Financiado por:
/ Recursos Técnicos / Recursos dixitais

Pon nas túas mans a protección da pel

29-08-2018 - INSSBT

Trátase dun documento que pretende ofrecer unha información xeral para clarificar as características máis importantes das afeccións cutáneas producidas por contacto con produtos químicos

Guía clínica para a abordaxe da disfonía crónica en Medicina Primaria e Medicina do Traballo

28-08-2018 - INSSBT

O obxectivo desta guía é ofrecer ao médico de familia e ao médico do traballo un instrumento que inclúa recomendacións baseadas na máxima evidencia posible, un itinerario no diagnóstico e tratamento da disfonía crónica e criterios para que o médico poida decidir o mellor camiño a seguir para o tratamento da disfonía de cada paciente concreto.

Novo calculador: “Exposición a axentes químicos. Avaliación cualitativa do risco por inhalación”

27-08-2018 - INSSBT

O INSSBT ven de poñer a disposición dos usuarios/as un novo calculador para a disciplina de Hixiene: Exposición a axentes químicos. Avaliación cualitativa do risco por inhalación

Novidades na base de datos BINVAC do Portal Situacións de Traballo Perigosas

04-07-2018 - INSSBT

O Instituto Nacional de Seguridade, Saúde e Benestar no Traballo ven de publicar tress novas fichas de “Situacións de Traballo Perigosas” elaboradas polo grupo de traballo BINVAC.

Actualización do sitio web de nanomateriais da UE

14-06-2018 - EUON

O sitio web do Observatorio da Unión Europea para Nanomateriais (EUON) foi actualizado con nova información sobre nanomateriais dentro do marco regulatorio da UE; esta información inclúe formas de uso en diferentes sectores, incluíndo alimentos, mediciña e investigación ambiental, así como indicacións sobre emprego de nanomateriais de xeito seguro no traballo.

BASES DE DATOS

04-05-2018 - RECURSOS DIXITAIS

Base de datos: INFOMEP (Información para traballadores sanitarios sobre medicamentos perigosos)

04-05-2018 - INSSBT

O INSSBT publica a base de datos INFOMEP sobre medicamentos perigosos na que constan como entradas posibles: nome do medicamento, código nacional, principio activo, grupo terapéutico e a súa descrición, laboratorio fabricante, motivo de perigo, referencia segundo a lista do NIOSH, e recomendacións para a preparación e administración.

Novos calculadores: Estrés térmico. Índice WBGT. Avaliación da exposición ao ruído

23-03-2018 - INSSBT

O INSSBT ven de poñer a disposición dos usuarios/as dous novos calculadores para a disciplina de Hixiene: Estrés térmico. Índice WBGT e Avaliación da exposición ao ruído. Cálculos básicos.

Novidades do INSSBT en App

14-03-2018 - INSSBT

O INSSBT amplía as súas ferramentas para a prevención con dúas novas aplicacións para dispositivos móbiles: o “Conversor de unidades e formulario de Hixiene Industrial” e “Plataformas elevadoras móbiles de persoal (PEMP). Condicións de seguridade”.

APPs E APLICACIÓNS INFORMÁTICAS

01-02-2018 - RECURSOS DIXITAIS

PORTAIS

01-02-2018 - RECURSOS DIXITAIS

App para o cálculo do índice de calor

04-01-2018 - OSHA - NIOSH

O National Institute for Occupational Safety and Health, NIOSH, e o Occupational Safety and Health Administration,OSHA, publicaron unha nova versión do OSHANIOSH Heat Safety Tool App, unha app dispoñible para todos os teléfonos intelixentes que calcula o índice de calor nos lugares de traballo ao aire libre a través da xeolocalización do teléfono (emprega os datos de condicións metereolóxicas obtidos dos satélites da Administración Nacional Oceánica e Atmosférica dos EEUU). Baseándose no índice calculado, a App proporciona automaticamente ao usuario recomendacións específicas para protexerse contra a calor.

Novidades na base de datos BINVAC do Portal Situacións de Traballo Perigosas

12-12-2017 - INSSBT

O Instituto Nacional de Seguridade, Saúde e Benestar no Traballo ven de publicar dúas novas fichas de “Situacións de Traballo Perigosas” elaboradas polo grupo de traballo BINVAC.

Novidades na base de datos BASEQUIM do Portal Situacións de Traballo Perigosas

11-12-2017 - INSSBT

O Instituto Nacional de Seguridade, Saúde e Benestar no Traballo ven de publicar dúas novas fichas de “Situacións de Traballo Perigosas” elaboradas polo grupo de traballo BASEQUIM. A actualización realizouse para recoller os cambios na normativa de referencia do Formaldehído.

App para avaliar o levantamento de cargas

02-11-2017 - NIOSH

NIOSH lanzou recentemente unha aplicación para dispositivos móbiles, NLE Calc, que axuda aos usuarios a determinar uns límites de elevación de carga seguros.

Actualización no portal "Situacións de Traballo Perigosas. Basemaq”

14-09-2017 - INSHT

O INSHT ven de publicar dúas novas fichas elaboradas polo grupo de traballo BASEMAQ, adicado a analizar situacións de traballo perigosas producidas por máquinas. Son dúas fichas, números 18 e 19, relativas ao sector da maquinaria para a industria alimentaria que reflexan situacións perigosas na utilización de máquinas picadoras de carne.

Actualización no portal "Situacións de Traballo Perigosas. Basemaq”

08-06-2017 - INSHT

O INSHT ven de publicar tres novas fichas elaboradas polo grupo de traballo BASEMAQ, adicado a analizar situacións de traballo perigosas producidas por máquinas. Son tres fichas, números 15, 16 e 17, relativas ao sector da maquinaria para a industria alimentaria que reflicten situacións perigosas na utilización de serras de cinta.

Novidades en Calculadores e App

25-04-2017 - INSHT

O INSHT vén de poñer en disposición un novo calculador: “Accidentes de traballo. Control estatístico” e unha nova App “Andeis metálicos. Condicións de seguridade”

Novidades en Calculadores (ergonomía)

07-04-2017 - INSHT

O INSHT ven de poñer en disposición dous novos calculadores: "Manipulación manual de cargas: valores límite en operacións de empuxe, arrastre e transporte" e "Cálculo da resistencia térmica do vestido".

Novidades na base de datos BASEQUIM do Portal Situacións de Traballo Perigosas

21-02-2017 - INSHT

Na base datos BASEQUIM proporciónanse fichas para diferentes situacións de exposición a axentes químicos que conteñen información sobre os axentes químicos que poden estar presentes na realización da tarefa, os danos para a saúde derivados da exposición aos axentes químicos considerados, os factores de risco e as medidas preventivas.

Nova web web informativa sobre os riscos de cancro no traballo e os perigos da exposición a axentes carcinóxenos

08-11-2016 - Hixiene

Este proxecto, dispoñible dende o 10 de outubro, está apoiado pola Confederación Europea de Sindicatos, Business Europe (patronal europea), a Comisión Europea, a Axencia Europea para a Seguridade e Saúde no Traballo e dúas presidencias da UE (Países Baixos e Austria), socios na campaña europea "Folla de ruta sobre canceríxenos", lanzada en Ámsterdam en maio de 2016.

Nova app: Guía de peto sobre perigos químicos

02-09-2016 - NIOSH

O Instituto Nacional de Seguridade e Saúde Laboral (NIOSH) dos EEUU pon a disposición de usuarios/as unha nova versión en formato app da Guía de peto sobre Perigos Químicos. A aplicación pódese empregar en calquera dispositivo con navegador web. Esta guía ofrece información xeral de hixiene industrial para máis de 600 de productos químicos, axudando a usuarios/as a detectar e controlar os perigos químicos no traballo.

Novos calculadores

01-04-2016 - INSHT

O calculador "Superficie mínima por traballador" engádese aos xa existentes no espazo específico adicado a calculadores na web do INSHT. Neste caso, facilítase o cálculo da superficie libre mínima por traballador/a en diferentes espazos de traballo tendo en conta a esixencia do Real Decreto 486/1997, sobre disposicións mínimas de seguridade e saúde nos lugares de traballo.

Novas aplicacións informáticas para smartphone ou tablet

31-03-2016 - INSHT

As novas app están referidas ao almacenamiento de produtos químicos (APQ) e a exposición a vibracións. Como no caso das aplicacións que o INSHT tiña xa a disposición dos usuarios, estas novas app poden ser descargadas no smartphone ou a tablet do técnico como ferramentas de axuda para determinados cálculos e chequeos, consultas on line e o envío a un pc dos datos consultados ou calculados.

Novas fichas na base "BINVAC"

23-03-2016 - INSHT

A base de "Accidentes de traballo investigados", BINVAC, está aloxada no portal do INSHT "Situacións de traballo peligrosas". Na base descríbense situacións de traballo reais nas que se produciron ou se poden producir danos á saúde dos traballadores, identificando os elementos máis relevantes para a súa prevención, así como as medidas preventivas adecuadas. Na actualización inclúense dúas novas fichas, unha referida a un accidente por caída desde altura e outra que trata dunha explosión en atmósferas explosivas.

Calculadores. Novidades

14-03-2016 - INSHT

O INSHT ten a disposición dos usuarios da súa páxina web varios calculadores que pretenden facilitar a avaliación das condicións de traballo. Cada ferramenta de cálculo está deseñada para poder extraer conclusións a partir da introdución dunha serie de datos por parte do usuario. Recentemente veñen a sumarse á relación de calculadores existente, tres novas ferramentas: - Avaliación do benestar térmico global e local - Avaliación simplificada da PRL e a responsabilidade social empresarial - Exposición a radiacións ópticas

Novas fichas na base “BASEMAQ”.

07-03-2016 - INSHT

O Portal "Situacións de traballo perigosas", adicado a situacións de traballo con exposición potencial a diferentes perigos está elaborado polo INSHT en colaboración coas comunidades autónomas. O portal está adicado especialmente a tres tipos de situacións de traballo, que dentro desta ferramenta están constituídos como subportais: BASEMAC, situacións perigosas de traballo producidos por máquinas, BASEQUIM, situacións de exposición a axentes químicos, e BINVAC, accidentes de traballo investigados.

O portal adicado específicamente a TME intégrase no Portal de Ergonomía.

01-12-2015 - INSHT

O portal do Instituto Nacional de Seguridade e Hixiene no Traballo destinado aos transtornos musculoesquéticos desaparece como tal; os seus contidos estarán dispoñibles a partires de agora nun apartado específico do portal de ergonomía.

Novas fichas de axentes biolóxicos - DATABIO

03-09-2015 - INSHT

Dentro da colección de fichas de axentes biolóxicos, DATABiO, o Instituto Naciónal de Seguridade e Hixiene no Traballo presenta novas fíchas clasificadas segundo o tipo de axente, efectos na saúde e orde alfabética

Aplicacións informáticas para smartphone ou tablet

23-07-2015 - INSHT

O Instituto Nacional de Seguridade e Hixiene no Traballo ofrece novas ferramentas de axuda para cálculos e chequeos habituais, información sobre axentes contaminantes ou condicións de traballo. As aplicacións permiten logo da súa descarga no smartphone ou tablet, a consulta on line, envío dos datos consultados ou calculados a un pc e a orientación in situ sobre os resultados que se van obtendo durante o traballo. Polo

Base de datos gratuita de publicacións en seguridade e saúde no traballo

09-04-2015 - Axencia Europea para a Seguridade e Saúde no Traballo

A Axencia Europea ofrece unha base de datos sobre publicacións específicas en materia de seguridade e saúde no traballo. A colección de publicacións, dispoñible de xeito gratuíto, abrangue dende informes de investigación máis científicos a follas informativas (e-facts) monotemáticas, destinadas ao uso no lugar de traballo. A búsqueda pode realizarse por idioma, tema ou palabra clave.

Portal Temático de Riscos Psicosociais

11-03-2015 - INSHT

O Instituto Nacional de Seguridade e Hixiene no Traballo vén de revisar e renovar o seu Portal de Psicosocioloxía. A partires de agora pasará a denominarse Portal de Riscos Psicosociais, denominación que resulta máis precisa tendo en conta que os contidos que se deselvolven están relacionados coa prevención de riscos psicosociais.

Nova ferramenta para estimar os riscos por exposición a múltiples axentes químicos

03-02-2015 - INRS

O INRS francés ven de publicar unha ferramenta web que serve para estimar os riscos por exposicións simultáneas a sustancias con efectos similares sobre o organismo. A ferramenta traballa coa hipótese de que as sustancias presentes no mesmo ambiente e á que se lle asigna unha mesma clase de perigo presentan un efecto aditivo, calculándose así un índice de exposición da mestura para o devandito efecto

EPIDAT: análise epidemiolóxica de datos

05-11-2014 - Consellería de Sanidade

Epidat é un programa de libre distribución desenvolvido polo Servizo de Epidemioloxía da Dirección Xeral de Innovación e Xestión da Saúde Pública da Consellería de Sanidade (Xunta de Galicia) co apoio da Organización Panamericana de la Salud (OPS-OMS) e a Universidad CES de Colombia. Os obxectivos de Epidat son: - Aportar unha ferramenta de manexo sinxelo e de utilidade para a análise estatística e epidemiolóxica de datos que cubra algunhas omisións nas aplicacións máis estendidas. - Apoiar e facilitar a docencia en epidemioloxía, tanto no ámbito da cooperación técnica como no universitario. - Fortalecer a capacidade analítica dos profesionais de saúde. - Ofrecer unha fonte de formación autodidacta en determinadas áreas escollidas da estatística aplicada á epidemioloxía.

Nova versión FPSICO 3.1

29-10-2014 - INSHT

Esta aplicación informática é unha ferramenta para a avaliación dos factores psicosociais. O seu obxectivo é contribuír ao diagnóstico dos riscos psicosociais presentes nunha empresa ou en áreas parciais desta, a partir dos cuestionarios de aplicación individual. Tamén inclúe información de utilidade práctica para orientar as medidas preventivas que poden levarse a cabo na empresa no ámbito psicosocial.

Sobrecarga térmica estimada

15-09-2014 - INSHT

O INSHT desenvolveu unha aplicación informática para a aplicación do método da sobrecarga térmica estimada, establecido na norma UNE-NISO 7933:2004, que permite valorar o risco de estrés térmico que experimenta un individuo nun ambiente caloroso.

OSHwiki, a wikipedia da prevención de riscos laborais

14-07-2014 - Axencia Europea para a Seguridade e Saúde no Traballo

Proxecto desenvolvido pola EU-OSHA , para permitir a posta en común do coñecemento en seguridade e saúde no traballo (SST), a información e as mellores prácticas, co fin de apoiar ás organizacións gobernamentais, da industria e dos traballadores para garantir a seguridade e a saúde no lugar de traballo. Polo momento dispoñible en versión beta e con contidos en inglés.

Portal do sector marítimo

24-04-2014 - INSHT

A pesca mariña atópase entre as actividades laborais máis perigosas do mundo. A Organización Internacional do Traballo (OIT) e a Organización das Nacións Unidas para a Alimentación e a Agricultura (FAO) estiman que o 7% das vítimas mortais de accidentes laborais que se producen no mundo ocorren na industria pesqueira, a pesar de que este sector representa menos do 1% da forza laboral mundial. A OIT estima que o traballo neste sector cóbrase a vida dunhas 24.000 persoas ao ano en todo o mundo. No Estado español a pesca mariña presenta unha das taxas de accidentes laborais máis elevadas.

Novidades na base de datos BASEQUIM do Portal Situacións de Traballo Perigosas

06-03-2014 - INSHT

Nesta base datos BASEQUIM proporciónanse fichas para diferentes situacións de exposición a axentes químicos que conteñen información sobre os axentes químicos que poden estar presentes na realización da tarefa, os danos para a saúde derivados da exposición aos axentes químicos considerados, os factores de risco e as medidas preventivas.

Nova ferramenta informática: Intervención psicosocial.

31-01-2014 - INSHT

A aplicación "Intervención psicosocial" está dirixida a todos aqueles axentes, dentro e fóra das organizacións, interesados na prevención efectiva dos riscos psicosociais, que dispoñan de coñecementos específicos sobre esta materia. O obxectivo desta aplicación é converterse nun espazo de intercambio e consulta de experiencias e coñecementos sobre intervención psicosocial, proporcionando ferramentas que contribúan a estimular nas empresas da nosa contorna a práctica de calidade neste terreo da prevención de riscos laborais.

Novidades nos calculadores

11-12-2013 - INSHT

Dende hai algúns anos o INSHT pon a disposición dos usuarios da súa páxina web varios calculadores que pretenden facilitar a avaliación das condicións de traballo. Cada ferramenta de cálculo está deseñada para poder extraer conclusións a partir da introdución dunha serie de datos por parte do usuario. Recentemente a colección de calculadores foi ampliada con dúas novas ferramentas, que se sumaron ás catorce xa existentes. Trátase dos calculadores "Avaliación da comunicación verbal: método SIL (Speech Interference Level)" e "Determinación do metabolismo enerxético". Ademais introducíronse algúns cambios no resto da colección para mellorar a accesibilidade á ferramenta e unificar o formato dos calculadores.

Actualización da web sobre riscos biolóxicos

03-12-2013 - INSHT

O Instituto Nacional de Seguridade e Hixiene no Traballo (INSHT), cumprindo coa súa función de divulgación e de promoción da seguridade e saúde no traballo, actualizou este portal sobre risco biolóxico para fomentar a mellora das condicións de seguridade e saúde dos traballadores, que como consecuencia da súa actividade laboral poden estar ou están expostos a contaminantes biolóxicos.

Plataforma de xestión da mobilidade e a prevención de riscos laborais no tráfico.

08-11-2013 - ISSGA

Con esta plataforma preténdese ofrecerlles ás empresas a ferramenta necesaria para levar a cabo pautas de actuación concretas encamiñadas a crear plans de mobilidade para os seus traballadores que melloren as condicións nos seus desprazamentos.

Nova base de datos: Seguridade en Construción

21-06-2013 - INSHT

A base de datos de Seguridade en Construción pretende recompilar, seleccionar e estruturar os contidos relacionados coa prevención de riscos laborais e a coordinación da seguridade e saúde no traballo nas obras de construción, constituíndose como un Sistema de información "en liña" sobre Boas Prácticas en Construción (SIBPC).

Novidades do INSHT: Actualización de RISKQUIM e novos contidos en BASEQUIM

22-05-2013 - INSHT

Nos últimos días o Instituto Nacional de Seguridade e Hixiene no Traballo procedeu á actualización da aplicación informática RISKQUIM e incorporou novos contidos técnicos en BASEQUIM.

Base de datos "Desengraxamento de superficies metálicas"

25-03-2013 - INSHT

A base de datos Desengraxamento de superficies metálicas ofrece información sobre os diferentes procesos de desengraxamento, as disolucións e substancias químicas empregadas e as características toxicolóxicas destas. Así mesmo pretende orientar na busca de alternativas.

elcosh: biblioteca electrónica de seguridade e saúde ocupacional na construción.

14-01-2013 - NIOSH

A Biblioteca Electrónica de Seguridade na Construción e Saúde Ocupacional foi desenvolvida por CPRW, Centro de investigación na industria da construción. Este centro, adicado a proxectos de investigación no sector, funciona ademáis como Centro Nacional da Construción para o Instituto Nacional para a Seguridade e Saúde Ocupacional (NIOSH) norteamericano.

The Nanodatabase: nova base de datos sobre nanomateriais

02-01-2013 - Tecnoloxía

O Consello de Consumidores danés e o Consello Ecolóxico de Dinamarca, en cooperación con DTU Environment desenvolveron unha base de datos, The Nanodatabase, que permite identificar máis de 1.200 productos que conteñen nanomateriais ou que se comercializan co término "nano".

RISKOFDERM. Avaliación do risco por exposición dérmica laboral a sustancias químicas.

03-04-2012 - INSHT

O INSHT presentou o pasado día 23 de marzo a aplicación informática RISKOFDERM. Esta aplicación utilízase para a avaliación e xestión do risco por exposición dérmica a sustancias químicas perigosas no posto de traballo. Clasifica a sustancia segundo a súa toxicidade e o nivel de exposición de acordo coa tarefa, proporcionando unha estimación do risco de efectos locais e sistémicos, propoñendo medidas preventivas para o seu control. Esta aplicación foi desenvolvida dentro do proxecto europeo "Avaliación do risco por exposición dérmica laboral a sustancias químicas" (RISKOFDERM), que se levou a cabo durante 4 anos coa participación de 15 organizacións de 11 países europeos, entre elas o INSHT. Un dos resultados máis importantes do proxecto foi a elaboración dunha ferramenta informática para a avaliación e xestión do risco por exposición dérmica en PEME.

Portal Temático: Promoción da Saúde no traballo

21-02-2012 - INSHT

O INSHT pon en marcha un portal temático adicado á promoción da saúde no traballo.

Unha aplicación online mide a nosa calidade de vida.

19-01-2012 - IBV Instituto de Biomecánica de Valencia

O Instituto de Biomecánica de Valencia (IBV) dispón dunha aplicación que permite aos usuarios medir a súa calidade de vida. Esta ferramenta, promovida pola Asociación CVIDA, facilita o acceso por parte do usuario a consellos e empresas que contribúan a mellorar a súa saúde e benestar.

Simulador “Prácticas de seguridade na construción”.

17-01-2012 - OSALAN

Osalan , o Instituto vasco de Seguridade e Saúde Laboral, vén de pór en funcionamento este simulador co fin de proporcionar unha ferramenta de axuda na formación dos traballadores do sector da constución.

Modelo operativo para a xestión da violencia ocupacional de orixe externo

18-11-2011 - INSHT

O INSHT ven de publicar na súa páxina web unha nova ferramenta orientada fundamentalmente ás Pemes, e dentro delas ás que desenvolven a súa actividade nos sectores da sanidade, hostalería, educación e transporte e almacenamento, sendo posible a súa utilización noutros sectores de actividade que poidan ter casos de violencia ocupacional externa como pode ser a banca, os comercios, etc.

O Instituto de Saúde e Seguridade no Traballo e o Seguro Social de Accidentes alemáns puxeron en liña unha ferramenta para a avaliación do risco que se adapta tamén aos requisitos de REACH.

17-11-2011 - Hixiene

O Instituto de Saúde e Seguridade no Traballo e o Seguro Social de Accidentes alemáns puxeron en liña unha ferramenta para a avaliación do risco que se adapta tamén aos requisitos de REACH. A ferramenta, creada en colaboración cos desarrolladores do “Dutch Stoffenmanager”, abarca a exposición dérmica e por inhalación, e está especialmente deseñada para sustancias para as que non existen límites de exposición profesional nin métodos de medición aprobados. Un modelo de avaliación da exposición permite axustarse aos parámetros do Regulamento REACH.

Portal Temático: Ergonomía

06-10-2011 - INSHT

A estrutura do portal de Ergonomía recolle a información que sobre este tema disponse no INSHT, a partir dunha concepción teórica dos diversos aspectos que deben considerarse no ámbito da Ergonomía, é dicir a consideración do traballo como un sistema.

Portal Temático: Psicosocioloxía

06-10-2011 - INSHT

Neste Portal temático atoparemos a información máis relevante dende o punto de vista preventivo en materia psicosocial.

Portal Temático:Sector Agrario

05-10-2011 - INSHT

O portal temático do Sector Agrario do INSHT está estruturado en cinco seccións: información xeral sobre o sector agrario, praguicidas agrícolas (produtos fitosanitarios), maquinaria, gandaría e traballos forestais.

Portal Temático: Transportista autónomo

05-10-2011 - INSHT

Portal temático orientado ao profesional Transportista Autónomo. Recolle aqueles documentos, noticias e contidos de prevención do Portal do INSHT que lle poden ser de axuda para xestionar a seguridade e saúde no seu traballo.

Portal Temático: Equipos de protección individual

04-10-2011 - INSHT

Este portal temático, relacionado cos Equipos de Protección Individual, permite ao usuario acceder a información sobre a Selección e uso de tales equipos, así como sobre o proceso de Certificación e sobre os aspectos máis relevantes da Normalización técnica dos mesmos.

Portal Temático: Risco Químico

04-10-2011 - INSHT

Este portal recompila toda a información sobre risco químico contida no sitio web do INSHT.

Portal Temático: Risco Biolóxico

04-10-2011 - INSHT

O Instituto Nacional de Seguridade e Hixiene no Traballo, INHST, ven de poñer en marcha un portal sobre risco biolóxico co ánimo de fomentar a mellora das condicións de seguridade e saúde dos traballadores que, como consecuencia da súa actividade laboral, poden estar ou están expostos a contaminantes biolóxicos.

Portal Temático: Trastornos Musculoesqueléticos

27-09-2011 - INSHT

Neste portal temático, que ven de poñer en marcha o INSHT, analízanse os trastornos musculoesqueléticos máis frecuentes, ofrécense métodos de avaliación e indicacións sobre boas prácticas. Tamén pode consultarse unha descripción dos factores que poden contribuir á aparición dos TME e se ofrecen orientacións para a súa identificación e control.

Nova sección da páxina web do INSHT

15-09-2011 - INSHT

Toda a información sobre límites de exposición profesional

Portal de situacións de traballo perigosas

14-09-2011 - Nova ferramenta en materia de prl

Ofrece información sobre situacións de traballo perigosas con fins preventivos. Descríbense situacións de traballo reais nas que se produciron ou poden producirse danos á saúde dos traballadores, identificando os elementos máis relevantes para a súa prevención , así como as medidas preventivas máis axeitadas.

Empregamos cookies de terceiros para xenerar estatísticas da audiencia (GOOGLE ANALITICS), para o traductor de idiomas (GOOGLE), acollido a “Privacy Shield”.
Se continuas navegando estarás aceitando o seu emprego. Aceptar | Mais información
Confederación Intersindical Galega - Miguel Ferro Caaveiro 10, Santiago de Compostela Versión anterior da páxina Foros Biblioteca Privacidade RSS