Financiado por:
/ Portada / IDi

Dispositivo para calcular verquidos de hidrocarburos

05-04-2017 - I+D+i

Investigadores do Departamento de Física Aplicada da Universidade de Vigo desenvolveron un dispositivo que permite a detección e identificación de verquidos de hidrocarburos. As características do dispositivo publicáronse na revista Applied Optics, no artigo titulado Remote photonic sensor to detect crude and refined oil, publicación da Optical Society of America OSA.

Os investigadores indican que “se desenvolveu un sensor de baixo custo que permite a detección de hidrocarburos vertidos en auga, así como a súa identificación para coñecer que tipo de hidrocarburo é”. O dispositivo podería utilizarse para a monitorización de áreas mariñas con risco de sufrir verquidos ou para o seguimento dun derrame.

O aparato, deseñado para flotar na superficie, utiliza o fenómeno de fluorescencia para a detección e a identificación. 

Segundo os investigadores, que recrearon en laboratorio as condicións dun verquido de petróleo na auga, "as probas realizadas permitiron distinguir entre tres tipos diferentes de cru (morichal, maia e ecofisk) proporcionados pola compañía Repsol, así coma dous tipos de refinados (gasolina e gasóleo), pero é esperable que o sistema permita distinguir entre outros moitos”.

Empregamos cookies de terceiros para xenerar estatísticas da audiencia (GOOGLE ANALITICS), para o traductor de idiomas (GOOGLE), acollido a “Privacy Shield”.
Se continuas navegando estarás aceitando o seu emprego. Aceptar | Mais información
Confederación Intersindical Galega - Miguel Ferro Caaveiro 10, Santiago de Compostela Versión anterior da páxina Foros Biblioteca Privacidade RSS