Descuberta a causa de que o estrés remate en depresión27-09-2012 - PSICOSOCIALUn estudo da Universidade de Washington describe o mecanismo molecular polo cal o estrés pode conducir á depresión. O traballo explica como un grao severo deste trastorno afecta á liberación do neurotransmisor dopamina no núcleo accumbens, unha rexión do cerebro relacionada coa recompensa e o pracer. | ![]() |
|---|
Ante unha situación de estrés, increméntase a actividade cardíaca, aparece sudación nas mans e a boca sécase.
Cando este estrés se
mantén no tempo, a situación vólvese crónica e pode desembocar,
entre outras patoloxías, nunha depresión.
Agora, científicos da
Universidade de Washington (EUA) descubriron o mecanismo molecular
que explica esta relación entre un estrés prolongado cos trastornos
depresivos.
A investigación, publicada na revista Nature, mostra
como antes de chegar a unha situación crónica, cando o estrés é
agudo ou puntual, prodúcese a secreción do neurotransmisor CRH
(hormona liberadora de corticotropina).
Esta molécula provoca a
liberación de dopamina, comunmente asociada co sistema cerebral do
pracer.
Antes de chegar a unha situación crónica, cando o estrés
é agudo ou puntual, prodúcese a secreción do neurotransmisor
CRH;Pero, tal e como sinala a SINC Paul Phillips autor principal
do estudo, "tras o estrés prolongado", esta función
reguladora da CRH pérdese, e non se libera máis dopamina, o que
pode conducir á depresión. A función non volve recuperarse en
meses".
Reposta
negativa ao estrés agudo
Outra
das consecuencias do estrés crónico é, segundo os autores, que o
organismo comeza a ofrecer unha resposta de aversión á CRH. Por
iso, ante novas situacións de estrés agudo -nas que se secreta este
neurotransmisor- a resposta emocional é negativa, o que fomenta o
estado depresivo.
"No futuro trataremos de indagar nos
procesos de sinalización intracelular que causan os cambios
inducidos polo estrés e buscaremos fármacos que poidan reverter o
cambio", conclúe Phillips.
Fonte:
www.agenciasinc.es