O director do equipo de investigación explicou que o almacenamento químico de enerxía combinado con paneis solares térmicos permite unha conversión de máis do 80 por cento da luz solar entrante.
O proceso iníciase cando a molécula do fluído é golpeada polos fotóns de luz que proveñen da radiación solar, esta cambia de forma e almacena a enerxía. Este sistema de almacenamento é capaz de soportar 140 ciclos de almacenamento a modo dunha batería convencional. Tamén é capaz de liberar a enerxía cunha degradación insignificante.
O proxecto de investigación do líquido comezou hai 6 anos e foi publicado na revista científica Energy & Environmental, grazas á Universidade de Chalmers. Ao principio da investigación, a eficiencia de conversión de enerxía solar era do 0,01% e se empregaba no proceso rutenio, un elemento caro. No desenvolvemento do proxecto, ademáis da substitución do rutenio por elementos máis económicos a base de carbono, logrouse acceder a un sistema que consegue almacenar o 1,1% da luz solar que incide como enerxía química, enerxía que permanece latente ata que se produce a demanda e se libera.