Cortiza como descontaminante03-03-2016 - I+D+iInvestigadores da UPM, a Universidade de Limoges e o Centre National de la Recherche Scientifique, CNRS, de Francia, desenvolveron un procedemento para a obtención dun novo material a partires de cortiza e os seus residuos. Este material, sostible e económico ten propiedades descontaminantes. | ![]() |
|---|
Este novo material está fabricado a partir de residuos da industria da cortiza que non teñen aproveitamento.
Os investigadores, que denominaron Photo.Cork a este novo material, indican que "ten un marcado carácter sostible e de aforro enerxético, con características absorventes e propiedades fotocatalíticas que o convirten nun material idóneo para o tratamento de gases e augas con alta presencia de substancias orgánicas contaminantes". O seu emprego na descontaminación se realiza "in situ" e con baixos custes de operación. Nas probas realizadas en laboratorio, observouse unha eliminación dun 50% do contaminante logo dunha hora de contacto e ata o 100% nun contacto superior ás dúas horas.