Aleitar aos fillos no traballo, un dereito de toda muller17-09-2012 - OITA semana mundial da lactación materna (1-7 de agosto) celebrouse en máis de 170 países co fin de fomentar a práctica e mellorar a saúde dos bebés. A OIT uniuse ás celebracións cun chamado a favor de que as mulleres poidan aleitar os seus fillos no lugar de traballo. Permitir que as mulleres aleiten no traballo é bo para as nais e para os seus nenos, e tamén para os empregadores, afirma a OIT. | ![]() |
|---|
"O dereito a seguir aleitando -cando se regresa ao traballo despois do permiso de maternidade- é importante para a saúde da nai e sobre todo para a do seu fillo, declarou Manuela Tomei, quen dirixe o Departamento da Protección dos traballadores da OIT.
A
lactación materna é o mellor xeito de proporcionar aos recén
nacidos as substancias nutritivas que necesitan, de acordo coa
Organización Mundial da Saúde (OMS), que recomenda a lactación
materna exclusiva ata que o bebé cumpre os seis meses, e a
continuación do aleitamento, coa introdución de alimentos
complementarios, ata os dous anos.
"Os empregadores que
outorgan ás nais o tempo para aleitar, e destinan un espazo para tal
propósito coas condicións hixiénicas axeitadas, benefícianse en
termos de aumento da produtividade debido a unha diminución do
absentismo por licenza parenteral (grazas á boa saúde dos bebés),
unha taxa máis alta de regreso ao traballo e unha mellor moral dos
empregados" sinalou Tomei.
Un informe publicado pola OIT en
2010, titulado "A maternidade" no traballo: Exame da
lexislación nacional", indica que a lexislación, en polo menos
92 países, establece pausas para o aleitamento, ademais das
interrupcións regulares, para as nais en período de lactación. O
tempo concedido é de polo menos unha hora, xeralmente distribuído
en dúas pausas de trinta minutos cada unha.
Pero moitas nais aínda teñen que decidir entre regresar ao traballo e abandonar a lactación ou asumir o risco de perder o emprego.
Ata
a data, 25 países ratificaron o Convenio da OIT sobre a protección
da maternidade (núm. 183), o cal establece, entre outras
disposicións, polo menos unha pausa ao día para a lactación ou
unha redución das horas de traballo para permitir o aleitamento.
O
apoio do lugar de traballo ás mulleres que aleitan foi unha
disposición fundamental da protección da maternidade a partir do
primeiro Convenio sobre a protección da maternidade (núm. 3) en
1919.
O Convenio núm. 183, adoptado pola conferencia anual da
OIT en 2000, vincula legalmente aos países que o ratificaron. A OIT
adoptou ademais unha ratificación que establece que, na medida do
posible, deberían poñerse a disposición estruturas para a
lactación materna no lugar de traballo ou preto deste.
"A
muller ten dereito a unha ou varias interrupcións por día ou a unha
redución diaria do tempo de traballo para a lactación do seu fillo".
Convenio núm. 183 da OIT, 2000, artigo 10 (1)
"O
período en que se autorizan as interrupcións para a lactación ou a
redución diaria do tempo de traballo, o número e a duración desas
interrupcións e as modalidades relativas á redución diaria do
tempo de traballo serán fixados pola lexislación e a práctica
nacionais. Estas interrupcións ou a redución diaria do tempo de
traballo deben contabilizarse como tempo de traballo e remunerarse en
consecuencia".
Convenio núm. 183 da OIT, 2000, artigo 10
(2)
"Cando sexa posible, e co acordo do empregador e da
muller interesada, as interrupcións diarias para a lactación
deberían poder ser agrupadas nun só lapso de tempo para permitir
unha redución das horas de traballo, ao comezo ou ao final da
xornada".
Recomendación núm. 191 da OIT, 2000, parágrafo
8
"Cando sexa posible, deberían adoptarse disposicións
para establecer instalacións que permitan a lactación en condicións
de hixiene axeitadas no lugar de traballo ou preto deste".
Recomendación núm. 191 da OIT, 2000, parágrafo 9
Fonte
OIT