As mulleres e a economía: 30 anos despois da Declaración de Pequín07-03-2025 - OITEste informe da OIT conmemora o 30º aniversario da Declaración e Plataforma de Acción de Pequín proporcionando unha instantánea estatística exhaustiva da igualdade de xénero no mundo do traballo. Pon de relevo que, aínda que se realizaron progresos, estes foron desiguais e insuficientes, e que as diferenzas mundiais entre homes e mulleres en materia de emprego só se reduciron en 4 puntos porcentuais en tres decenios. As mulleres seguen estando infra-representadas no emprego, sobre-representadas no traballo informal, e enfróntanse a persistentes diferenzas salariais. |
|---|
Treinta anos despois de que a Declaración e Plataforma de Acción de Pequín estabelecesen unha ambiciosa axenda para a igualdade, as mulleres aínda enfrontan importantes barreiras na economía, segundo Women and the economy: 30 years after the Beijing Declaration (As mulleres e a economía: 30 anos despois da Declaración de Pequín), un novo informe da Organización Internacional do Traballo (OIT) publicado con ocasión do Día Internacional da Muller.
A pesar de que as diferenzas en materia de emprego entre mulleres e homes reducíronse de 27,1 a 23,1 puntos porcentuais dende 1991, as taxas de emprego das mulleres seguen estando moi por baixo das dos homes, con só o 46,4% das mulleres en idade de traballar empregadas en 2024, fronte ao 69,5% dos homes. Ao ritmo actual de progreso, alcanzar a igualdade nas taxas de emprego levaría case dous séculos.
Aínda que cada vez son máis as mulleres novas que cursan estudos e reciben formación, isto non se traduciu en avances significativos no mercado laboral. As mulleres só ocupan o 30% dos postos directivos en todo o mundo, cunha modesta mellora nas dúas últimas décadas.
As mulleres seguen estando sobrerrepresentadas en sectores mal pagos como a enfermería e o coidado de nenos, mentres que os homes dominan campos como o transporte e a mecánica. Tamén seguen tendo uns ingresos medios máis baixos e menos horas de traballo remunerado en todo o mundo, e están sobrerrepresentadas no emprego informal nos países de renda baixa e media-baixa.
Doutra banda, avanzouse na redución da brecha salarial entre mulleres e homes: anualmente, as mulleres empregadas (incluíndo tanto ás asalariadas como ás autónomas) gañarán 77,4 centavos por cada dólar gañado polos homes en 2024, o que segue sendo unha brecha significativa, pero supón unha mellora respecto a os 70,1 centavos de 2004.
«Tres décadas despois de que os líderes mundiais reunísense en Pequín e comprometésense a facer avanzar os dereitos das mulleres en todo o mundo, seguen existindo importantes desafíos para cumprir a Declaración de Pequín», explicou Sukti Dasgupta, Directora do Departamento de Condicións de Traballo e Igualdade da OIT.
«Aínda que se realizaron progresos, millóns de mulleres seguen enfrontándose a obstáculos persistentes para acceder a un traballo decente, permanecer nel e progresar. Necesítanse reformas urxentes para abordar a desigualdade nas responsabilidades do coidado de persoas, as diferenzas salariais entre mulleres e homes, e a violencia e o acoso no mundo do traballo, factores que seguen facendo que os lugares de traballo sexan máis desiguais e menos seguros para as mulleres», dixo.
O informe presenta as tendencias mundiais no emprego e as condicións de traballo de mulleres e homes, destacando as desigualdades persistentes, a miúdo exacerbadas por factores como a condición de migrante ou discapacitado. Tamén subliña as barreiras sistémicas ás oportunidades de emprego das mulleres e as condicións de traballo decentes, que se derivan de desigualdades estruturais profundamente arraigadas, normas sociais discriminatorias e políticas económicas que non teñen en conta as diferentes necesidades das mulleres e os homes.
Ligazón ao informe As mulleres e a economía: 30 anos despois da Declaración de Pequín
Ligazón á nova na paxina web da OIT
Ligazón OIT Día Internacional da Muller