Financiado por:
/ Igualdade

Os permisos de maternidade caen un 33% no primeiro trimestre do ano

29-04-2011 - Maternidade e paternidade

Segundo o Ministerio de Traballo e Inmigración, no primeiro trimestre do ano no estado español, a Seguridade Social xestionou 81.899 prestacións económicas por maternidade, é dicer, un 3,33% menos en relación ao mesmo período do ano 2010.

Do conxunto de prestacións recoñecidas, 80.473 corresponden a permisos disfroitados polas nais e 1.426 polos país.

 

En relación ao permiso de de paternidade – vixente desde o 24 de marzo do 2007 e que é independente do da nai e compatible co disfroite por parte do pai do permiso de maternidade -, ao longo do ano 2011 xestionáronse 69.900 procesos, cunha diminución do 0,16% respeito do ano anterior.

 

Por outra banda, entre xaneiro e marzo do 2011 rexistráronse 9.137 excedencias por coidado de familiar (fronte ás 9.411 do 2010), das casi 8.590 foron solicitadas por mulleres e 547 por homes.

Confederación Intersindical Galega - Miguel Ferro Caaveiro 10, Santiago de Compostela Versión anterior da páxina Foros Biblioteca RSS