Co financiamento de:
/ Igualdade

Protocolo para a prevención e actuación fronte ao acoso sexual e acoso por razón de sexo no ámbito laboral

02-11-2021 - MINISTERIO IGUALDADE

O acoso sexual e o acoso por razón de sexo, así como todo trato desfavorable relacionado co embarazo, a maternidade, paternidade ou asunción doutros coidados familiares considérase discriminatorio e está expresamente prohibido pola Lei Orgánica 3/2007, do 22 de marzo, para a igualdade efectiva de mulleres e homes. Tanto o Estatuto dos Traballadores, como o Estatuto Básico do Empregado Público e a Lei de Infraccións e Sancións da Orde Social consideran o acoso sexual e o acoso por razón de sexo como infracción moi grave, podendo ser causa de despedimento disciplinario da persoa acosadora e causa xusta para que a vítima solicite a resolución do contrato de traballo.

O acoso sexual pode, ademais, ser constitutivo de delito conforme ao previsto en Código penal con pena de prisión ou multa.

Todas as empresas, sexan do tamaño que sexan, teñen a obrigación legal de promover condicións de traballo que eviten o acoso sexual e o acoso por razón de sexo, arbitrando procedementos específicos para a súa prevención, así como para dar leito ás denuncias ou reclamacións.

A prevención do acoso sexual e por razón de sexo é unha das materias que deben figurar no diagnóstico do plan de igualdade e o procedemento de actuación formará parte da negociación do mesmo.

Para facilitar a implantación do procedemento de actuación, o Instituto das Mujeres elaborou o Protocolo para a prevención e actuación fronte ao acoso sexual e acoso por razón de sexo no ámbito laboral. Manual de referencia.

Este Manual de referencia recolle dous modelos de protocolo descargables, co fin de que sirvan de referencia ás empresas e outras entidades. Cada modelo, considerado individualmente, configúrase como un instrumento eficaz e directamente aplicable polas empresas ou organizacións en función das súas características, en particular, en relación ao seu tamaño e á obrigación de elaborar un plan de igualdade. Pódense descargar tamén en formato editable a través das seguintes ligazóns:

- Modelo de protocolo para a prevención e actuación fronte ao acoso sexual e o acoso por razón de sexo para empresas que elaboren un plan de igualdade (obrigatorio ou voluntario). Ligazón ao modelo editable dende a páxina do Ministerio de Igualdade

- Modelo de protocolo para a prevención e actuación fronte ao acoso sexual e o acoso por razón de sexo para empresas de menor tamaño que carezan de plan de igualdade. Ligazón ao modelo editable dende a páxina do Ministerio de Igualdade


Empregamos cookies de terceiros para xenerar estatísticas da audiencia (GOOGLE ANALITICS), para o traductor de idiomas (GOOGLE), acollido a “Privacy Shield”.
Se continuas navegando estarás aceitando o seu emprego. Aceptar | Mais información
Confederación Intersindical Galega - Miguel Ferro Caaveiro 10, Santiago de Compostela Versión anterior da páxina Foros Biblioteca Privacidade RSS