Conciliar vida familiar e vida laboral09-05-2013 - IGUALDADEMáis da metade das nais e os pais cun emprego remunerado fóra de casa recoñecen que lles custa conciliar a súa faceta profesional coa súa vida familiar, en especial no que concirne á educación dos seus fillos, segundo se desprende dun informe elaborado en Estados Unidos polo Pew Research Center. | ![]() |
|---|
Este estudo, que pertence a unha serie de estatísticas analizadas por esta institución especializada en tendencias sociais e completada con material da oficina norteamericana do censo, evidencia que os homes triplicaron o tempo que pasan cos seus nenos dende 1965.
Non obstante, a diferenza entre sexos segue sendo enorme, xa que elas inverten o dobre de horas.
A situación no estado español tamén debería mellorar, de acordo coa advertencia que en 2011 se formulou dende a Organización para a Cooperación e o Desenvolvemento Económico (OCDE).
Un ano despois, o 70% de 400 directivas de distintas firmas enquisadas pola empresa de recursos humanos Adecco relegaba ao país á última posición na clasificación continental nesta área.
Xa en 2013, organismos como a Eurocámara ou a mesma OCDE insistían en que, por culpa dos recortes aplicados para combater a crise, os avances conseguidos durante décadas corren un risco serio. Non en van o 36% dos cidadáns do estado español cre que a denominada política de austeridade dificulta a conciliación.
e-saludable.com