As mulleres no traballo. Tendencias 201615-03-2016 - OITA OIT ven de publicar o informe "As mulleres no traballo. Tendencias 2016" no que se reflexiona sobre a situación das mulleres no mercado laboral a partir de datos recientes sobre o seu posicionamento. Así no texto constátase que os progresos realizados polas mulleres no eido educativo seguen sen traducirse ene melloras nas súas posicións de traballo en moitos lugares do mundo. | ![]() |
|---|
Se comparamos a súa situación laboral coa dos homes, as mulleres teñen máis probabilidades de estar en situación de desemprego e no mercado laboral adoitan ter empregos de peor calidade.
Segundo se indica no enlace da OIT ao documento, segue a ser determinante na situación laboral das mulleres, o reparto desigual entre homes e mulleres en relación ás obrigas domésticas e de coidado familiar.
Ligazón ao texto completo (en inglés) Women at work trends 2016
Ligazón ao resumo (en castelán) "As mulleres no traballo. Tendencias 2016"