A conciliación aumenta ata un 20% a productividade19-06-2012 - IGUALDADESegundo o "Barómetro Conciliación Edenred do IESE 2012", as empresas que facilitan a conciliación laboral e familiar de forma habitual aos seus empregados conseguen aumentar un 19 por cento a súa produtividade. | ![]() |
|---|
De acordo con este estudo, os empregados destas organizacións síntense 4 veces máis comprometidos coa súa empresa e menos dispostos a cambiarse de traballo que en ámbitos que a dificultan sistematicamente.
Os traballadores máis novos, ata os 28 anos, son os únicos que priorizan conservar o posto de traballo en ámbitos que non favorecen a conciliación. En España, as mulleres xefas son mellor valoradas en xeral, polo seu empregados, que se sinten mellor comprendidos, escoitados e valorados que cando o xefe é un home.
O estudo pon
de manifesto que un 40 por cento dos traballadores no mundo non están
comprometidos coa súa empresa, aínda que un 95 por cento dos que
traballan en ámbitos que favorecen a conciliación si o están,
fronte ao 60 por cento dos que traballan en empresas que non a
favorecen.
En xeral, a insatisfacción dos colaboradores nun
ámbito laboral que non facilita a conciliación é 7 veces maior que
en ámbitos que si a favorecen.
O barómetro tamén mostra un
maior compromiso coa súa empresa por parte dos empregados con
fillos. De feito, cando a empresa facilita habitualmente a
conciliación, o compromiso dos empregados con fillos é total, dun
100 por cento, mentres que nas mesmas circunstancias o compromiso dos
empregados sen fillos é dun 84 por cento. Non obstante, cando a
empresa non facilita a conciliación, o compromiso dos empregados
baixa ao 23 por cento e 22 por cento respectivamente.
En xeral, o
compromiso das mulleres é maior que o dos homes. O 80 por cento das
mulleres móstranse comprometidas cando teñen outra muller como
xefa, e só un 57 por cento cando o xefe é un home.
Estes datos
despréndense do Barómetro de Conciliación Edenred-IESE 2012, un
estudo elaborado sobre unha mostra de máis de 7.000 enquisas a
traballadores e traballadoras de 23 países con diferentes situacións
familiares, graos de responsabilidade e idades.
Ligazón ao documento Efectos da conciliación no compromiso, a satisfacción e o salario emocional, no que se recolle a metodoloxía empregada, os datos demográficos a síntese de resultados e as conclusións do estudo realizado.
Máis información en ElEconomista.es