Co financiamento de:
/ Igualdade

Mulleres no sector agrario

09-05-2022 - INSST

O obxectivo deste tríptico do INSST é chamar a atención sobre a posible relación entre o sexo da persoa traballadora e os factores de risco existentes no sector agrario, considerando tanto as diferenzas biolóxicas como outros aspectos entre os que cabe destacar os factores psicosociais e os reprodutivos asociados á maternidade.

Existe unha percepción xeral, apoiada por diferentes estudos, de que as mulleres se accidentan e enferman de maneira diferente que os homes. No sector agrario, ademais, obsérvase unha segregación de tarefas que fai que o traballo da muller sexa pouco visible.

É fundamental garantir a igualdade de oportunidades desde unha perspectiva de xénero que considere todos os aspectos relacionados coa seguridade e a saúde no traballo neste sector, dende o coñecemento e aceptación das diferenzas biolóxicas entre ambos.

Ligazón ao tríptico "Mulleres no sector agrario"

Empregamos cookies de terceiros para xenerar estatísticas da audiencia (GOOGLE ANALITICS), para o traductor de idiomas (GOOGLE), acollido a “Privacy Shield”.
Se continuas navegando estarás aceitando o seu emprego. Aceptar | Mais información
Confederación Intersindical Galega - Miguel Ferro Caaveiro 10, Santiago de Compostela Versión anterior da páxina Foros Biblioteca Privacidade RSS