Financiado por:
/ Portada / IDi

Nanomateriais

21-09-2011 - Identificación e prevención dos riscos para a saúde dos traballadores

Canto de pequeno é un nanómetro? Por definición, un nanómetro é unha milmillonésima parte dun metro, aínda que é un concepto moitas veces difícil de entender, podemos ver algúns exemplos: Unha folla de papel ten un grosor aproximado de 100.000 nanómetros; un cabelo louro ten un diámetro de 15.000 a 50.000 nanómetros; e se é negro o seu diámetro é probable que estea entre os 50.000 e 180.000 nanómetros.

A nanotecnoloxía consiste no deseño, caracterización, produción e aplicación de estruturas, dispositivos e sistemas mediante o control do tamaño e a forma a unha escala nanométrica, que vai aproximadamente desde 1 a 100 nanómetros (nm).

Hai que indicar que non existen datos sobre os efectos dos nanomateriales sobre humanos. Os datos toxicolóxicos da maioría dos nanomateriales proveñen de estudos realizados en células in vitro e en animais, polo que é difícil extrapolarlos directamente aos seres humanos.

Segundo os estudos experimentais realizados, os obxectos nanométricos presentan unha toxicidade maior debido a que estes presentan entre outros, efectos inflamatorios maiores que os obxectos de tamaño superior coa mesma natureza química.

Os estudos experimentais en animais demostran que a resposta biolóxica a certas nanopartículas é maior que para as mesmas en tamaños convencionais, debido ao aumento da área superficial, ademais pola súa solubilidad, forma, carga, superficie química, propiedades catalíticas, contaminantes adsorbidos e grao de aglomeración.

As vías respiratorias constitúen a principal vía de entrada das nanopartículas no organismo, depositándose nos diferentes compartimentos do sistema respiratorio dependendo do seu tamaño e forma.

Tamén poden ser inxeridas. A penetración transcutánea de nano-obxectos é aínda unha hipótese obxecto de estudo, aínda que se pode pensar que as nanopartículas penetrarán con maior facilidade.

Fonte de Datos: prevencionar.com

Confederación Intersindical Galega - Miguel Ferro Caaveiro 10, Santiago de Compostela Versión anterior da páxina Foros Biblioteca RSS