Novidades nos calculadores11-12-2013 - INSHTDende hai algúns anos o INSHT pon a disposición dos usuarios da súa páxina web varios calculadores que pretenden facilitar a avaliación das condicións de traballo. Cada ferramenta de cálculo está deseñada para poder extraer conclusións a partir da introdución dunha serie de datos por parte do usuario. Recentemente a colección de calculadores foi ampliada con dúas novas ferramentas, que se sumaron ás catorce xa existentes. Trátase dos calculadores "Avaliación da comunicación verbal: método SIL (Speech Interference Level)" e "Determinación do metabolismo enerxético". Ademais introducíronse algúns cambios no resto da colección para mellorar a accesibilidade á ferramenta e unificar o formato dos calculadores. | ![]() |
|---|