Co financiamento de:
/ Portada / IDi

Desenvolven un novo tipo de pintura con maior adherencia e mellor protección anticorrosiva

01-03-2013 - HIXIENE

Un equipo de investigadores da Universidade Jaume I desenvolveu un recubrimento que proporciona aos metais maior protección contra a corrosión, ademais dunha mellor adherencia.

A novidade reside nos elementos utilizados no tratamento das pinturas a través de tres vías quimicamente diferentes e o efecto sinérxico que estes producen. Así pois, a combinación dos compoñentes fai que ao interactuar entre si se optimice a adherencia da pintura ao substrato metálico e se melloren as propiedades anticorrosivas.

Deste modo, os novos recubrimentos ofrecen cunha soa capa unha protección tan boa como cando se utiliza un pretratamento.

Ata o momento a opción que tiña a industria á hora protexer os metais contra a corrosión requiriu sempre unha primeira imprimación ou pretratamento que implica, na maioría dos casos, a limpeza e desgaste do metal, por unha parte, ou a adicción dunha capa máis de pintura, por outra.

A idea do proxecto, asegura o investigador José Javier Gracenea, "é conseguir evitar o pretratamento e eliminar unha etapa produtiva e todo o que leva consigo en tempo e en diñeiro, xa que a preparación do metal sempre supón unha etapa suplementaria e custosa".

En principio, o novo recubrimento é aplicable a todo tipo de metais, aínda que, segundo indica Gracenea, "actualmente se está a traballar co aluminio, aceiro e aceiro galvanizado, xa que entre os tres suman o 99% dos metais industriais máis utilizados. Por exemplo, o aluminio úsase para todo tipo de carpintaría metalizada, o aceiro está presente na maioría dos electrodomésticos e o aceiro galvanizado é o elixido para a fabricación de postes ou farois".

O proxecto desenvolveuse dentro da convocatoria Impacto do Ministerio de Economía e Competitividade que busca fomentar a colaboración entre empresa e centros de investigación. Así, a partir das necesidades que o mercado detecta, dende as universidades formúlanse unha serie de produtos que poidan interesar ás empresas para que posteriormente estas os poidan comercializar.

Neste caso, a empresa coa que se traballa é Medicións e Corrosión, Medco, situada no Parque Científico e Tecnolóxico Espaitec da UJI.

Prevese que este novo tipo de pintura estea no mercado no prazo de dous anos e o seu uso supoñerá un aforro ao redor dun 20%, unha cifra importante ao falar de volumes elevados.

 

Fonte de Datos: SINC

Empregamos cookies de terceiros para xenerar estatísticas da audiencia (GOOGLE ANALITICS), para o traductor de idiomas (GOOGLE), acollido a “Privacy Shield”.
Se continuas navegando estarás aceitando o seu emprego. Aceptar | Mais información
Confederación Intersindical Galega - Miguel Ferro Caaveiro 10, Santiago de Compostela Versión anterior da páxina Foros Biblioteca Privacidade RSS