Co financiamento de:
/ Portada / IDi

Aeroxeradores sen pas

12-06-2015 - I+D+i

O Estado español sitúase entre os catro maiores produtores do mundo en xeración de enerxía eólica. A pesares de estar a falar de enerxía renovable, a enerxía eólica non está exenta de producir impactos ambientais, como poden ser a mortalidade de aves, o ruído xerados ou os efectos que pode producir sobre o clima dos espazos nos que se asentan os parques.

Na búsqueda de solucións que permitan reducir os impactos deste tipo de enerxía, unha empresa española está a desenvolver un prototipo de aeroxerador sen pas.

A posible aplicación deste tipo de aeroxeradores tería como posibles ventaxas a nivel ambiental a diminución da mortalidade nas aves e a prácitica eliminación do ruido xerado polo aeroxerador. Por outra banda, o deseño do aeroxerador conleva unha redución drástica do número de pezas, o seu peso e tamaño; ademáis permitiría reducir a distancia entre os aeroxeradores o que podería implicar unha redución da superficie do parque eólico. En relación ao mantemento, redúcense os riscos de verquidos de substancias contaminantes, pois non se empregarían aceites e lubricantes .

Na imaxe pode verse unha posible recreación dun parque eólico sen pas.

Empregamos cookies de terceiros para xenerar estatísticas da audiencia (GOOGLE ANALITICS), para o traductor de idiomas (GOOGLE), acollido a “Privacy Shield”.
Se continuas navegando estarás aceitando o seu emprego. Aceptar | Mais información
Confederación Intersindical Galega - Miguel Ferro Caaveiro 10, Santiago de Compostela Versión anterior da páxina Foros Biblioteca Privacidade RSS