I Plan de igualdade da Xunta de Galiza13-11-2023 - DOGO I Plan de igualdade da Xunta de Galiza presenta un conxunto ordenado de medidas avaliables dirixidas a remover os obstáculos que poidan dificultar a igualdade efectiva de mulleres e homes, e a eliminar calquera fonte de discriminación por razón de sexo na Administración Xeral da Xunta de Galiza. Os obxectivos específicos preséntanse en 8 eixes básicos de actuación |
|---|
O I Plan de igualdade da Xunta de Galiza presenta un conxunto ordenado de medidas avaliables dirixidas a remover os obstáculos que poidan dificultar a igualdade efectiva de mulleres e homes, e a eliminar calquera fonte de discriminación por razón de sexo na Administración Xeral da Xunta de Galiza. Estas medidas abranguen todos os eidos de competencia e desenvolvemento da AXXG - Administración Xeral da Xunta de Galicia -e inclúen a súa descrición, o prazo de execución, prioridade e os recursos necesarios para a súa implantación, seguimento e avaliación. No seu conxunto, constitúen un plan director que permite avanzar cara a uns obxectivos xenéricos:
– Garantir o principio de igualdade de oportunidades entre as mulleres e os homes no acceso e desenvolvemento do seu posto de traballo e nas políticas retributivas para postos de igual valor.
– Aplicar a perspectiva de xénero en todas as áreas, políticas e procesos de toma de decisións da AXXG de xeito transversal.
– Monitorizar o cumprimento das políticas de igualdade xa vixentes e controlar a implantación e efectividade das novas propostas.
– Establecer un conxunto de boas prácticas que favorezan a presenza equilibrada de mulleres e homes na AXXG, tanto dende unha perspectiva horizontal –de repartición do desempeño de tarefas e funcións– coma vertical, nos distintos niveis de responsabilidade.
– Establecer un conxunto de medidas que favorezan a conciliación coa vida laboral, persoal e familiar, promovendo a corresponsabilidade.
– Garantir unha contorna de traballo segura e saudable, libre de comportamentos indesexados, calquera que sexa a fonte de acoso ou discriminación.
– Garantir nos plans e medidas de saúde laboral e prevención de riscos a perspectiva de xénero.
Favorecer a sensibilización das persoas que traballan no seo da AXXG para erradicar calquera tipo de violencia, calquera que sexa a súa fonte.
Os obxectivos específicos preséntanse como eixes básicos de actuación:
– Eixe 1. Compromiso coa igualdade.
– Eixe 2. Acceso ao emprego público e provisión de prazas.
– Eixe 3. Condicións de traballo e promoción profesional.
– Eixe 4. Saúde laboral e prevención de riscos.
– Eixe 5. Retribucións.
– Eixe 6. Formación, información e sensibilización.
– Eixe 7. Tempo de traballo, corresponsabilidade e medidas de conciliación da vida persoal, familiar e laboral.
– Eixe 8. Atención a situacións de especial protección: violencia de xénero, acoso sexual, acoso ou discriminación por razón de sexo e da orientación ou identidade sexual.
Ligazón á RESOLUCIÓN do 27 de outubro de 2023 pola que se publica o I Plan de igualdade da Xunta de Galicia.