Co financiamento de:
/ Igualdade

Pautas para a integración da perspectiva de xénero na prevención de riscos laboráis. Ferramentas para a súa implantación

20-10-2021 - ISSGA

Este documento forma parte da campaña do ISSGA para sensibilizar e difundir as pautas para una integración transversal das cuestións de xénero a través dun documento técnico con ferramentas prácticas. Os obxectivos estratéxicos desta publicación son promover a integración efectiva da perspectiva de xénero na seguridade e saúde no traballo, abordar as diferenzas entre mulleres e homes no mundo laboral e difundir os criterios científico-técnicos para o control dos riscos.

Trátase dun documento técnico que ten en conta os principais problemas que atopan as organizacións ao enfrontar o reto da integración da perspectiva de xénero na súa xestión preventiva. Desenvolveuse coa axuda de empresas e en colaboración co Osalan.

Está configurado dun xeito práctico con ferramentas de axuda en forma de baterías de preguntas, para axudar as empresas e organizacións a reflexionar sobre o tema, identificar deficiencias e necesidades, definir accións e realizar un seguimento do proceso.

Ofrece una serie de recomendacións e pautas metodolóxicas para axudar ás organizacións nas distintas etapas da súa xestión preventiva, de maneira que integren o enfoque de xénero en cada unha delas.

A necesidade de aplicar a perspectiva de xénero á seguridade e a saúde no traballo débese á evidencia crecente de que os riscos laborais e as patoloxías causadas por eles lles afectan de maneira desigual aos homes e ás mulleres.

Á hora de facer prevención é obrigado, xa que logo, reflexionar sobre como abordar todas estas diferenzas que se producen entre os distintos colectivos de mulleres e homes para dar resposta á diversidade de realidades no mundo do traballo.

A integración da perspectiva de xénero na prevención de riscos laborais pasa necesariamente por investigar as áreas relevantes para as mulleres traballadoras —que até o momento non foron suficientemente abordadas—, non subestimar os riscos laborais aos que se expoñen, reducir a súa falta de participación nas decisións sobre saúde laboral e garantir que as medidas preventivas adoptadas sexan as idóneas.

Este manual permite agrupar nunha única tarefa os ámbitos do emprego e da igualdade, e identificar como meta común lograr facer real e efectivo o principio de integración da igualdade de oportunidades entre mulleres e homes.

Supón a oportunidade de poñer ao dispor do tecido empresarial galego un instrumento para a mellora da xestión preventiva dos riscos laborais, respectando unha visión de igualdade efectiva nos centros de traballo.

Ligazón ao documento Pautas para a integración da perspectiva de xénero na prevención de riscos laboráis. Ferramentas para a súa implantación

 

Empregamos cookies de terceiros para xenerar estatísticas da audiencia (GOOGLE ANALITICS), para o traductor de idiomas (GOOGLE), acollido a “Privacy Shield”.
Se continuas navegando estarás aceitando o seu emprego. Aceptar | Mais información
Confederación Intersindical Galega - Miguel Ferro Caaveiro 10, Santiago de Compostela Versión anterior da páxina Foros Biblioteca Privacidade RSS