Nanomateriais: os perigos do moi pequeno25-06-2012 - EU-OSHASegundo indica unha nova revisión bibliográfica da Axencia Europea para a Seguridade e a Saúde no Traballo (EU-OSHA), existen graves carencias en canto á nosa sensibilización sobre os riscos potenciais asociados á manipulación de nanomateriais no traballo e tamén graves deficiencias no xeito en que os devanditos riscos se comunican aos lugares de traballo. | ![]() |
|---|
Na nosa vida cotiá, atopámonos coa nanotecnoloxía en numerosos produtos e aplicacións. Aínda que se demostrasen perigos sanitarios e ambientais no caso dalgúns nanomateriais artificiais (1), estes empréganse en alimentos, cosméticos, téxtiles, pinturas, artigos deportivos, produtos electrónicos, deterxentes e numerosos produtos para a saúde e o benestar. Ademais, os nanomateriais están presentes en numerosos lugares de traballo.
Na actualidade, hai máis de 1.000 bens de consumo rexistrados, que producen máis de 500 empresas en 30 países. Na UE, entre 300.000 e 400.000 postos de traballo tratan directamente coa nanotecnoloxía, e os nanomateriais artificiais utilízanse en moitos máis lugares de traballo cando se avanza ao longo da cadea de subministración; no 75% dos casos, trátase de empresas pequenas e medianas.
A
EU-OSHA descubriu na súa revisión da investigación actual sobre
este particular que a notificación dos riscos potenciais que
formulan estes materiais segue sendo escasa, e a maioría dos
cidadáns europeos (un 54%) nin sequera sabe que é a nanotecnoloxía.
Mesmo nos lugares de traballo nos que hai nanomateriais artificiais,
o nivel de sensibilización é reducido. Así, o 75% dos
traballadores e empresarios do sector da construción descoñecen que
traballan con eles.
Algunhas iniciativas tratan de sinalar os perigos dos nanomateriais artificiais e o xeito no que deben manipularse (se ben non sempre están destinadas ao lugar de traballo), como as que levan a cabo os principais produtores ou algúns sindicatos, ou ben os diálogos nacionais no seo dalgúns Estados membros, e en todo o territorio Europeo mediante a folla de ruta da Comisión Europea.
Non
obstante, aínda queda moito por facer (preferiblemente, de forma
conxunta por parte dos responsables políticos, os axentes sociais,
os organismos nacionais especializados no ámbito da saúde e a
seguridade no traballo, as axencias de saúde pública, as
asociacións sectoriais, etc.), posto que unha notificación
deficiente pode xerar confusión e dar lugar a temores inxustificados
ou a unha subestimación dos riscos, co conseguinte nivel
insuficiente de prevención e control de riscos. As estratexias de
notificación de riscos teñen que axudar aos empresarios a tomar
decisións fundadas sobre os seus lugares de traballo e a aplicar as
medidas preventivas adecuadas, e deben tamén ofrecer aos
traballadores individuais as armas necesarias para que controlen
persoalmente a súa propia situación con vistas a protexerse
debidamente.
A
EU-OSHA elaborou unha base de datos en liña con exemplos de boas
prácticas empresariais que ilustran a correcta xestión dos
nanomateriais artificiais no lugar de traballo. O proxecto abrangue
oito Estados membros e distintos sectores como o téxtil, o da
construción e o das aplicacións médicas. O traballo futuro sobre o
particular inclúe unha web e informacións breves e prácticas sobre
os instrumentos de xestión de riscos para os nanomateriais e para a
xestión do risco dos nanomateriais nos sectores do mantemento, a
construción e a asistencia sanitaria.
(1) La nanotecnoloxía implica a manipulación de materiais a escala moi reducida (a escala nanométrica, é dicir, 10.000 veces inferior ao diámetro dun cabelo humano). Por "nanomaterial" enténdese un material natural, secundario ou fabricado que conteña partículas, soltas ou formando un agregado ou aglomerado e en que o 50% ou máis das partículas na granulometría numérica presente unha ou máis dimensións externas no intervalo de tamaños comprendido entre 1 nanómetro e 100 nanómetros (Recomendación da Comisión, de 18 de outubro de 2011 relativa á definición de nanomaterial (2011/696/UE)).
Ligazóns de utilidade:
EU-OSHA
(http://osha.europa.eu/es/front-page/view
)
Presentación
en PowerPoint sobre a notificación de riscos
(inglés)
Exemplos
de boas prácticas en relación cos nanomateriais
Estudo
bibliográfico «Workplace exposure to nanoparticles»
(inglés)
Fonte:
EU-OSHA