A conciliación como factor determinande á hora de elexir traballo01-10-2018 - CONCILIACIÓNSegundo o informe Randstad Employer Brand Research 2018, no que se analizan os factores que farían que un profesional elixise unha ou outra empresa para desenvolver a súa carreira laboral, para o 55 % dos/as traballadores/as do Estado español, a conciliación é un factor determinante para elixir a empresa na que traballa. | ![]() |
|---|
Con porcentaxes inferiores ao dos/as empregados/as españois, Rusia (32 %), República Checa (34 %), Alemaña (36 %) e Austria (38 %) son os países nos que os/as traballadores/as conceden menor importancia á conciliación entre vida laboral e persoal á hora de elixir unha compañía na que desenvolver a súa carreira.
Un salario atractivo é o primeiro factor para elixir unha empresa na que traballar, tanto para os profesionais españois (63%) como a nivel internacional (60%). Este factor, que perdera peso en 2017 (58 %) a nivel internacional, volve crecer, pero sitúase por baixo dos valores rexistrados en 2016 (61 %) e 2015 (63 %).
A seguridade laboral é o segundo factor para os/as traballadores/as á hora de escoller unha empresa (48 %), que descende o seu peso en catro puntos porcentuais desde 2015 (52%).
Tras a conciliación entre vida laboral e persoal, sitúase o feito de dispoñer dun bo ambiente de traballo (44 %), factor que tamén descende nos últimos anos. Os/as traballadores/as tamén consideran importante as oportunidades de carreira profesional (38 %) e a saúde financeira da empresa (34 %).
Por último, a flexibilidade é importante para un 32 % dos profesionais e sitúase como o factor que máis aumenta no últimos catro anos (29 %).
Fonte: RRHHpress