Galiza lidera un proxecto europeo para converter CO2 en biocombustible12-12-2019 - I+D+iO proxecto Bac-To-Fuel (Bacterial conversion of CO2 and renewable H2 into biofuels), financiado con tres millóns de euros dentro do programa Horizonte 2020 da Unión Europea, ten como obxectivo que a UE lidere a produción de biofuel por medios sustentables, reducindo a contaminación ambiental. | ![]() |
|---|
O proxecto está integrado por grupos de investigación das universidades de Santiago de Compostela, USC, de Lancaster (Reino Unido), Wageningen (Holanda), Técnica de Berlín (Alemaña), así como das empresas Nanogap e VITO (Bélxica).
O proxecto consta de dúas fases, que conforman unha folla biónica que imita a fotosíntese. Este dispositivo consigue, nunha primeira fase, mediante o emprego de luz solar directa e catalizadores formados por nanomateriais, separar os elementos de augas residuais e producir hidróxeno a prezos competitivos.
Nunha segunda fase obterase, a partir do hidróxeno producido xunto con CO2 e bacterias modificadas xenéticamente, biocombustible axeitado para o sector do transporte
Fonte: gciencia.com