Brechas entre mulleres e homes no ámbito laboral11-02-2026 - INSTITUTO DAS MULLERES-MINISTERIO DE IGUALDADESegundo a infografía do terceiro trimestre de 2025 publicada polo Instituto das Mulleres as tasas de actividade, emprego e paro das mulleres son significativamente peores que as dos homes. A parcialidade segue afectando en maior medida ás mulleres. A distribución de mulleres e homes por ramas de actividade, mostra a segregación horizontal que aínda persiste no mercado laboral e as mulleres teñen unha maior presencia en sevizos sanitarios, sociais, educativos e de coidados. | ![]() |
|---|
Algúns datos destacados do 3º trimestre de 2025
A taxa de emprego das mulleres foi do 48,09% vs. 58,38% en homes.
O 72,27tempor% das persoas empregadas a tempo parcial son mulleres.
O 55,28% dos contratos temporais corresponden a mulleres.
Un 18,26% de mulleres que traballan a xornada parcial, fano por coidados familiares, fronte ao 3,15% de homes.
A brecha salarial entre mulleres e homes é do 15,7%.
Ligazón á inforgrafía “Mulleres e traballo” (3º Trimestre 2025)
Infografías anteriores:
Ligazón á infografía “Mulleres e traballo” (2º Trimestre 2025)
Ligazón á infografía “Mulleres e traballo” (1º Trimestre 2025)
A serie de infografías “Mujeres e traballo” xorde co propósito de presentar, de
forma clara e actualizada, datos sobre os principais indicadores laborais entre
mulleres e homes. Nos contidos que se presentan atoparás información relativa a
taxas de actividade, emprego e paro, tipos de xornada e de contratos,
segregación do mercado laboral ou coidados, entre outras.