Co financiamento de:
/ Portada / IDi

Presentan un traxe intelixente que incrementa a seguridade dos bombeiros

16-07-2013 - SEGURIDADE

A solución presentárona hoxe o Centro de Investigación Aplicada TECNALIA e a Fundación SUESKOLA, nas instalacións que a Fundación ten en Ordizia, dentro do marco do proxecto europeo i-Protect, coordinado polo centro de investigación polaco CIOP. Trátase dun traxe intelixente, construído con tecidos avanzados, máis lixeiro que os actuais e que vixía o estado de saúde dos bombeiros e os perigos do ámbito mediante sensores, o que permite monitorizar en tempo real a unha brigada de bombeiros durante a intervención nun sinistro.

O traxe de bombeiro do futuro presentado hoxe está formado por chaqueta, pantalón e camiseta interior sensorizados, un equipo de respiración autónoma avanzado e un sistema de comunicacións co centro de control. Cada unha destas partes incorpora tecnoloxía de última xeración que fai posible controlar tanto o estado de saúde do bombeiro, coma as condicións do seu ámbito. O último elemento deste equipo é o centro de control, onde se monitorizan todos os elementos e se xestionan as comunicacións e alarmas.

A través da camiseta interior, monitorizarase a saúde dos bombeiros durante as súas intervencións para garantir a súa seguridade. A camiseta incorpora sensores para controlar o ritmo cardíaco, a respiración e a temperatura corporal do bombeiro, o que axudará a prever unha situación de estrés térmico ou golpe de calor.

A chaqueta e o pantalón, pola súa banda, teñen incorporados detectores de gases que permiten captar tanto os gases tóxicos do exterior coma un descenso na concentración de osíxeno. Os sensores alertan ao centro de control, para que poida xestionar a situación. Ademais, os tecidos da indumentaria son máis resistentes, ergonómicos para garantir o confort do profesional e lixeiros, favorecendo todo iso unha actuación máis eficaz.
En canto ao equipo de respiración autónoma, inclúe un sistema de xestión da cantidade de aire contida na botella e vixilancia da temperatura exterior, que informa e alerta mediante alarmas acústicas e unha PDA. Incorpora tamén un dispositivo que alerta ao centro de control se o bombeiro non se move nun tempo establecido.

Cada un das partes do traxe comunícase inalámbricamente co centro de control, que é un sistema de xestión de comunicacións móbil que pode desprazarse coa brigada para controlar in situ a intervención. Alí, un software monitoriza a variación das constantes vitais do bombeiro e dos potenciais gases tóxicos, para que os supervisores da brigada poidan tomar as decisións oportunas que garantan a seguridade de cada un deles e poidan informar por radio das actuacións que se deben levar a cabo. Tamén inclúe un sistema de alarma xeral para toda a brigada.

O proxecto europeo i-Protect, cuxo obxectivo dende o seu inicio foi o desenvolvemento destes innovadores equipos de protección para bombeiros, finalizará o próximo mes de setembro, tras tres anos de desenvolvemento, que deron como froito seis prototipos de equipos de protección. Estes prototipos encóntranse actualmente en fase de proba, en tres tipos diferentes de escenarios: incendios, minaría subterránea e accidentes químicos. Tras o proxecto encóntrase un consorcio europeo, formado por 15 socios, entre eles TECNALIA, e liderado por CIOP-PIB, centro de investigación polaco cunha recoñecida e dilatada traxectoria no desenvolvemento e certificación de equipos de protección.

 

Fonte: tecnalia.com

Empregamos cookies de terceiros para xenerar estatísticas da audiencia (GOOGLE ANALITICS), para o traductor de idiomas (GOOGLE), acollido a “Privacy Shield”.
Se continuas navegando estarás aceitando o seu emprego. Aceptar | Mais información
Confederación Intersindical Galega - Miguel Ferro Caaveiro 10, Santiago de Compostela Versión anterior da páxina Foros Biblioteca Privacidade RSS