Mulleres e tecnoloxía: diferencias de actitude09-01-2013 - IgualdadeA ciencia e a tecnoloxía avanzan a un ritmo rápido, e ofrecen novas oportunidades no lugar de traballo. As mulleres, sin embargo, corren o risco de quedar rezagadas. É unha cuestión de actitudes, non de aptitudes. “As mulleres tenden a estar demasiado representadas nas humanidades e nas ciencias sociais, e pouco nas ciencias e na tecnoloxía”, declarou Claude Akpokavie, da Oficina de Actividades para os Traballadores (ACTRAV) da OIT. | ![]() |
|---|
Para a
Directora da Oficina para a Igualdade de Xénero da OIT, Jane Hodges, a
disparidade entre homes e mulleres neste ámbito está relacionada coa
asignación dos roles e as actitudes de xénero arraigadas en diversas
sociedades, as cales incitan ás mozas a seguir materias máis “suaves”. Esto pode ser constatado tanto no mundo en desenvolvemento como no
desenvolvido.
“É moito menos probable que as mozas estudien inxeñería ou informática ou
ciencias físicas”, explicou Hodges.
“Os estereotipos femininos representan ás mozas como menos interesadas ou
capaces en certas materias, como matemáticas ou ciencias. Esto, inevitablemente
reduce o seu acceso a empregos con mellores salarios ou mercados laborais que poidan
ofrecer mellores oportunidades”.
Sin embargo, segundo Hodges, cando se estimula a participación nos
estudios científicos baixo condicións de igualdade, as mozas sobresaen.
A discriminación en cifras
As mulleres obteñen máis da metade
dos títulos universitarios nos países OCDE, pero reciben só o 30 por
cento dos diplomas en ciencias e tecnoloxía.
“A porcentaxe de licenciadas que se adican á investigación científica é
aínda menor, representan menos do 30 por cento de tódolos investigadores de
ciencias e tecnoloxía na maior parte dos países OCDE, e só 12 por cento en Xapón e a República de Corea”; agregou Hodges.
“Aínda
cando as mulleres ocupan máis do 60 por cento dos empregos no sector das tecnoloxías da comunicación nos países OCDE, só entre 10 e 20 por
cento delas son programadoras informáticas, enxeñeiras, analistas ou
deseñadoras de sistemas. A educación e a formación profesional – así como un
cambio nas actitudes – son indispensables para garantir que as mulleres non
queden atrás”.
Fonte: OIT