Unha ferramenta novidosa contra a dor de costas04-09-2012 - ERGONOMÍAEsta nova tecnoloxía permite realizar o diagnóstico e a cuantificación, de forma segura e rendible, de cambios patolóxicos ou anomalías asociadas a esta parte do corpo. Científicos europeos desenvolveron unha innovadora ferramenta coa que reconstruír a cinemática, a cinética e a dinámica do sistema músculo-esquelético da parte inferior do corpo. | ![]() |
|---|
Esta nova tecnoloxía permite realizar o diagnóstico e a cuantificación, de forma segura e rendible, de cambios patolóxicos ou anomalías asociadas a esta parte do corpo.
A dor de costas e, máis en
xeral, da parte inferior do corpo, é unha afección bastante común.
Por norma, é necesario recorrer a radiografías ou métodos
invasores que determinen os cambios patolóxicos causantes, para o
que se precisa o desenvolvemento de equipo apropiado que permita
efectuar medicións tridimensionais coas que analizar parámetros
clínicos funcionais da parte inferior do corpo.
Ante esta
situación, os responsables do proxecto financiado con fondos
europeos Aurora propuxéronse desenvolver e construír un sistema
económico para reconstruír os movementos músculo-esqueléticos a
partir dos volumes explorados da parte inferior do
corpo.
Tecnicamente, o obxectivo era desenvolver un prototipo de
sistema capaz de extraer datos superficiais anatómicos das
extremidades inferiores do corpo humano. Con este fin, desenvolveuse
un método baseado na proxección de franxas mediante láser e a
reconstrución mediante triangulación para realizar medicións
tridimensionais tendo en conta o factor tempo.
Desenvolvéronse
modelos músculo-esqueléticos das extremidades inferiores empregando
datos superficiais do corpo e integrando os coñecementos de
biomecánica existentes. Desenvolveuse un programa informático
exprofeso e se adaptáron cámaras aos requisitos do novo
dispositivo.
O sistema Aurora presenta grandes probabilidades de
aplicación no ámbito clínico ao non emitir radiacións e ser capaz
de realizar diagnósticos dinámicos. Se se consegue producilo a un
prezo asequible, espérase que resulte beneficioso para as moitas
persoas afectadas de doenzas músculo-esqueléticas.
Fonte: cordis.europa.eu