Os refugallos vexetais ofrecen enerxía e novos alimentos23-07-2013 - I+D+iEntre o 5 e o 50 por cento da materia prima que entra nas industrias de transformados vexetais remata como residuo no vertedoiro ou destínase a alimentación animal. | ![]() |
|---|
Agora, investigadores do proxecto europeo Value, coordinado pola Asociación para a Investigación, o
Desenvolvemento e a Innovación Alimentaria de A Rioxa
(CTIC-cita), formulan novos usos para estes
subprodutos: dende a obtención de enerxía (bioetanol a partir de residuos de
marmelada ou biogás cos “alperujos” procedentes das almazaras) ata a extracción
de fibra alimentaria e polifenois empregando restos de froitas e hortalizas.
O programa, integrado no marco do programa europeo Interreg
IV SUDOE e con financiamento dos fondos FEDER, céntrase nos países do sudoeste europeo (Francia,
Portugal e Estado Español).
O seu obxectivo é achegar solucións á industria agroalimentaria que dean valor aos seus subprodutos, identificando, experimentando, validando e difundindo tecnoloxías de tratamento e valorización. Con iso trátase de reducir, reutilizar e dar novos usos a estes produtos desbotados, á vez que se reducen as emisións de gases de efecto invernadoiro causadas polos bioresiduos que van ao vertedoiro.
Rafael López, investigador da asociación e coordinador do proxecto Value, explica que "dos subprodutos vexetais, como o cardo, se pode obter un tipo de fibra que logo se incorpora a outros alimentos, e tamén polifenois, que serven como antioxidantes e se empregan ademais na fabricación de produtos cosméticos”.
A tecnoloxía permite que estes residuos se convertan en materia prima para
novos procesos de transformación. "Da ameixa -continúa López- extráense pectinas para alimentación, usando a polpa,
mentres que cos ósos triturados poden fabricarse agromateriales
para construción,".
'Ecoinnovación'
para o sudoeste de Europa
O escaso nivel de tratamento dos residuos é un problema xeneralizado en todo o sudoeste europeo, especialmente grave no noso país en rexións como La Rioja, Navarra ou Aragón, cunha alta concentración de empresas deste tipo. A preocupación por encontrar solucións é crecente, e máis tendo en conta a esixente lexislación ambiental europea.
A través deste proxecto puxéronse en común a experiencia técnica e os problemas que se encontran as empresas, co fin de dar a coñecer e transferir as diferentes tecnoloxías alternativas existentes para o aproveitamento dos residuos, tanto alimentario coma enerxético e de obtención de novos materiais.
Para iso implicouse a pemes representativas do sector dos transformados vexetais, coas que teñen realizando experiencias piloto de extracción, valorización e aproveitamento de subprodutos con alto valor engadido.
Segundo explican os responsables do proxecto, os resultados, difundidos en talleres, servirán como ferramenta ás industrias para a toma de decisións sobre investimentos en tecnoloxías de valorización. Tamén se pretende contribuír ao desenvolvemento do sector da eco-innovación nestas rexións.
Esta iniciativa conta cun presuposto de 1.226.235 euros. Xunto a CTIC-cita, participan o centro tecnolóxico especialista en investigación mariña e alimentación AZTI-Tecnalia, do País Vasco; a Federación Española de Industrias de Alimentación e Bebidas (FIAB); a Fundación CENER-CIEMAT, centro especializado en enerxía renovables de Navarra; APESA, Asociación para o Medio e a Seguridade en Aquitania; o Centro de Transferencia de Recursos Agrícolas de Toulouse (CRT-CATAR, Francia) e o Centro Técnico de Valorización de Residuos de Guimarães (CVR Residuos, Portugal).
Fibras e antioxidantes a partir de refugallos de cardo
Unha das experiencias piloto do proxecto VALUE centrouse na extracción de fibras e compostos antioxidantes a partir de desfeitos de hortalizas. Tratábase de obter fibra alimentaria neutra en cor e sabor, e con boas propiedades tecnolóxicas para o seu uso alimentario.
As probas realizáronse con residuos de tomate, brócoli, coliflor, cardo, alcachofa, cenoria e champiñón achegados por industrias de Extremadura, Murcia e La Rioja.
O tomate presentaba demasiados carotenoides, mentres que o coliflor e o brócoli tiñan o inconveniente dos compoñentes azufrados que lle dan o seu aroma característico. O cardo foi o que mellores resultados deu: aínda que o seu compoñente maioritario é a auga, este vexetal ten un gran contido en fibra dietética, que pode extraerse das follas externas que se deshechan durante a súa limpeza (ata un 75% da materia prima).
Segundo os investigadores, esta fibra pode incluírse como ingrediente en alimentos como pans, cereais, barriñas de cereais, galletas, bolería, pastas, iogures e derivados lácteos, así como en salsas e produtos dietéticos. Obtívose, ademais, un extracto de polifenois útil na formulación de produtos cosméticos.
Fonte: agenciasinc.es