Co financiamento de:
/ Igualdade
Lexislación IgualdadeSecretaría da Muller. GuíasArtigos de Interese

8 de Marzo, DÍA DAS MULLERES TRABALLADORAS

08-03-2024 - CIG-Confederación Intersindical Galega-

STOP PRECARIEDADE. TRABALLO DIGNO E IGUALDADE é o lema da campaña do 8 de Marzo deste ano. Expresamos con este lema a denuncia da precariedade en que a maioría das mulleres desenvolven o seu traballo, que empeorou tras a reforma laboral de 2021. Así, constatamos dous anos despois desta reforma o aumentaron das fendas de xénero canto a salarios, contratación a tempo parcial e temporalidade. Ao mesmo tempo, seguimos padecendo uns servizos públicos moi insuficientes para facermos fronte ao coidado das persoas dependente, o que causa un prexuízo no desenvolvemento laboral e persoal das mulleres fundamentalmente.

Díptico: Imos rematar coa fenda salarial

11-01-2024 - SECRETARÍA DAS MULLERES-CIG

A fenda salarial é a diferenza que existe entre os ingresos medios percibidos polas mulleres a respecto dos ingresos medios dos homes. Segundo os últimos datos de ingresos por rendementos de traballo, actualmente na Galiza a fenda salarial é do 18,6%, o que supón que as mulleres galegas cobremos como media 4.238 euros anuais menos que os homes.

Guía práctica para a negociación de plans de igualdade 2022 (documentación actualizada 2023)

10-01-2024 - CIG-Confederación Intersindical Galega

Esta guía da CIG nace coa vontade de solucionar as dúbidas máis frecuentes que atopamos durante o proceso de negociación de plans de igualdade e, ao tempo, de ofrecer solucións a aqueles aspectos máis controvertidos do novo desenvolvemento regulamentario dos plans de igualdade

Protocolo contra a violencia e o acoso sexual, laboral, por razón de sexo e identidade nos centros de traballo

19-12-2023 - CONSELLO GALEGO DE RELACIÓNS LABORAIS

O protocolo contra a violencia de xénero e o acoso laboral é unha obriga para todas as empresas, con independencia do tamaño do cadro de persoal. Nesta revisión engádense as novas definicións recollidas na Lei 15/2022, do 12 de xullo, integral para a igualdade de trato e a non discriminación, así como no Convenio 190 da OIT, ratificado por España, e que entrou en vigor o 25 maio de 2023, traendo melloras e cambios na regulación estatal nesta materia.

As 44 preguntas e respostas sobre plans de igualdade

18-12-2023 - CONSELLO GALEGO DE RELACIÓNS LABORAIS

I Plan de igualdade da Xunta de Galiza

13-11-2023 - DOG

O I Plan de igualdade da Xunta de Galiza presenta un conxunto ordenado de medidas avaliables dirixidas a remover os obstáculos que poidan dificultar a igualdade efectiva de mulleres e homes, e a eliminar calquera fonte de discriminación por razón de sexo na Administración Xeral da Xunta de Galiza. Os obxectivos específicos preséntanse en 8 eixes básicos de actuación

Protocolo de actuación fronte ao acoso e as violencias sexuais e psicolóxicas no traballo da Xunta de Galiza

10-11-2023 - DOG

Este protocolo ten por obxecto establecer as normas da actuación da Administración xeral de Galiza e das entidades instrumentais do sector público autonómico fronte a calquera tipo de violencia manifestada mediante o acoso sexual, o acoso por razón de sexo, o acoso por razón de orientación sexual, identidade sexual, identidade de xénero e expresión de xénero, e calquera acto de natureza sexual non consentido ou que condicione o libre desenvolvemento da vida sexual se ten lugar como consecuencia ou con ocasión da prestación de servizos; e a violencia psicolóxica exercida polo acoso discriminatorio, o acoso moral ou psicolóxico e as condutas de violencia psicolóxica no traballo

Modelos de solicitudes para os novos permisos familiares

20-10-2023 - SECRETARÍA CONFEDERAL DAS MULLERES - CIG

Permiso (P.) de 8 semanas para o coidado de crianzas de 8 anos, Redución de xornada por coidado, P. por matrimónio ou unión de feito, P. por acidente/enfermidade grave/hospitalización ou intervención cirúrxica sen hospitalización que precise repouso domiciliario, P. por falecemento de cónxugue, parella de feito ou parentes ata o segundo grao, P. de 4 días para ausentarse do traballo por causa de forza maior, Solicitude de adaptación da xornada por dependentes a cargo, Acumulación, vacacións e redución de xornada, Excedencia por coidado de fillo/a, 1 Hora de ausencia para o coidado de lactante, Acumulación da hora de ausencia para o coidado de lactante, Vacacións coincidentes coa suspensión do contrato por nacemento/adopción acollemento, Comunicación (C.) concreción redución xornada novo/a fillo/a, P. por traslado de domicilio, P. para trámites relacionados coa adopción ou acollemento, P. para a realización de exames prenatais e técnicas de preparación ao parto, P. polo nacemento de fillas ou fillos prematuros, C. de embarazo á empresa, C. períodos de suspensión de contrato por nacemento e coidado de menor, Redución de xornada e concreción horaria, Redución de xornada novo fillo/a, vacacións, lactación acumulada e C. reingreso xornada completa

Guía de Conciliación 2023

19-10-2023 - Secretaría Confederal das Mulleres - CIG

Con esta Guía actualizada a setembro de 2023, a Secretaría das Mulleres da CIG, da resposta ás túas dúbidas sobre prestacións e dereitos relacionados coa conciliación da vida familiar e laboral, e outras medidas de igualdade de oportunidades no traballo

Póster Técnico: Plans de igualdade como oportunidade para integrar a perspectiva de xénero en PRL - 2023

28-07-2023 - INSST

Este póster técnico do INSST resume un proxecto que pretende contribuír ao impulso da Prevención de Riscos Laborais con perspectiva de xénero a partir da análise da súa integración nos Plans de Igualdade, que son obrigatorios pola Lei Orgánica 3/2007 en todas as empresas con 50 ou máis persoas traballadoras, e cuxo desenvolvemento se establece no Real Decreto 901/2020. Ter en conta a perspectiva de xénero implica un enfoque transversal en toda a política e actividade preventiva da empresa. Neste sentido, os Plans de Igualdade son unha ferramenta clave xa que, tal e como se recolle no citado real decreto, deben incorporar a PRL no seu diagnóstico, nas súas medidas de acción e no seu seguimento.

Guía de actuación fronte ao acoso sexual e acoso por razón de sexo no traballo

09-06-2023 - MINISTERIO DE IGUALDADE

O acoso sexual e o acoso por razón de sexo, así como todo trato desfavorable relacionado co embarazo, a maternidade, paternidade ou asunción doutros coidados familiares considérase discriminatorio e está expresamente prohibido pola Lei Orgánica 3/2007, do 22 de marzo, para a igualdade efectiva de mulleres e homes. Tanto o Estatuto dos Traballadores, como o Estatuto Básico do Empregado Público e a Lei de Infraccións e Sancións da Orde Social consideran o acoso sexual e o acoso por razón de sexo como infracción moi grave, podendo ser causa de despedimento disciplinario da persoa acosadora.

Alcanzar a igualdade de xénero non traballo

18-04-2023 - OIT

Este estudo xeral baséase nas memorias enviadas polos Gobernos conforme os artigos 19 e 22 da Constitución da OIT sobre as medidas adoptadas para dar efecto ás disposicións dos convenios e as recomendacións examinados, así como nas observacións presentadas por organizacións de empregadores/as e de traballadores/as en virtude do artigo 23 da Constitución da OIT. A Comisión tamén tivo en conta a información dispoñible sobre a lexislación e a práctica pertinentes. O presente estudo nútrese das análises recolleitas en anteriores estudos xerais sobre os instrumentos relativos á igualdade de oportunidades e de trato, os traballadores/as con responsabilidades familiares e a protección social, así como sobre os convenios fundamentais

Día Internacional da Muller traballadora

08-03-2023 - 8M-DÍA INTERNACIONAL DA MULLER TRABALLADORA

O Día Internacional da Muller Traballadora leva celebrándose dende hai máis de 100 anos; nesta data recoñécese a función das mulleres e as súas contribucións á sociedade. Polo xeral son mellores estudiantes, sacan mellores notas, chegan en maior número á universidade e, sen embargo iso non se reflicte no mercado laboral. Se temos en consideración os últimos datos, a progresiva equiparación de mulleres e homes ao mercado laboral non se corresponde cunha similar presenza dos homes no ámbito doméstico e de coidado da familia. As mulleres seguen a ser as que máis concilian.

A CIG mobilizarase este 8M baixo o lema “A crise non a imos pagar as traballadoras”

07-03-2023 - 8M-DÍA INTERNACIONAL DA MULLER TRABALLADORA

Baixo o lema “A crise non a imos pagar as traballadoras”, delegadas da CIG sairán ás rúas de 12 cidades e vilas galegas para denunciar a precariedade que padecen as traballadoras galegas, o deterioro das súas condicións de vida, por mor da inflación galopante, e exixir melloras nas súas condicións laborais e salariais, ademais duns servizos públicos de calidade

Manual Perspectiva de xénero e prevención de riscos laborais

24-02-2023 - INVASSAT

O obxectivo principal deste manual é coñecer como afectan as condicións laborais ás persoas traballadoras, segundo o xénero das mesmas, así como coñecer as medidas preventivas que se poden aplicar

A Lei Orgánica 10/2022 de garantía integral da liberdade sexual, tamén introduce novidades laborais

09-02-2023 - LEXISLACIÓN

A norma coñecida como a Lei do «só si é si» inclúe dereitos relacionados coa flexibilidade horaria, funcional e xeográfica, e a posible suspensión ou extinción do contrato de traballo. As empresas, pola súa banda, teñen a obrigación de promover a sensibilización e a formación de todo o persoal co fin de evitar a violencia sexual

Guía para a prevención e tratamento do acoso sexual e por razón de xénero nas pemes

30-01-2023 - XUNTA DE GALICIA

Esta guía da Xunta, aborda cuestións como o acoso sexual e por razón de sexo no traballo; as súas consecuencias; as obrigacións das empresas, da representación legal das persoas traballadoras e das persoas traballadoras; a integración da prevención do acoso sexual e por razón de sexo na xestión da prevención de riscos laborais da empresa; o protocolo para a súa prevención e tratamento e a tutela administrativa e xudicial fronte a estas situacións.

Protocolo para a prevención e procedemento de actuación nos casos de denuncia por acoso sexual, laboral, por razón de sexo, orientación sexual, identidade e/ou expresión de xénero

30-12-2022 - CIG-Confederación Intersindical Galega

A CIG pon a disposición este protocolo que ten por obxecto estabelecer un procedemento de actuación para o caso de que algún traballador ou traballadora que detecte ou considere que é obxecto de acoso laboral, poida facer uso deste para que se leven a cabo as actuacións necesarias que esclarezan a existencia ou non dun caso de acoso e se adopten as medidas pertinentes, segundo os casos.

Protocolo contra o acoso sexual, laboral, por razón de sexo e identidade nos centros de traballo

27-12-2022 - CCAINC Consello Galego de Relacións Laborais

O obxectivo xeral deste protocolo da CCAINC é por un lado, promover condicións de traballo que eviten o acoso en calquera das súas modalidades e por outro, establecer un procedemento común de actuación ante situacións que puideran constituír calquera das modalidades de acoso, coa finalidade explícita de prever, evitar e erradicar este tipo de conductas no contorno laboral

Guía de Conciliación 2022

01-12-2022 - Secretaría Confederal das Mulleres - CIG

Con esta Guía, a Secretaría das Mulleres da CIG, da resposta ás túas dúbidas sobre prestacións e dereitos relacionados coa conciliación da vida familiar e laboral, e outras medidas de igualdade de oportunidades no traballo

Guía práctica para a negociación de plans de igualdade 2022

30-11-2022 - CIG-Confederación Intersindical Galega

Esta guía da CIG nace coa vontade de solucionar as dúbidas máis frecuentes que atopamos durante o proceso de negociación de plans de igualdade e, ao tempo, de ofrecer solucións a aqueles aspectos máis controvertidos do novo desenvolvemento regulamentario dos plans de igualdade

25 de Novembro: Traballo digno e sen violencias

25-11-2022 - CIG-Confederación Intersindical Galega

"Traballo digno e sen violencias" é o lema baixo o que a secretaría das Mulleres da CIG conmemora este 25 de Novembro, Día internacional para a eliminación da violencia contra as mulleres. Unha campaña a través da que se pretende denunciar a actitude de permisividade da patronal ante as situacións de acoso que padecen moitas mulleres nas súas empresas, chegando mesmo a ser utilizadas como mecanismo coercitivo coas traballadoras

Igualdade retributiva entre homes e mulleres

03-11-2022 - IGUALDADE

Orde PCM/1047/2022, do 1 de novembro, pola que se aproba e publica o procedemento de valoración dos postos de traballo previsto no Real Decreto 902/2020, do 13 de outubro, de igualdade retributiva entre mulleres e homes; Ferramenta para a Valoración de Postos de Traballo e guía de uso

Queda prohibido por lei preguntar pola saúde nunha entrevista de traballo

19-10-2022 - LEXISLACIÓN

O pasado mes de xullo publicouse no BOE a Lei integral para a igualdade de trato e a non discriminación, unha norma que aparentemente pasou desapercibida para a opinión pública pero que ten en alerta a avogados laboralistas, asesorías e departamentos de recursos humanos. A nova Lei contén importantes implicacións no ámbito laboral xa que, segundo advirten fontes xurídicas, incorpora algunhas obrigacións e prohibicións para as empresas que non quedan demasiado claras e todo apunta a que abocarán a conflitos nos tribunais.

Os coidados no traballo – Investir en licenzas e servizos de coidados para unha maior igualdade no mundo do traballo

27-05-2022 - OIT

O informe ofrece unha visión xeral mundial das leis e prácticas estatais relativas ás políticas de coidados, a saber, a protección da maternidade, políticas sobre licenza de paternidade, parental, coidados de longa duración e outras políticas de licenza para coidados, así como aos servizos de coidado infantil e os coidados de longa duración en 185 países.

Mulleres no sector agrario

09-05-2022 - INSST

O obxectivo deste tríptico do INSST é chamar a atención sobre a posible relación entre o sexo da persoa traballadora e os factores de risco existentes no sector agrario, considerando tanto as diferenzas biolóxicas como outros aspectos entre os que cabe destacar os factores psicosociais e os reprodutivos asociados á maternidade.

Este 8 de Marzo a CIG convoca máis de 20 mobilizacións por todo o país

08-03-2022 - 8M-DÍA INTERNACIONAL DA MULLER TRABALLADORA

Este 8 de Marzo, Día Internacional da Muller Traballadora, a CIG sairá á rúa para sinalar a responsabilidade directa dos gobernos no mantemento das desigualdades e a precariedade que padecemos as mulleres.

Igualdade de xénero: impulso ao emprego feminino e peche da brecha salarial

17-01-2022 - Parlamento Europeo

Os eurodeputados están preocupados pola persistencia da diferenza en salarios (os homes cobran de media o 14,1 % máis) e en pensións (o 29,5 % máis) na Unión Europea, así como pola situación laboral a miúdo máis precaria das mulleres. Piden aos Estados membros que adopten medidas prácticas para garantir un acceso igualitario ao mercado laboral e ao emprego, co mesmo soldo e idénticos dereitos laborais para homes e mulleres. Para conseguilo consideran necesario, por exemplo, sancionar ás empresas que non respectan a lexislación laboral.

Guía practica para a negociación de plans de igualde -CIG-

29-11-2021 - CIG -Confederación Intersindical Galega-

Esta guía nace coa vontade de solucionar as dúbidas máis frecuentes que atopamos durante o proceso de negociación de plans de igualdade e, ao tempo, de ofrecer solucións a aqueles aspectos máis controvertidos do novo desenvolvemento regulamentario dos plans de igualdade.

Estudo integral con enfoque de xénero, na prevención de riscos laborais nos buques pesqueiros

10-11-2021 - IGUALDADE

O “Estudo integral con enfoque de xénero, na prevención de riscos laborais nos buques pesqueiros II”, ten por obxectivo xeral identificar, analizar e propoñer unha serie de medidas preventivas e recomendacións prácticas en materia de PRL, como continuidade do estudo realizado no 2020, para axudar á integración da perspectiva de xénero na prevención de riscos laborais nos buques pesqueiros de Galiza e promover a eliminación dos factores de desigualdade.

Protocolo para a prevención e actuación fronte ao acoso sexual e acoso por razón de sexo no ámbito laboral

02-11-2021 - MINISTERIO IGUALDADE

O acoso sexual e o acoso por razón de sexo, así como todo trato desfavorable relacionado co embarazo, a maternidade, paternidade ou asunción doutros coidados familiares considérase discriminatorio e está expresamente prohibido pola Lei Orgánica 3/2007, do 22 de marzo, para a igualdade efectiva de mulleres e homes. Tanto o Estatuto dos Traballadores, como o Estatuto Básico do Empregado Público e a Lei de Infraccións e Sancións da Orde Social consideran o acoso sexual e o acoso por razón de sexo como infracción moi grave, podendo ser causa de despedimento disciplinario da persoa acosadora e causa xusta para que a vítima solicite a resolución do contrato de traballo.

Pautas para a integración da perspectiva de xénero na prevención de riscos laboráis. Ferramentas para a súa implantación

20-10-2021 - ISSGA

Este documento forma parte da campaña do ISSGA para sensibilizar e difundir as pautas para una integración transversal das cuestións de xénero a través dun documento técnico con ferramentas prácticas. Os obxectivos estratéxicos desta publicación son promover a integración efectiva da perspectiva de xénero na seguridade e saúde no traballo, abordar as diferenzas entre mulleres e homes no mundo laboral e difundir os criterios científico-técnicos para o control dos riscos.

Traballo remunerado e non remunerado: a pandemia acentúa o fenómeno da dobre xornada entre as mulleres

17-09-2021 - IGUALDADE

O estudo, realizado polas profesoras Lídia Farré (Universitat de Barcelona, MOVE e IAE-CSIC) e Libertad González (Universitat Pompeu Fabra e Barcelona GSE), sobre o que se basea este artigo analiza os efectos da pandemia da covid-19 sobre a distribución do traballo remunerado e non remunerado entre homes e mulleres. Para iso, levouse a cabo unha enquisa entre homes e mulleres con menores de 13 anos en dous momentos: o período inmediatamente anterior á declaración do estado de alarma, o 14 de marzo do 2020, e o período posterior ao confinamento e á primeira onda (novembro e decembro do 2020). O obxectivo do estudo é aproximarse aos efectos asociados á irrupción da pandemia sobre a desigualdade de xénero.

Resolución do Parlamento Europeo, sobre a brecha salarial de xénero. DOUE 17.08.2021

01-09-2021 - LEXISLACIÓN IGUALDADE

Principais factores de xénero que inciden nas actitudes e comportamentos ante os riscos laborais e nos danos derivados dos mesmos

30-07-2021 - SAÚDE LABORAL

Este estudo de OSALAN ten como obxectivo profundar, dende unha metodoloxía cualitativa, naqueles elementos de xénero que inflúen na seguridade e saúde laborais. O resultado final é un mapa que recolle os elementos que configuran a seguridade e saúde laborale en tres esferas: a sociedade, as empresas e as persoas, e, dentro deses elementos, identifícanse os factores que poden estar a contribuír a xerar desigualdades na protección da saúde laboral de mulleres e homes.

Integración da perspectiva de xénero no orzamento da UE: É o momento de pasar á acción

13-07-2021 - TRIBUNAL DE CONTAS EUROPEO

A Unión Europea ten un compromiso histórico coa igualdade de xénero. Con todo, avanzouse pouco na integración do xénero ou, o que é o mesmo, en promover de maneira sistemática e activa a igualdade de xénero na elaboración de políticas e no gasto do orzamento da UE. Segundo o informe que publica o Tribunal de Contas Europeo, aínda faltan requisitos previos necesarios.

Entrada en vigor do primeiro tratado internacional para enfrontar a violencia e o acoso no traballo

23-06-2021 - SAÚDE LABORAL

O 25 de xuño de 2021, dous anos despois da súa adopción pola Conferencia Internacional do Traballo (CIT), entra en vigor o primeiro tratado internacional sobre a violencia e o acoso no mundo do traballo.

Ditame do Comité Económico e Social Europeo sobre «Os retos do teletraballo: organización da xornada de traballo, equilibrio entre vida privada e vida laboral e dereito a desconectar»

09-06-2021 - CESE -Comité Económico e Social Europeo-

O presente Ditame responde as cuestións expostas pola Presidencia portuguesa acerca dos desafíos que expón o teletraballo no plano da organización do tempo de traballo, a conciliación da vida laboral e a vida privada, e o dereito á desconexión, co obxectivo de fomentar o modelo social europeo. Estas cuestións inclúen unha perspectiva de xénero, que, con todo, desenvolverase nun Ditame aparte ( SOC/662), polo que ambos os Ditames serán complementarios.

A fenda salarial persegue ás mulleres mesmo despois de poñer fin á súa vida laboral

15-04-2021 - IGUALDADE

A diferenza retributiva non é algo que lastra ás mulleres unicamente durante a súa vida laboral, senón que se perpetúa máis aló desta, mesmo na xubilación. En marzo de 2020, a pensión media de xubilación dos homes situábase no Estado español en 1.332,35 euros, mentres que a das mulleres unicamente en 877,39 euros, segundo datos publicados pola Secretaría de Estado da Seguridade Social na súa revista dixital. Un razoamento simplista podería conducir a pensar que iso obedece ás diferenzas retributivas existentes nas empresas. Con todo, o fenómeno é moito máis complexo e existen múltiples factores que conducen a este resultado.

A COVID-19 é unha crise con rostro de muller

22-03-2021 - ONU

Durante a xornada de apertura do 65º período de sesións da Comisión da Condición Xurídica e Social da Muller, António Guterres profundou neste pensamento ao destacar que a crise causada pola enfermidade puxo de manifesto o profundamente arraigada que está a desigualdade de xénero nos distintos sistemas políticos, sociais e económicos do mundo e deu varios exemplos diso.

Guía para o uso da linguaxe inclusiva no INSST

09-03-2021 - INSST

O obxectivo desta guía para o uso da linguaxe inclusiva é tratar de facilitar ferramentas para o emprego da linguaxe inclusiva -escrita e oral- avanzando, desta maneira, no compromiso de igualdade entre mulleres e homes dentro do ámbito de actuación do INSST.

Milleiros de mulleres participan na folga e nas mobilizacións convocadas pola CIG este 8M

08-03-2021 - 8 MARZO 2021

Entra en vigor o regulamento sobre os plans de igualdade nas empresas

26-02-2021 - Gabinete Técnico Confederal de Saúde Laboral - Boletín CIG-Saúde Laboral Núm. 37

A normativa está vixente para os novos plans que se elaboren e os que xa existan deben actualizarse cando teña lugar a súa revisión, pero sempre como máximo nun prazo de doce meses. As empresas de máis de 150 traballadores/as que non teñan plans de igualdade enfróntanse a multas. Como é sabido, o Real Decreto-Lei 6/2019, do 1 de marzo, de medidas urxentes para garantía da igualdade de trato e de oportunidades entre mulleres e homes no emprego e a ocupación, incorporou cambios moi significativos na Lei Orgánica 3/2007, do 22 de marzo, para a igualdade efectiva entre mulleres e homes, en materia de plans de igualdade:

Como incorporar a igualdade na túa empresa

09-02-2021 - OSALAN -Instituto Vasco de Seguridade e Saúde Laboral

Neste video, OSALAN propón 12 pasos que se poden dar para incorporar a perspectiva de xénero na seguridade e saúde no traballo

A contribución do diálogo social á igualdade de xénero

29-01-2021 - IGUALDADE

Lograr a igualdade de xénero no lugar de traballo segue sendo un dos maiores retos para os gobernos e os interlocutores sociais. As traballadoras de todo o mundo seguen estando infrarrepresentadas nos órganos e procesos de toma de decisións que determinan os lugares de traballo e os resultados do emprego. Ademais, as consecuencias sociais e económicas da pandemia do COVID-19 afectaron de maneira desproporcionada ás mulleres traballadoras. Isto conleva o risco de ampliar aínda máis as desigualdades de xénero no mundo do traballo. Con todo, o diálogo social e unhas relacións laborais sólidas poden utilizarse como ferramentas eficaces para superar estes retos e promover a igualdade de xénero no traballo.

Publicado o III Plan para a igualdade de xénero na Administración Xeral do Estado e nos Organismos Públicos vinculados ou dependentes dela

04-01-2021 - LEXISLACIÓN IGUALDADE

Ditamen do Comité Europeo das Rexións: Unha Unión da Igualdade: Estratexia para a Igualdade de Xénero 2020-2025

18-12-2020 - COMITÉ EUROPEO DAS REXIÓNS

Aprobado o III Plan para a Igualdade de Xénero na Administración Xeral do Estado e organismos dependentes

16-12-2020 - IGUALDADE

O Consello de Ministros aprobou o pasado mércores o III Plan para a Igualdade de Xénero na Administración Xeral do Estado, co que o Goberno aborda de forma integral as necesidades das empregadas e empregados públicos da AGE en materia de igualdade de xénero.

Resumos da nova normativa en materia de igualdade: Igualdade retributiva: Real Decreto 902/2020 e Plan de igualdade: Real Decreto 901/2020.

19-11-2020 - SECRETARÍA DAS MULLERES-CIG

Guía de actuación ante casos de violencia de xénero no ámbito educativo

13-11-2020 - XUNTA DE GALICIA

O obxectivo desta guía é abordar a violencia de xénero dende unha perspectiva integral, axudando aos estudantes a detectar e atallar comportamentos de risco neste eido a través dunha serie de orientacións básicas e información precisa sobre os sinais de alarma. Ao mesmo tempo, ofrece pautas de actuación e procedementos de intervención tanto nun primeiro momento como a medio e longo prazo, en coordinación cos servizos e recursos de atención especializada competentes.

Real Decreto 938/2020, de 27 de outubro, polo que se regula o Observatorio "Mulleres, Ciencia e Innovación"

28-10-2020 - LEXISLACIÓN IGUALDADE

O impulso da igualdade de xénero no sistema de ciencia e innovación, ademais de ser un principio básico do dereito, é garantía de excelencia na I+D+i, e ha de contribuír a lograr unha igualdade real e efectiva entre mulleres e homes en todos os ámbitos e niveis da ciencia, a tecnoloxía e a innovación; aproveitando e retendo todo o talento, sen deixar a ninguén atrás; así como a integrar a perspectiva de xénero de forma transversal ás políticas, programas e proxectos de I+D+i.

Real Decreto 901/2020, do 13 de outubro, polo que se regulan os plans de igualdade e Real Decreto 902/2020, do 13 de outubro, de igualdade retributiva entre mulleres e homes

14-10-2020 - LEXISLACIÓN IGUALDADE

Revisión dos dereitos das mulleres 25 anos despois de Beijing

29-09-2020 - ONU MULLERES

"Os complexos e rápidos cambios políticos, sociais, económicos e ambientais dos últimos 25 anos trouxeron avances moi relevantes nalgúns aspectos da vida de mulleres e nenas. Con todo, tamén vimos importantes retrocesos que danaron as arduas conquistas en materia de dereitos das mulleres e a axenda máis ampla do desenvolvemento. A pobreza, a discriminación e a violencia aínda están moi presentes na vida das mulleres e nenas. A súa subrepresentación nos espazos de poder e de toma de decisións segue sendo a norma. Anhelamos con impaciencia que isto cambie". Phumzile Mlambo- Ngcuka, Directora Executiva de ONU Mulleres.

Contornas de traballo seguras e saudables, libres de violencia e acoso

29-07-2020 - OIT

O presente informe céntrase especificamente na forma en que a violencia e o acoso poden xestionarse a través de medidas de seguridade e saúde no traballo (SST) como, por exemplo, os marcos normativos, as políticas, os programas e os sistemas de xestión da SST (SX-SST) mellorados.

Unha unión da igualdade: Estratexia para a Igualdade de Xénero 2020-2025

05-03-2020 - COMISIÓN EUROPEA

Comunicación da Comisión ao Parlamento Europeo, ao Consello, ao Comité Económico e Social Europeo e ao Comité das Rexións

Video de Pixar contra a discriminación e o acoso laboral

03-03-2020 - IGUALDADE

Este curto chámase Purl e quere denunciar unha realidade lamentable que aínda se vive en moitas empresas. Purl quere denunciar o acoso laboral e a discriminación que hai aínda nalgunhas organizacións, esas nas que se hai mulleres en altos cargos ou que son responsables de Departamentos téñense que comportar como homes para seguir no posto.

OSALAN publica unha actualización das “Pautas para a integración da perspectiva de xénero na prevención de riscos laborais”

10-02-2020 - IGUALDADE

OSALAN publica a actualización das “Pautas para a integración da perspectiva de xénero na prevención de riscos laborais”, dotada de ferramentas que axuden ás empresas e organizacións a reflexionar sobre o tema, identificar deficiencias e necesidades, definir accións e realizar un seguimento do proceso.

O risco durante o embarazo e as novas táboas SEGO 2019, un retroceso na protección da maternidade

08-11-2019 - Gabinete Técnico Confederal de Saúde Laboral - Boletín CIG-Saúde Laboral Núm. 33

A nivel laboral, a baixa por risco durante o embarazo fai referencia aos posibles prexuízos que lle poden causar a unha muller embarazada traballadora as tarefas ou funcións que realiza no seu posto de traballo. No caso de existir problemas no embarazo relacionados coa saúde do feto ou da nai, a baixa que procedería sería por incapacidade temporal (IT). Para conceder a suspensión do contrato de traballo e a prestación por risco no embarazo, non poderá existir na empresa outro posto distinto e dentro do seu mesmo grupo profesional que sexa compatible co seu estado e polo tanto exento de risco. No caso contrario optaríase polo cambio de tarefas e/ou funcións sen risco antes que proceder á suspensión por risco no embarazo.

Protección da maternidade no traballo

16-10-2019 - ISSGA

O ISSGA vén de publicar un políptico informativo sobre as obrigas das empresas relativas á protección da maternidade.

Máis aló do teito de cristal: por que a empresas necesitan ás mulleres en postos directivos

03-10-2019 - OIT

Hoxe, as mulleres están máis instruídas e máis activas no mercado de traballo que nunca, e cada vez con maior frecuencia desempeñan funcións directivas. A pesar destes logros, a súa presenza en cargos directivos nas empresas segue sendo inferior á dos homes

O Constitucional impulsa a igualdade cun fallo inédito sobre a discriminación indirecta contra as mulleres

13-09-2019 - IGUALDADE

O Tribunal Constitucional deu un paso contra a desigualdade no seu recente fallo sobre as pensións de traballadores a tempo parcial inédito ata o de agora: incorporar expresamente a discriminación indirecta de xénero como elemento para anular unha norma por non respectar a Carta Magna. O Tribunal tomou a iniciativa e expuxo unha cuestión interna de inconstitucionalidade con esta perspectiva de xénero a propósito dun recurso de amparo dun profesor de universidade que consideraba que o cálculo das pensións a tempo parcial era discriminatorio, pero respecto a os empregados con contratos a tempo completo.

Os elementos da contorna laboral que causan estrés a mulleres e homes son diferentes

18-07-2019 - Universitat Oberta de Catalunya

A profesora de estudos de Economía e Empresa e experta en RRHH da universidade online UOC, Eva Rimbau Gilabert, concretou cales son eses factores estresantes que afectan de maneira distinta aos profesionais en función do seu sexo. No caso das mulleres, un deses elementos é o dobre rol que teñen que xogar no fogar e no traballo, moi vinculado aos roles de xénero da sociedade e á influencia das expectativas sociais.

Saúde e riscos laborais con perspectiva de xénero

25-06-2019 - IGUALDADE

Este documento forma parte dun conxunto de Ferramentas de apoio destinadas a facilitar a realización de plans de igualdade en empresas, entidades públicas, sindicatos, etc.; estes documentos compleméntanse con outro tipo de ferramentas para a implantación de medidas de igualdade concretas, nas que se inclúen instrucións que permitan saber como e cando debe empregarse cada ferramenta.

Convenio sobre la violencia y el acoso, 2019 (núm. 190) e Recomendación sobre a violencia e o acoso, 2019 (núm. 206)

21-06-2019 - OIT

A Organización Internacional do Traballo adoptou un novo convenio na procura de loitar contra a violencia e o acoso que sofren as mulleres no mercado laboral. O «Convenio sobre a violencia e o acoso, 2019 (núm. 190)» foi adoptado o 21 de xuño en Xenebra e atópase pendente de ratificación en España.

A xustiza sanciona ás empresas que impoñan ás súas traballadoras un horario que lles impida conciliar

15-05-2019 - SENTENZA

O empresario non pode negarse inxustificadamente a que as traballadoras con redución de xornada elixan un horario que lles permita conciliar o seu emprego coas súas necesidades familiares. E se o fai, pódese enfrontar a unha sanción de entre tres mil e seis mil euros por danos morais. A angustia pola incerteza e o desasosego sufrido é un dano real do que debe responsabilizarse a empresa.

No estado español as mulleres sofren unha das maiores desigualdades laborais de xénero de todo o mundo desenvolto

23-04-2019 - IGUALDADE

O índice que é elaborado dende hai uns anos pola consultora PwC, sitúa ao estado español no posto 28 entre un total de 33 países da OCDE en materia de igualdade laboral de xénero, estando máis discriminadas as mulleres soamente en Italia, Chile, Grecia, México e Corea

As longas xornadas laborais aumentan o risco de depresión nas mulleres

04-04-2019 - IGUALDADE

O auxe da globalización e da economía está a demandar que as persoas traballen longas xornadas e fins de semana. Un estudo observacional levado a cabo por universidades londinienses atopou que estas condicións laborais contribúen a empeorar a saúde mental en xeral, pero sobre todo a das mulleres.

Segundo a Universitat Oberta de Catalunya (OUC), os elementos do entorno laboral que causan estrés a homes e mulleres son distintos

29-03-2019 - Universitat Oberta de Catalunya

Dende a Universitat Oberta de Catalunya , Eva Rimbau, profesora de estudos de Economía e Empresa e experta en RRHH, concretou cales son eses factores estresantes que afectan de maneira distinta aos traballadores/as en función do seu sexo.

O trastorno de ansiedade dunha pediatra embarazada é un accidente de traballo

20-03-2019 - SENTENZA

A Sala Social do Tribunal Superior de Xustiza de Andalucía considera probada a orixe laboral do trastorno psiquiátrico que sufriu unha pediatra de Atención Primaria tras atender a un neno enfermo con meninxite. Deste xeito, a sentenza considera accidente de traballo o trastorno de ansiedade sufrido pola profesional e revoga o fallo do xulgado de instancia que considerou tal patoloxía como enfermidade común. Condena ao SAS e ao Instituto Nacional da Seguridade Social a rectificar a cualificación da continxencia, cos efectos económicos que se deriven.

A OIT presenta un novo informe sobre a igualdade de xénero para conmemorar o Día Internacional da muller

12-03-2019 - OIT

O informe “Un paso decisivo cara á igualdade de xénero: Para un mellor futuro do traballo para todos”, reúne investigacións, datos e achados recompilados grazas á Iniciativa do centenario da OIT relativa ás mulleres no traballo e identifica os desafíos e as medidas que é preciso adoptar para lograr a transformación necesaria para a igualdade de xénero no mundo do traballo.

Guías para unha docencia universitaria con perspectiva de xénero Rede Vives

13-02-2019 - FORMACIÓN

Colección de once obras de diferentes disciplinas e áreas de coñecemento, cuxo obxectivo é, por unha banda, ofrecer recursos ao profesorado universitario para axudarlles a prestar atención ás dinámicas de xénero na contorna de aprendizaxe e adoptar medidas que garantan a atención á diversidade de estudantes. Doutra banda, o alumnado pode dispoñer a través delas de ferramentas para identificar os estereotipos, as normas e os roles sociais de xénero, desenvolver o seu espírito crítico e adquirir competencias que lle permitan evitar a cegueira ao xénero na súa futura práctica profesional.

A xustiza condena a unha empresa por discriminación por asignar todos os postos de confianza a homes

06-02-2019 - SENTENZA

As empresas non poden designar postos de confianza a dedo se con esta medida está a discriminarse indirectamente ao persoal feminino. Así se establece nunha recente sentenza dun xulgado do social de Palma de Mallorca, que obriga a unha empresa municipal a sacar a concurso as sete prazas de xefe de sector que asignara directamente aos empregados homes que viñan realizando interinamente estas funcións.

Guía de axuda para a valoración do risco laboral durante o embarazo

24-01-2019 - INSTITUTO NACIONAL DA SEGURIDADE SOCIAL

Publicación editada polo Instituto Nacional da Seguridade Social froito da revisión do documento “Orientacións para a valoración do risco laboral e a incapacidade temporal durante o embarazo” editado polo INSS no ano 2008. Os cambios lexislativos, sobre todo a consideración da continxencia do risco laboral durante o embarazo como profesional, sendo en consecuencia susceptible de xestión polas mutuas colaboradoras coa Seguridade Social, así como a evolución dos coñecementos nesta materia e a propia practica dos anos transcurridos, fixeron que o que ía ser unha segunda edición se convertise nuna revisión da primeira edición.

Constitúese o Observatorio "Mulleres, Ciencia e Innovación”

21-01-2019 - IGUALDADE

Constituíuse o Observatorio ‘Mulleres, Ciencia e Innovación’ para a Igualdade de Xénero ( OMCI), creado o pasado 23 de novembro polo Consello de Ministros. O obxectivo deste órgano é analizar a situación das mulleres no ámbito da investigación e a innovación, fomentar a realización de políticas públicas e actuacións de igualdade de xénero, e promover a mellora da situación das mulleres no sistema español de Ciencia, Tecnoloxía e Innovación.

Como tratar as informacións deportivas dende a perspectiva de xénero

19-12-2018 - EMAKUNDE, INSTITUTO VASCO DA MULLER

A Rede Begira, Comisión asesora para un emprego non sexista da publicidade e a comunicación, adscrita a Emakunde-Instituto Vasco da Muller, ven de celebrar o sétimo encontro centrado na presenza de mulleres deportistas nos medios de comunicación e a publicidade. No encontro presentáronse os materiais creados de xeito consensuado entre os distintos medios e axencias que participan na rede.

Condicións de traballo segundo xénero en España 2015

14-12-2018 - INSST

Este estudo ten por obxecto mostrar as principais diferenzas por xénero das condicións de traballo en España, mediante a análise dos datos provenientes da 6ª EWCS-España, cuxo traballo de campo realizouse no ano 2015. Trátase por tanto dunha explotación secundaria desta enquisa, cuxo análise global xa foi publicado na web do INSST, incluído o cuestionario empregado.

Plan de acción da OIT sobre Igualdade de Xénero 2018-2021

30-11-2018 - OIT

A conciliación como factor determinande á hora de elexir traballo

01-10-2018 - CONCILIACIÓN

Segundo o informe Randstad Employer Brand Research 2018, no que se analizan os factores que farían que un profesional elixise unha ou outra empresa para desenvolver a súa carreira laboral, para o 55 % dos/as traballadores/as do Estado español, a conciliación é un factor determinante para elixir a empresa na que traballa.

No Estado español un 73% dos cidadáns traballa en empresas que dificultan a conciliación

13-09-2018 - CONCILIACIÓN

Un 73% de empregados/as no Estado español cre que a súa contorna laboral dificulta ocasional ou sistematicamente a conciliación entre traballo e vida persoal e familiar. Ademais, perciben que utilizar as medidas de flexibilidade laboral ao seu alcance pode penalizar o seu desenvolvemento dentro da empresa.

A paridade entre homes e mulleres nos consellos das cotizadas está lonxe de lograrse

23-08-2018 - IGUALDADE

No Estado español, apenas un 16,5% deses postos están ocupados por mulleres, a pesar de que a Comisión Europea recomendou en 2012 que a cota alcanzase o 40% en 2020.

Unha empresa condenada a indemnizar a unha traballadora que cobrou menos que os seus compañeiros homes por realizar o mesmo traballo

14-05-2018 - SENTENZA

A traballadora alegou unha vulneración do dereito de igualdade e non discriminación ao percibir retribucións inferiores ás que se lle abonan aos outros responsables de departamento da empresa demandada, todos eles homes, por realizar o mesmo traballo.

As mulleres dedican o dobre de horas ao traballo non remunerado que os homes

10-05-2018 - IGUALDADE

Segundo a Enquisa de Condicións de Vida do INE, as mulleres destinan 26,5 horas á semana, fronte ás 14 horas dos homes, a labores como o coidado de fillos/as ou familiares, tarefas domésticas, cursos e colaboracións sen soldo en ONG. Dá igual se teñen fillos ou non ou se traballan ambos, por regra xeral as mulleres case duplican aos homes no tempo que dedican ao traballo non remunerado. Unicamente os homes dedican un tempo parecido a estas tarefas, 11 horas fronte 13,3 horas da mulleres, cando non teñen parella.

«Proposta de Directiva do Parlamento Europeo e do Consello relativa á conciliación da vida familiar e a vida profesional dos proxenitores e os coidadores, e pola que se derroga a Directiva 2010/18/UE do Consello»

11-04-2018 - DITAME DO CESE

Ditame do Comité Económico e Social Europeo sobre a «Comunicación da Comisión ao Parlamento Europeo, ao Consello, ao CESE e ao Comité das Rexións - Unha iniciativa para promover a conciliación da vida familiar e a vida profesional dos proxenitores e os coidadores»

A brecha de xénero no emprego: que frea o avance da muller?

22-03-2018 - OIT

Atopar traballo é moito máis difícil para a muller que para o home en todo o mundo. Cando a muller traballa, adoita facelo en postos de baixa categoría e en condicións de vulnerabilidade, e prevese poucos avances a curto prazo. Explore esta InfoStory e os datos que sustentan estas tendencias, e coñeza máis a fondo os distintos obstáculos que impiden que a muller consiga un traballo decente.

Tendencias de emprego e o seu impacto na seguridade e a saúde ocupacional das mulleres

21-03-2018 - OHS WIKI

Artigo que describe a situación das mulleres no mercado laboral europeo e as consecuencias para a seguridade e saúde ocupacional (OSH). Ao tempo que proporciona unha visión xeral das tendencias femininas de emprego en Europa a través de estatísticas europeas relevantes, o artigo inclúe unha análise de riscos así como dos riscos inherentes aos lugares de traballo dominados por mulleres e un enfoque dos factores de risco entre mulleres de diferentes idades.

Facer as promesas realidade: A Igualdade de xénero na Axenda 2030 para o Desenvolvemento Sustentable

08-03-2018 - ONU MULLERES

Logo de dous anos dende a adopción da Axenda 2030, publicouse o informe “Facer as promesas realidade: A igualdade de xénero na Axenda 2030 para o Desenvolvemento Sustentable” no que se presentan dende unha perspectiva de xénero os progresos alcanzados así como os desafíos pendentes para a implementación dos 17 Obxectivos de Desenvolvemento Sustentable (ODS).

Igual salario por igual traballo

07-03-2018 - IGUALDADE

As traballadoras alemás poden coñecer dende os primeiros días de xaneiro deste ano a media do salario que cobran os seus compañeiros na empresa por realizar as mesmas tarefas.

Sanción a unha empresa por acoso laboral a unha traballadora

26-02-2018 - ITSS

A Inspección de Traballo e Seguridade Social sancionou a unha empresa cunha multa de 6.000 euros logo de constatar un "acoso discriminatorio por razón de sexo, consistente en crearlle un entorno degradante ou ofensivo, co propósito de atentar contra a súa dignidade, en función do seu sexo feminino, logo da reincorporación da súa baixa por maternidade"

Recoñecemento do dereito a elexir horario na reducción de xornada para cuidado dunha menor

22-01-2018 - Sentenza

O Xulgado do Social nº 1 de Logroño ven de ditar unha sentenza recoñecendo o dereito a elixir a concreción horaria na redución de xornada para coidado dunha menor; a traballadora solicitara reducir a súa xornada de 40 horas semanais (de luns a sábado, unha semana en turno de mañá e outra en turno de tarde) a 34 horas semanais en horario fixo de 8 a 14 horas de luns a venres, sábados de 10 a 14 horas, e en igual horario os domingos e festivos que lle correspondesen. A empresa negáse á concreción horaria, alegando que debía a reducción debía ser concretada na quenda horaria que lle correspondese por rotación.

Dos 496 falecidos/as en accidente de traballo en 2016, 461 eran homes e 35 mulleres

20-12-2017 - Igualdade

Son datos publicados en outubro no Informe anual de accidentes de traballo no Estado español en 2016, elaborado polo Departamento de Investigación e Información do Instituto Nacional de Seguridade e Saúde no Traballo, INSSBT. A explicación a estas cifras hai que buscala nos división existente no mercado laboral entre os postos de traballo que polo xeral adoitan a ocupar homes e mulleres.

Saúde laboral e xénero. Apuntamentos para a incorporación da perspectiva de xénero no ámbito da prevención de riscos laborais

14-12-2017 - Igualdade

No seu resumo o estudo indica que "no ámbito nacional e internacional existe un amplo marco normativo e programático que vincula as accións de entidades públicas e privadas coa igualdade de oportunidades para mulleres e homes; con todo, as condicións en que se desenvolven unhas e outros seguen sendo extremadamente diferentes e desiguais. No contexto da saúde laboral, como noutros, engádese a isto a incapacidade das institucións para coñecer a situación real das e os traballadores e por tanto, a imposibilidade de emprender accións que promovan axeitadamente a saúde de homes e mulleres en devandito medio. A incorporación da perspectiva de xénero no actuar dos servizos de prevención contribúe a detectar e corrixir os rumbos de xénero nas actividades preventivas e de vixilancia da saúde."

O impacto da igualdade de xénero na saúde

05-12-2017 - EuroHealthNet

Existen diferenzas baseadas no xénero en relación á esperanza de vida, anos de vida sa, comportamentos de saúde, mortalidade e riscos de morbilidade. EuroHealthNet elaborou un informe no que analiza as diferenzas baseadas no xénero nos determinantes sociais e os resultados para a saúde relacionados e por que persisten. Así mesmo, examina as políticas e os programas da UE, así como as iniciativas en marcha en Austria, Finlandia, Alemaña e Irlanda para corrixir o equilibrio existente e como se pode avanzar.

A participación laboral das mulleres no Estado español

23-11-2017 - CES

O informe do Consello Económico e Social pretende mostrar as barreiras e obstáculos que impiden unha maior participación das mulleres no mundo laboral e os requisitos necesarios para unha igualdade de mulleres e homes que permita a conciliación da vida familiar-persoal-laboral. Así indícase que ainda que nos últimos anos, a participación e a actividade laboral da muller achegouse aos países máis avanzados da UE, as taxas de actividade seguen sendo significativamente máis baixas que as masculinas, o que apunta á pervivencia de obstáculos neste proceso cara a unha participación máis igualitaria de mulleres e homes no traballo remunerado.

A cidadanía non aprecia avances na conciliación da vida familiar e laboral

16-11-2017 - CONCILIACIÓN

As empresas, principalmente as grandes, están empezando a comprender que un traballador/a satisfeito/a é un empregado/a produtivo/a. Pero, nas de menor tamaño nas que traballan o groso dos cidadáns, a situación non mellora. Hoxe en día, os cidadáns seguen pensando que sacar tempo para un mesmo e para atender á familia é unha tarefa esgotadora e complicada.

As grandes empresas deberán informar das súas medidas de igualdade

18-09-2017 - ANTEPROXECTO DE LEI

As grandes empresas terán que informar publicamente cada ano das decisións que tomen sobre igualdade de xénero, protección do medio ambiente, dereitos humanos ou loita contra a corrupción. Xunto ao informe anual sobre resultados que están obrigadas a presentar, terán que redactar outro sobre o impacto ambiental e social das súas actividades.

Perspectivas sociais e do emprego no mundo: tendencias do emprego feminino 2017

24-07-2017 - OIT

Documento elaborado pola OIT que examina as tendencias e brechas globais e locais do mercado de traballo, incluíndo as taxas de participación na forza de traballo, as taxas de desemprego, a situación laboral, así como a segregación sectorial e ocupacional. Tamén presenta unha análise global en profundidade dos principais impulsores da participación feminina na forza de traballo, investigando as preferencias persoais das mulleres, as normas societarias de xénero e as limitacións socioeconómicas ás que se enfrontan as mulleres.

Estratexias sindicais para previr, xestionar e eliminar o acoso laboral e a violencia contra as mulleres

21-07-2017 - ETUI

Informe elaborado como parte do Proxecto "Seguridade na casa, seguridade no traballo" da Confederación Europea de Sindicatos (CES); reúne as probas recollidas nas entrevistas realizadas como parte de 11 estudos detallados de casos a nivel europeo sobre desenvolvementos a nivel de xénero, A violencia e o acoso no traballo, incluída a violencia doméstica no traballo. A violencia e o acoso por razón de xénero é unha forma de discriminación que causa danos importantes para as mulleres, xa sexa no lugar de traballo, en lugares públicos, en transporte público, en escolas e colexios ou na familia. O informe amosa como os sindicatos e / ou socios sociais abordaron o tema nas negociacións, a negociación colectiva, a sensibilización sindical, a formación e as campañas e as asociacións con organizacións de mulleres que traballan para poñer fin á violencia de xénero. O informe sinala as boas prácticas no traballo e amosa o valor engadido das accións sindicais, as innovacións e as negociacións para apoiar ás vítimas e crear lugares de traballo libres de violencia e acoso.

Determinados aspectos da cultura do país inflúen no nivel de representación da muller nos Consellos de Administración das empresas

19-04-2017 - Igualdade

Un estudo realizado por profesoras da Facultade de Ciencias Económicas e Empresariais da Universidade de Sevilla xunto a investigadores do HEC Montreal e da Universidade de Cádiz revela que determinados aspectos da cultura de cada país son determinantes na representación que acadan as mullleres nos cargos de dirección das empresas, sendo os máis significativos a distancia no poder e a masculinidade.

Desigualdade e discriminación salarial: unha lacra que segue a afectar ás mulleres a nivel mundial.

14-10-2016 - Igualdade

A dia de hoxe na Unión Europea as diferencias de retribución salarial entre homes e mulleres estímase por enriba do 16%, chegando ao 27,8% no caso de Portugal e a cifras incomprensibeis en paises como Canadá cun 33% ou Uruguai un estratosférico 68%. Así, nun estudo de dereito comparado publicado recentemente pola Universitat Pompeu Fabra (UPF) a través da sua revista dixital IUSLabor, desvélanos que a desigualdade e a discriminación laboral das mulleres en relación aos homes segue a ser unha persistente e lacerante realidade no conxunto do planeta, a pesares das lexislacións e ordenamentos xurídicos existentes que condenan e prohiben istas prácticas discriminatorias.

As mulleres traballadoras padecen máis problemas de saúde mental que os homes

07-10-2016 - Saúde laboral

Os datos proveñen dun estudo que veñen de publicar autores do CIBER de Epidemiología e Saúde Pública na revista Gaceta Sanitaria; o estudo analiza, a partir da Enquisa Nacional de Saúde de 2011, a prevalencia dos trastornos de saúde mental entre 7.396 persoas de 16 a 65 anos que traballaban no momento de realizarse a investigación. O estudo indica que o 19,9% das mulleres traballadoras en España ten problemas de saúde mental, fronte ao 13,9% dos homes.

O Sergas discrimina a unha traballadora embarazada ao reducirlle o salario durante o permiso da 37 semana

26-09-2016 - Maternidade

A Secretaría da Muller da CIG e a Federación de Saúde da CIG denuncian a discriminación que padecen as traballadoras do SERGAS que se acollen ao permiso retribuído a partir da semana 37 do embarazo, xa que ven reducido o seu salario ao non pagárselles o complemento retributivo de Atención Continuada. Unha penalización que conculca o dereito á igualdade, pois ningún traballador do SERGAS sufrirá esta redución de salario polo feito de ser pai.

Equidade de xénero: estudo das desigualdades

08-07-2016 - Igualdade

O estudo "Tempos de equidade de xénero: descripción das desigualdades entre comunidades autónomas, España 2006-2014" elaborado por científicos da Universidade de Alacant e publicado en Gaceta Sanitaria, conclúe que o "contexto de equidade de xénero acandado nas CC.AA. españolas no ano 2006 perdeuse durante a crise económica, ao aumentar a desigualdade na equidade de xénero en 2014". A inequidad de xénero segue sendo desfavorable ás mulleres. No caso concreto de Galiza, os datos amosan que a desigualdade de xénero medrou entre os anos 2006 e 2014.

A crise acentúa as diferenzas de xénero en episodios de baixa laboral

03-06-2016 - CISAL

O CiSAL -Centro de investigación en Saúde Laboral da Universidade Pompeu Fabra- realizou un estudo, publicado na revista Social Science and Medicine, para determinar o impacto da crise económica global na saúde dos/as traballadores/as, centrándose na duración das ausencias laborais causadas por afectacións en principio non relacionadas co traballo (incapacidades por enfermidade común).

As mulleres na dirección melloran os resultados das empresas

22-03-2016 - Igualdade

Os resultados dunha enquisa realizada a 21.980 empresas de 91 estados, incluído o estado español, confirman que a presenza de mulleres na alta dirección, mellora os seus resultados. Segundo sinala o Instituto Peterson de Economía Internacional no seu estudo "É rendible a diversidade de xérnero?" as empresas nas que polo menos o 30% dos executivos/as son mulleres suman 1 punto porcentual á súa marxe neta. No estudo tamén se conclúe que as empresas con maior igualdade de xénero poden aumentar un 15% a rendibilidade. “A enquisa representa unha instantánea; por tanto, os resultados deben interpretarse con precaución”, advirten os autores.

Xénero, cambio climático e saúde

17-03-2016 - OMS

O informe da Organización Mundial da Saúde proporciona unha primeira análise de como interactúan entre si o cambio climático, o xénero e a saúde. No informe documéntanse os datos dispoñibles con relación ás diferenzas que existen entre ambos os sexos en canto aos riscos para a saúde que poderían acentuarse a consecuencia do cambio climático, e respecto das medidas de adaptación e mitigación que poden contribuír a protexer e promover a saúde.

As mulleres no traballo. Tendencias 2016

15-03-2016 - OIT

A OIT ven de publicar o informe "As mulleres no traballo. Tendencias 2016" no que se reflexiona sobre a situación das mulleres no mercado laboral a partir de datos recientes sobre o seu posicionamento. Así no texto constátase que os progresos realizados polas mulleres no eido educativo seguen sen traducirse ene melloras nas súas posicións de traballo en moitos lugares do mundo.

Sentenza que recoñece o dereito a modificar o horario de entrada no traballo para levar aos fillos á gardería

10-12-2015 - Conciliación

Na sentenza recóllese que «o dereito do traballador debe prevalecer» sobre as dificultades organizativas que alega a empresa", que a Constitución consagra a «protección integral dos fillos/as» e que corresponde aos poderes públicos, entre os que están os tribunais, velar por ese principio.

A muller na xestión empresarial

18-05-2015 - OIT

Informe realizado pola Oficiña de Actividades para os Empregadores (ACT/EMP) da OIT, co obxecto de amosar os beneficios que poden obter as empresas que recoñecen e apoian o talento das mulleres. O documento destaca a importancia que para o crecemento económico e o desenvolvemento ten a presenza da muller no mundo laboral tanto a nivel social como empresarial.

Increméntase a fenda salarial entre homes e mulleres no Estado español dende o ano 2008

21-04-2015 - Igualdade

Segundo datos da Oficiña de Estatística da Unión Europea, Eurostat, a fenda salarial entre homes e mulleres creceu no Estado español 3,2 puntos dende o ano 2008, só por detrás de Portugal, pasando do 16,1 % no ano 2008 ao 19,3 % no 2013.

O xénero como un factor determinante dos problemas de saúde asociados ao traballo.

17-03-2015 - Igualdade

Aínda que as condicións de traballo teñen mellorado nos últimos tempos, é preciso poñer especial atención nos novos riscos que están a xurdir como é o caso dos riscos psicosociais. En relación a estes últimos, e contrariamente ao que poida parecer, as mulleres non son máis sensibles que os homes cando falamos de relacións interpersoais, polo que a súa resposta ante problemas como o burnout é similar á que teñen por regla xeral os homes. Sí hai diferencias en relación á xornada de traballo. As mulleres sufren máis que os homes as longas xornadas de traballo.

Día Internacional da Muller Traballadora

06-03-2015 - 8 de marzo

Polo xeral son mellores estudiantes, sacan mellores notas, chegan en maior número á universidade e, sen embargo eso non se reflicte no mercado laboral. O xénero continúa a marcar a relación de homes e mulleres co traballo remunerado. É máis se cabe en momentos de crise e escaseza de traballo. Por outra banda, se temos en consideración os últimos datos aportados polo INE, a progresiva equiparación de mulleres e homes no mercado laboral non se corresponde cunha similar presenza dos homes no ámbito doméstico e de coidado da familia. As mulleres seguen a ser as que máis concilian.

Un impulso mundial para que un número maior de mulleres acceda á dirección das empresas

26-01-2015 - OIT

Aínda que as mulleres seguen estando pouco representadas nas altas esferas da xestión, o número de mulleres en cargos directivos altos e medios aumentou durante os últimos 20 anos, constata un novo estudo realizado pola Oficina de Actividades para os Empregadores da OIT.

"Non se trata só de axudar, senón de ser corresponsables no fogar"

29-12-2014 - CONCILIACIÓN

O presidente da Comisión Nacional para a Racionalización dos Horarios, Ignacio Buqueras, fixo fincapé na necesidade de impulsar a corresponsabilidade no fogar xa que as mulleres "saíron de casa para traballar pero os homes aínda non entraron na casa". "Non se trata só de axudar, senón de ser corresponsables no fogar", asegurou.

Día internacional da eliminación da violencia contra a muller

25-11-2014 - Igualdade

Segundo datos da ONU, un 35% das mulleres de todo o mundo sofren violencia física e/ou sexual no contexto das relacións de parella, ou violencia sexual exercida por outros homes, estatísticas que ascenden en moitos casos a preto dun 70% das mulleres. No caso da Unión Europea, a metade das mulleres enquisadas recoñeceron sufrir nalgún momento da súa vida insinuacións sexuais non desexadas, contacto físico ou outras formas de acoso sexual no traballo.

O Estado español á cola de Europa en conciliación laboral e familiar

21-11-2014 - Conciliación

A flexibilidade dos horarios de traballo para poder conciliar a vida laboral e familiar en Europa é aínda "moi insuficiente", algo que se acrecenta no Estado español, un dos países da Unión Europea onde máis difícil é esta conciliación, segundo o Informe de Evolución da Familia Europea en 2014 do Instituto de Política Familiar presentado esta semana.

Incorporación do xénero na práctica da seguridade e saúde ocupacional

17-11-2014 - Axencia Europea para a Seguridade e Saúde no Traballo

Mulleres e homes non son iguais, e os postos de traballo que ocupan, as súas condicións de traballo e as circunstancias e como a sociedade os trata non son os mesmos. Todos estes factores poden afectar aos riscos que afrontan no traballo e ao enfoque que debe ser tomado para evitar estes riscos. O recoñecemento máis xeneralizado sobre a importancia de ter en conta as diferenzas de xénero en seguridade e saúde no traballo (SST) é relativamente recente, aínda que o número de iniciativas vistos nesta área vai en aumento.

Afecta o estrés á capacidade de tomar boas decisións?

14-11-2014 - Psicosocial

Seguro que si, pero de forma distinta se es home ou muller. Os neurocientíficos teñen descuberto evidencias que suxiren que, cando a presión aparece, as mujeres aportan fortalezas únicas á toma de decisións. Neste artigo, cítanse os traballos de 8 investigadores de 6 universidades, 4 estudos con persoas e 2 casos reais.

O Tribunal Constitucional dá a razón a unha funcionaria discriminada por razón de sexo

20-06-2014 - Igualdade

O Tribunal Constitucional deu a razón a unha funcionaria á que non lle recoñeceron os mesmos dereitos que ao resto ao ter que pospor un curso obrigatorio porque lle coincidía coa data de parto. A funcionaria da Administración de Xustiza da Comunidade de Madrid solicitou a equiparación para todos os efectos coas súas compañeiras e compañeiros de promoción ao entender que se vulnerou o dereito á non discriminación por razón de sexo. Esta funcionaria superara o proceso selectivo e tivo que pospor o curso selectivo obrigatorio para tomar posesión da súa praza ao coincidir este con a data do seu parto

A protección da maternidade ábrese camiño, pero persisten enormes déficits a nivel mundial

15-05-2014 - OIT

Desde 1919, cando a Organización Internacional do Traballo (OIT) adoptou o seu primeiro Convenio sobre a protección da maternidade, a maioría dos países adoptaron disposicións en materia de protección da maternidade. Con todo, polo menos 830 millóns de traballadoras aínda non contan cunha protección adecuada, segundo un novo informe da OIT. No seu informe, "A maternidade e a paternidade no traballo: Lexislación e práctica no mundo", a OIT sinala que de 185 países e territorios, 66 comprometéronse con polo menos un do tres convenios sobre protección da maternidade, adoptados en 1919, 1952 e 2000.

Día Internacional da Muller Traballadora

07-03-2014 - 8 de marzo

O denominado Día Internacional da Muller Traballadora leva celebrándose dende hai máis de 100 anos; nesta data recoñécese a función das mulleres e as súas contribucións a sociedade. As mulleres son o 45% da poboación empregada na Unión Europea. A pesares desta alta porcentaxe de mulleres dentro da poboación ocupada, aínda demasiados postos de traballo son deseñados tendo en mente un traballador home. Unha aproximación á seguridade a a saúde no traballo dende unha perspectiva de xénero faise necesaria para facer as vidas laborables das mulleres máis sas, seguros e máis produtivas.

Novos riscos e tendencias na saúde laboral das mulleres

05-02-2014 - IGUALDADE

Este informe presenta unha actualización da investigación previa da Axencia sobre as cuestións de xénero no traballo, que mostrou que a desigualdade tanto dentro coma fóra do lugar de traballo pode ter un efecto sobre a saúde e a seguridade das mulleres no traballo.

A conciliación beneficia á saúde

03-02-2014 - CONCILIACIÓN

Nos países do sur de Europa e nos anglosaxóns, que non dispoñen de bos servizos públicos para o coidado de familiares, os cidadáns teñen peor saúde que nos países nórdicos e do leste de Europa, debido ás altas cargas familiares e laborais. Así o pon de manifesto un estudo do proxecto europeo Sophie.

Segundo un informe da Fundación Europea para a Mellora das Condicións de Vida e Traballo, as mulleres traballan moitas máis horas que os homes

08-01-2014 - IGUALDADE

Este informe subliña a necesidade de realizar unha análise que teña en conta a dimensión do xénero sobre os patróns e tendencias laborais nos mercados de traballo europeos. A pesar de moitos anos de lexislación, seguen existindo diferenzas de xénero en moitos aspectos do mercado laboral: mulleres e homes encontran emprego en diferentes ocupacións e sectores, asinan diferentes contratos, reciben un salario a miúdo diferente e pasan diferentes cantidades de tempo no seu posto.

A redución da xornada por fillos a cargo amplíase dende os 8 ata os 12 anos

27-12-2013 - CONCILIACIÓN

O Goberno ven de aprobar un Real Decreto Ley polo que se amplía en catro anos o período de tempo no que os traballadores poden solicitar unha reducción de xornada para o coidado de fillos. Ata o de agora podía optarse á reducción de xornada ata que o fillo cumpría 8 anos, coa nova norma o prazo extenderase ata os 12 anos, segundo se especifica no apartado cuarto do artigo primeiro, sobre o Fomento do traballo a tiempo parcial e da flexibilidade no tempo de traballo.

Alemaña: maior incidencia nas mulleres dos trastornos relacionados co traballo

14-11-2013 - SAÚDE LABORAL

O Instituto Federal alemán para a Seguridade e Saúde no Traballo (Bundesanstalt für Arbeitsschutz und Arbeitsmedizin, BAuA) en cooperación co Instituto Federal para a Formación Profesional (Bundesinstitut für Berufsbildung BIBB) realizou en 2012 unha enquisa na que se entrevistou a 20.036 traballadores cunha xornada de traballo superior a 10 horas/semana e de cuxos resultados se deduce que as mulleres se ven afectadas por enfermidades relacionadas co traballo con maior frecuencia que os homes.

Exposición a factores psicosociais e xénero

17-10-2013 - Psicosocial

Investigadores da Universitat Pompeu Fabra estudaron como as desigualdades de xénero na exposición aos factores de risco psicosociais derivados do traballo en Europa varían en función do estado do benestar e da clase social ocupacional.

Podería adoptar o estado español un novo horario?

24-09-2013 - CONCILIACIÓN

O Congreso pechou o informe polo que pide ao Goberno un estudo socioeconómico para coñecer en detalle cal sería a incidencia económica global dun posible cambio de fuso horario no estado español, recuperando a antiga vinculación ao fuso horario de Greenwich (unha hora menos). O informe ademais aposta polas xornadas continuas de traballo, cunha breve pausa para comer, para favorecer a vida persoal e laboral.

A volta ao traballo dificulta que as nais lacten tanto tempo como quixeran

05-07-2013 - Maternidade

O 89% das nais do estado español con nenos menores de dous anos dan ou deron de mamar aos seus fillos, indica unha enquisa da Iniciativa Global pola Lactación. Con todo, aínda que as nais consideran que a idade óptima para deixar de dar o peito son os 17 meses, a volta ao traballo e a pouca consideración social obrígalles a parar ao seis meses. Segundo a Organización Mundial da Saúde (OMS) o ideal é que un neno se alimente de forma exclusiva con leite materno durante o seis primeiros meses de vida, e logo pase a combinar este tipo de alimentación con outra, sen abandonala do todo até os dous anos.

Índice de Igualdade de xénero

21-06-2013 - COMISIÓN EUROPEA

O Estado español logrou un aprobado raso, cunha nota de 54 sobre 100, no Índice de Igualdad de Género que publica a Comisión Europea por primeira vez este ano; un resultado que coloca a situación das mulleres do Estado español en liña coa media europea, tamén con 54 puntos, pero lonxe dos países nórdicos, onde os resultados superan os 70 puntos.

Comités de seguimento para supervisar o acceso das mulleres a postos de dirección

19-06-2013 - Igualdade

O Goberno creará comités de seguimento coas empresas -constituídos por representantes da Administración e as compañías- para supervisar o aumento de mulleres nos órganos de dirección, segundo anunciou a ministra de Sanidade, Servizos Sociais e Igualdade, Ana Mato, durante un encontro con representantes de empresas do Ibex 35 na sede do seu departamento.

Conciliar vida familiar e vida laboral

09-05-2013 - IGUALDADE

Máis da metade das nais e os pais cun emprego remunerado fóra de casa recoñecen que lles custa conciliar a súa faceta profesional coa súa vida familiar, en especial no que concirne á educación dos seus fillos, segundo se desprende dun informe elaborado en Estados Unidos polo Pew Research Center.

Alemaña bloquea a cota feminina nos consellos de dirección

08-05-2013 - IGUALDADE

As deputadas da Unión Demócrata Cristiá (CDU) na Cámara Baixa (Bundestag) pregáronse ao ditado da chanceler Angela Merkel e rexeitaron a introdución dunha cota feminina na dirección das grandes empresas alemás

A avaliación dos riscos de lactación en relación ao posto de traballo ha de ser específica

07-05-2013 - MATERNIDADE

A Sala do Social do Tribunal Supremo estimou un recurso de casación para a unificación de doutrina interposto polo Instituto Nacional da Seguridade Social, fronte a unha sentenza ditada polo Tribunal Superior de Xustiza de Galicia, ao considerar que a avaliación dos riscos en caso de lactación natural en relación co posto de traballo ha de ser específica, que alcance á determinación da natureza, grao e duración da exposición.

Cando o traballo se converte nun campo de batalla

07-03-2013 - PSICOSOCIAL

A OIT destaca o tema do acoso sexual no lugar de traballo en ocasión do Día Internacional da Muller o 8 de marzo. O lema este ano é "Deter a violencia no traballo".

O Estado español condenado por violar o dereito dunha nai á xornada reducida

01-03-2013 - Maternidade

O Tribunal Europeo de Dereitos Humáns recoñece o dereito das nais a reducir a xornada laboral para coidar aos seus fillos. A institución, con sede en Estrasburgo, dá a razón a unha muller que chegou a pedir amparo ao Tribunal Constitucional porque o supermercado no que traballaba a tempo completo non aceptou a proposta de redución de xornada que ela presentou para encargarse do seu fillo, menor de seis anos. O Estado deberá agora indemnizala con 16.000 euros máis intereses de demora.

Ata 1.177 traballadores recibiron a prestación por fillos con cancro ou outras enfermidades graves

25-02-2013 - MATERNIDADE E PATERNIDADE

O Ministerio de Emprego e Seguridade Social recoñeceu en 2012 as prestacións por fillos con cancro ou outras enfermidades graves a un total de 1.177 pais e nais traballadores para poder coidar dos seus fillos enfermos, fronte aos 687 de 2011, segundo os últimos datos do Instituto Nacional da Seguridade Social (INSS) e as Mutuas de Accidentes de Traballo e Enfermidade Profesional. Este venres celébrase o Día Internacional do Neno con Cancro.

A Seguridade Social tramitou 298.732 procesos de maternidade e 245.867 de paternidade en 2012

12-02-2013 - MATERNIDADE E PATERNIDADE

A Seguridade Social dedicou un total 1.950 millóns de euros (1.949.456.104,99 €) ao pagamento das prestacións por maternidade (1.741.730.622,84 €) e paternidade (208.725.482,15 €), entre xaneiro e decembro de 2012.

Xénero e cor de pel: unha dobre adversidade no traballo

04-02-2013 - IGUALDADE

As mulleres de minorías étnicas enfrontan unha dobre discriminación no lugar de traballo a causa da cor da súa pel e do seu xénero. Moitas fracasan cando presentan a solicitude de emprego só debido ao seu nome.

El Hospital de Xerez estuda os riscos laborais de traballadoras embarazadas

21-01-2013 - MATERNIDADE

O Hospital de Xerez estudou durante 2012 os riscos laborais de máis de 70 traballadoras embarazadas; este proceso iníciase cando a profesional comunica o seu estado de gravidez á Unidade de Prevención de Riscos Laborais (UPRL) do centro, que valora entón se a tarefa que desempeña pode danar a súa saúde ou a do futuro bebé.

Mulleres e tecnoloxía: diferencias de actitude

09-01-2013 - Igualdade

A ciencia e a tecnoloxía avanzan a un ritmo rápido, e ofrecen novas oportunidades no lugar de traballo. As mulleres, sin embargo, corren o risco de quedar rezagadas. É unha cuestión de actitudes, non de aptitudes. “As mulleres tenden a estar demasiado representadas nas humanidades e nas ciencias sociais, e pouco nas ciencias e na tecnoloxía”, declarou Claude Akpokavie, da Oficina de Actividades para os Traballadores (ACTRAV) da OIT.

Desigualdades de xénero no mercado laboral: Dous pasos cara adiante, un cara atrás

13-12-2012 - IGUALDADE

As disparidades entre sexos nos mercados do traballo a nivel mundial mostraron certa converxencia na primeira parte da última década. Non obstante, esta diferenza aumentou dende que estalou a crise en 2007, segundo un informe da OIT producido en colaboración con ONU Mulleres. A situación varía bastante dunha rexión a outra.

Día Internacional da eliminación da violencia contra a muller

23-11-2012 - PSICOSICIAL

En 1999, a Asemblea Xeral das Nacións Unidas designou o 25 novembro como Día Internacional da Eliminación da Violencia contra a Muller. A violencia contra as mulleres e nenas constitúe un problema de proporcións pandémicas.

Quen traballa máis os homes ou as mulleres?

15-11-2012 - INSHT

Para responder con seriedade á pregunta anterior, é preciso aclarar previamente que entendemos por traballo. Se no concepto se inclúe unicamente a actividade remunerada, na maioría dos países os homes traballan de media máis horas que as mulleres, moitas das cales ocupan empregos a tempo parcial (aínda que non sempre por vontade propia, senón porque non encontran un traballo a tempo completo).

Efectos da crise. Esquecendo a conciliación

01-10-2012 - IGUALDADE

Se hai uns anos unha das principais preocupacións dos traballadores españois era a posibilidade de conciliar, agora apenas se formula. De feito, pasou a un segundo plano. Ou a un terceiro. Ou cuarto. E é que na actualidade, á hora de conceder unha vacante, o conformismo parece unha das cualidades que debe ter un candidato. Así se desprende da Guía Laboral 2012 elaborada por Hays.

Aleitar aos fillos no traballo, un dereito de toda muller

17-09-2012 - OIT

A semana mundial da lactación materna (1-7 de agosto) celebrouse en máis de 170 países co fin de fomentar a práctica e mellorar a saúde dos bebés. A OIT uniuse ás celebracións cun chamado a favor de que as mulleres poidan aleitar os seus fillos no lugar de traballo. Permitir que as mulleres aleiten no traballo é bo para as nais e para os seus nenos, e tamén para os empregadores, afirma a OIT.

As mulleres traballadoras teñen mellor saúde aos 40

29-08-2012 - SAÚDE

O emprego non só reporta un beneficio económico e material, senón tamén repercute de xeito moi beneficioso na saúde física da nai traballadora. Esta é a idea que se desprende dun estudo que acaba de ser publicado na Universidade de Akron e que foi realizado pola profesora asociada de socioloxía Adrianne Frech, que analizou un grupo de máis de dúas mil cincocentas mulleres co obxectivo de descubrir cales mostraban un mellor estado de saúde aos corenta anos. Todas elas foran nais entre 1978 e 1995 e, dubidando da idea que suxire que compatibilizar a maternidade coa carreira laboral remata horadando rapidamente a saúde das mulleres, as que mostraban un mellor estado de saúde eran precisamente as que traballaban.

As mulleres sofren máis precariedade, acoso e discriminación no traballo.

21-08-2012 - IGUALDADE

Investigadores do Centro de Investigación en Saúde Laboral da Universidade Pompeu Fabra analizaron as respostas dos máis de 11.000 traballadores e traballadoras que participaron na última Enquisa Nacional de Condicións de Traballo. O estudo, publicado na revista Gaceta Sanitaria, afirma que a precariedade laboral é máis profunda entre as mulleres.

Traballar moitas horas de pé durante o embarazo pode afectar ao tamaño do bebé

13-08-2012 - SAÚDE LABORAL

As mulleres que pasan longos períodos de pé durante o seu embarazo teñen bebés cuxas cabezas ao nacer son un centímetro (3%) máis pequenas que a media, o que implica unha taxa de crecemento máis lento.

Guía de Conciliación

04-07-2012 - SECRETARÍA DA MULLER - CIG

A Secretaría de Muller da CIG vén de publicar unha Guía sobre Conciliación. Esta guía pretende dar resposta as preguntas máis usuais sobre a maternidade, a paternidade, as prestacións e os permisos relacionados coa conciliación, así como o tratamento da problemática da violencia de xénero e o acoso no traballo. Así mesmo contén medidas, plans e protocolos de igualdade a implantar nas empresas e modelos de solicitude para entregar na empresa.

Protección da maternidade no traballo

02-07-2012 - Gabinete Técnico Confederal de Saúde Laboral - Boletín CIG-Saúde Laboral Núm. 2

Son varios os factores que determinan a necesidade de tratar de maneira específica a seguridade e a saúde das mulleres no traballo. De entrada, é preciso un enfoque dende unha perspectiva de xénero, porque a saúde e a forma de enfermar das mulleres e dos homes é distinta debido a razóns biolóxicas. Calquera posto de traballo pode ser ocupado por unha muller e esta pode estar embarazada ou en período de lactación, situacións que bioloxicamente atinxen só á muller e que requiren dunha protección especial dentro do entorno laboral.

A conciliación aumenta ata un 20% a productividade

19-06-2012 - IGUALDADE

Segundo o "Barómetro Conciliación Edenred do IESE 2012", as empresas que facilitan a conciliación laboral e familiar de forma habitual aos seus empregados conseguen aumentar un 19 por cento a súa produtividade.

O Tribunal Superior recoñece o dereito a unha traballadora a recibir unha prestación por risco durante a lactación materna

24-05-2012 - Maternidade

O Tribunal Supremo recoñeceu o dereito a unha azafata de voo a beneficiarse da denominada prestación de risco durante a lactación materna, dada a imposibilidade material de dar de mamar ao seu bebé polas condicións do seu posto de traballo, que a empresa non se ofreceu a modificar nin a cambiar por outro alternativo. A resolución da Sala do Social Tribunal, confirma a decisión adoptada no seu día polo Tribunal Superior de Xustiza de Madrid (TJM) que estimou as pretensións da azafata a pesar de que estas foran rexeitadas en primeira instancia.

A necesidade da perspectiva de xénero na saúde laboral

10-05-2012 - Gabinete Técnico Confederal de Saúde Laboral - Boletín CIG-Saúde Laboral Núm. 1

A problemática da saúde das mulleres no ámbito laboral continúa abordándose de xeito illado, sen que se tomen en conta as diferenzas e necesidades de mulleres e homes no espazo laboral. O enfoque dominante na saúde segue a ser androcéntrico, e mantén invisíbeis moitos dos riscos para a saúde das mulleres, razón pola cal, se ignoran e non se teñen en conta na prevención.

A Seguridade Social  tramitou 77.685 procesos de maternidade e 65.853 de paternidade no primeiro trimestre do ano 2012.

09-05-2012 - Maternidade e Paternidade

O Instituto Nacional da Seguridade Social (INSS) xestionou 77.685 prestacións económicas por maternidade no primeiro trimestre do ano. Esta cifra indica un descenso do número de procesos por maternidade do -5,15% con respecto ao ano anterior. Do conxunto de prestacións recoñecidas, a maior parte, 76.401, corresponden a permisos gozados pola nai e 1.284 a permisos gozados polo pai.

Protocolo de actuación fronte ao acoso sexual e ao acoso por razón de sexo no ámbito da Administración Xeral do Estado e dos Organismos Públicos vinculados a ela

30-04-2012 - ACOSO

A Lei Orgánica 3/2007, de 22 de marzo, para a Igualdade efectiva de mulleres e homes, supuxo un importante avance no desenvolvemento do dereito constitucional á non discriminación por razón de sexo no ámbito das relacións de traballo: prohibiu expresamente o acoso sexual e o acoso por razón de sexo, e estableceu o compromiso das Administracións Públicas de negociar cos representantes legais dos traballadores un protocolo de actuación para a prevención do acoso sexual e do acoso por razón de sexo.

Protocolo para combater o acoso sexual e sexista no traballo

13-04-2012 - EMAKUNDE

O Instituto Vasco da Muller (Emakunde) puxo a disposición das empresas un protocolo para combater o acoso sexual e sexista no traballo, ante a demanda, por parte das empresas, de asesoramento e pautas a seguir nestes supostos. O protocolo realiza un repaso pola normativa relacionada co acoso sexual e sexista, define ambalas dúas situacións e presenta varios exemplos para a súa mellor comprensión.

A Seguridade Social tramitou 324.405 procesos de maternidade e 269.715 de paternidade no ano 2011.

06-02-2012 - Maternidade e paternidade

A Seguridade Social dedicou máis de 2.049 millóns de euros (2.049.455.478,43) ao pago das prestacións por maternidade (1.824.181.510,39) e paternidade (225.273.968,04), no ano 2011.

RSC. O estado pode axudar ás familias a conciliar traballo e fogar.

24-01-2012 - CONCILIACIÓN

Un equipo de investigadores europeos adoptou un método innovador para investigar como inflúen as políticas públicas na conciliación da vida persoal e profesional en familias con pais traballadores. Os resultados do proxecto dan a coñecer modelos viables para apoiar o emprego activo de nais e pais.

A seguridade no traballo non é igual para as mulleres

23-01-2012 - SAÚDE LABORAL

Os datos xorden dun estudo elaborado pola Axencia Europea de Seguridade e Saúde no Traballo (EU-OSHA) e o Instituto Sindical Europeo (ETUI), que pon de manifesto abertas diferenzas entre os sexos no ámbito laboral.

Novas Directrices para a avaliación de riscos e proteción da maternidade no traballo.

11-01-2012 - MATERNIDADE

Contribuír a facer efectiva unha maternidade segura e saudable no traballo é a finalidade destas Directrices editadas polo INSHT. A publicación pretende ofrecer unhas recomendacións que faciliten a identificación e avaliación dos riscos nestes casos e que permitan a posta en marcha das correspondentes medidas preventivas.

Os permisos de maternidade caen un 33% no primeiro trimestre do ano

29-04-2011 - Maternidade e paternidade

Segundo o Ministerio de Traballo e Inmigración, no primeiro trimestre do ano no estado español, a Seguridade Social xestionou 81.899 prestacións económicas por maternidade, é dicer, un 3,33% menos en relación ao mesmo período do ano 2010.

Mellora da seguridade e da saúde no traballo da traballadora embarazada, que dese a luz ou en período de lactación.

01-12-2010 - Real Decreto 298/2009.

Real Decreto 298/2009, de 6 de marzo, polo que se modifica o Real Decreto 39/1997, de 17 de xaneiro, polo que se aproba o Regulamento dos Servizos de Prevención, en relación coa aplicación de medidas para promover a mellora da seguridade e da saúde no traballo da traballadora embarazada, que dese a luz ou en período de lactación.

Resolución do 23 de Setembro do 2009, da Dirección Xeneral de Traballo.

29-11-2010 - XIII Convenio colectivo interprovincial flores e plantas.

Reunida a Comisión Negociadora do Convenio Interprovincial de Empresas para o Comercio de Flores e Plantas, procédese a dar cumprimento ao disposto no art. 25 sobre a creación da Comisión Sectorial de Seguridade e Saúde, e á Disposición Final Quinta sobre Igualdade de Oportunidades. Acórdase respecto diso a firma dos seguintes documentos que se incorporan ao texto do Convenio Colectivo Interprovincial de Empresas para o Comercio de Flores e Plantas. 1. Constitución e Regulamento da Comisión de Seguridade e Saúde no Sector das Empresas do Comercio de Flores e Plantas. 2. Documento sobre medidas de Igualdade de Trato e de Oportunidades entre Mulleres e Homes, de conformidade coa O 3/2007, de 22 de marzo, para a Igualdade Efectiva de Mulleres e Homes

Empregamos cookies de terceiros para xenerar estatísticas da audiencia (GOOGLE ANALITICS), para o traductor de idiomas (GOOGLE), acollido a “Privacy Shield”.
Se continuas navegando estarás aceitando o seu emprego. Aceptar | Mais información
Confederación Intersindical Galega - Miguel Ferro Caaveiro 10, Santiago de Compostela Versión anterior da páxina Foros Biblioteca Privacidade RSS