caaveiro 10, Santiago de Compostela Versión anterior da páxina Foros Biblioteca Privacidade RSS