Perspectivas sociais e do emprego no mundo: tendencias do emprego feminino 201724-07-2017 - OITDocumento elaborado pola OIT que examina as tendencias e brechas globais e locais do mercado de traballo, incluíndo as taxas de participación na forza de traballo, as taxas de desemprego, a situación laboral, así como a segregación sectorial e ocupacional. Tamén presenta unha análise global en profundidade dos principais impulsores da participación feminina na forza de traballo, investigando as preferencias persoais das mulleres, as normas societarias de xénero e as limitacións socioeconómicas ás que se enfrontan as mulleres. |
|---|
Como conclusión o informe indica que o peche destas brechas no mercado de traballo daría beneficios económicos significativos en termos de crecemento do PIB e, ao mesmo tempo, melloraría o benestar individual en múltiples dimensións. Con todo, no informe constátase a existencia de importantes restricións socioeconómicas e de xénero que inflúen na decisión da muller de participar. En consecuencia, o informe introduce un marco xeral para abordar as causas destas diferenzas de xénero e esboza unha serie de recomendacións de política para mellorar os resultados do mercado de traballo das mulleres.
Ligazón ao informe Perspectivas sociais e do emprego no mundo: tendencias do emprego feminino 2017 (formato pdf; en inglés)
Ligazón ao resumo (en castelán)