Co financiamento de:
/ Igualdade

Día Internacional da Muller traballadora

08-03-2023 - 8M-DÍA INTERNACIONAL DA MULLER TRABALLADORA

O Día Internacional da Muller Traballadora leva celebrándose dende hai máis de 100 anos; nesta data recoñécese a función das mulleres e as súas contribucións á sociedade. Polo xeral son mellores estudiantes, sacan mellores notas, chegan en maior número á universidade e, sen embargo iso non se reflicte no mercado laboral. Se temos en consideración os últimos datos, a progresiva equiparación de mulleres e homes ao mercado laboral non se corresponde cunha similar presenza dos homes no ámbito doméstico e de coidado da familia. As mulleres seguen a ser as que máis concilian.

A Secretaría da Muller da CIG conmemora o 8 de marzo, Día Internacional da Muller Traballadora, baixo o lema “A crise non a imos pagar as traballadoras”

Mobilizacións convocadas

EU-OSHA: Os lugares de traballo poden axudar a detectar a violencia doméstica e apoiar ás vítimas

O 8 de marzo, a EU-OSHA reafirma a súa posición en favor do dereito das mulleres e as nenas para vivir e traballar sen violencia, tanto no mundo virtual como no real. A Axencia Europea presenta un documento sobre o impacto que a violencia doméstica ten no lugar de traballo. Os abusos afectan á saúde, o benestar e a produtividade das vítimas. A miúdo provoca perturbacións na carreira profesional e pode chegar a afectar aos/as compañeiros/as de traballo e aos/as empregadores/as. Esta publicación presenta os marcos de acción nacionais e da UE e ofrece suxerencias concretas sobre medidas no lugar de traballo para detectar que mulleres atópanse en situación de risco e apoiar ás sobreviventes.

Ligazón: EU-OSHA: Os lugares de traballo poden axudar a detectar a violencia doméstica e apoiar ás vítimas

 

Empregamos cookies de terceiros para xenerar estatísticas da audiencia (GOOGLE ANALITICS), para o traductor de idiomas (GOOGLE), acollido a “Privacy Shield”.
Se continuas navegando estarás aceitando o seu emprego. Aceptar | Mais información
Confederación Intersindical Galega - Miguel Ferro Caaveiro 10, Santiago de Compostela Versión anterior da páxina Foros Biblioteca Privacidade RSS