Financiado por:
/ Portada / IDi

Bos resultados preliminares dun antiviral contra a Covid-19

12-05-2021 - I+D+i

Segundo a investigación levada a cabo polo equipo de Kyle Rosenke, do Instituto Nacional de Alerxias e Enfermidades Infecciosas estadounidense (NIAID), o medicamento antiviral experimental -MK-4482- diminúe significativamente os niveis de coronavirus e os danos causados pola enfermidade nos pulmóns de hámsteres infectados polo coronavirus SARS-CoV-2.

O MK-4482, administrado por vía oral, entrou agora na fase de ensaios clínicos sobre seres humanos. A administración oral deste fármaco supón unha gran vantaxe sobre o modo en que debe administrarse o Remdesivir, un fármaco antiviral xa aprobado pola Administración de Alimentos e Medicamentos (FDA) de Estados Unidos para o seu uso contra a COVID-19. O Remdesivir debe administrarse por vía intravenosa por profesionais da saúde, en cambio, case calquera pode administrar ou autoadministrarse un medicamento por vía oral.

No novo estudo, publicado na revista académica Nature Communications, os científicos comprobaron que o tratamento con MK-4482 era eficaz cando se administraba ata 12 horas antes ou 12 horas despois de infectar aos hámsteres con SARS- CoV-2. Estes datos suxiren que o tratamento con MK-4482 podería mitigar as exposicións de alto risco ao SARS-CoV-2, e podería utilizarse para tratar a súa infección, só ou en combinación con outros medicamentos.

Os experimentos realizáronse con tres grupos de hámsteres: un grupo que recibiu o tratamento antes da infección; un grupo que o recibiu despois da infección; e un grupo que non foi tratado. Os animais dos dous grupos tratados recibiron MK-4482 por vía oral cada 12 horas durante tres días. Ao finalizar o estudo, os animais de cada un de ambos os grupos tiñan unha cantidade 100 veces menor de virus infecciosos nos seus pulmóns, en comparación co grupo que non recibiu o tratamento. Os animais dos dous grupos tratados tamén tiñan significativamente menos lesións nos pulmóns que o grupo non tratado.

Fonte: NCYT de Amazings

Empregamos cookies de terceiros para xenerar estatísticas da audiencia (GOOGLE ANALITICS), para o traductor de idiomas (GOOGLE), acollido a “Privacy Shield”.
Se continuas navegando estarás aceitando o seu emprego. Aceptar | Mais información
Confederación Intersindical Galega - Miguel Ferro Caaveiro 10, Santiago de Compostela Versión anterior da páxina Foros Biblioteca Privacidade RSS