A muller na xestión empresarial18-05-2015 - OITInforme realizado pola Oficiña de Actividades para os Empregadores (ACT/EMP) da OIT, co obxecto de amosar os beneficios que poden obter as empresas que recoñecen e apoian o talento das mulleres. O documento destaca a importancia que para o crecemento económico e o desenvolvemento ten a presenza da muller no mundo laboral tanto a nivel social como empresarial. | ![]() |
|---|
No informe pode atoparse información actualizada sobre a muller na xestión empresarial. A pesares de que o nivel educativo das mulleres supera ao dos homes en case todas as rexións, de cada vez están máis presentes nas direccións das empresas e de que adoptan decisións sobre gastos de consumo, aínda deben superar importantes trabas para chegar a ocupar cargos directivos nas empresas, quedando apartadas das principais decisións económicas. No documento examínanse iniciativas destinadas a cuestionar os estereotipos de xénero, determinadas culturas empresariais e as escasas medidas de conciliación entre traballo e familia; así mesmo, tamén se incita a observar traxectorias profesionais de homes e mulleres co fin de detectar e eliminar prexuízos sexistas.
Aínda que o recoñecemento das capacidades das mulleres no traballo está por conquerir, no informe saliéntanse os recursos, estruturas creadas e boas práticas existentes que fan que se progrese lentamente neste eido.
Ligazón á Versión resumida do Informe Mundial: A muller na xestión empresarial. Cobrando impulso (44 páxinas. 3,5 Mb)