Co financiamento de:
/ Recursos Técnicos / Recursos dixitais

Novo espazo web do INSST: Fenómenos meteorolóxicos adversos

25-06-2025 - INSST

Os fenómenos meteorolóxicos adversos afectan á poboación xeral e tamén á poboación traballadora. Prepararse fronte a eles implica coñecer os riscos que supoñen e entender como podemos evitalos ou protexernos. Neste novo espazo web do INSST vas atopar información sobre os distintos riscos que conlevan os fenómenos meteorolóxicos adversos e unha serie de recomendacións e pautas de actuación para afrontalos.

Pautas xerais

Nesta primeira ficha tes acceso a unhas pautas xerais que engloban os elementos básicos a ter preparados #ante unha situación de emerxencia.

No seguinte apartado vas atopar información sobre a exposición á calor, radiación ultravioleta, frío, inundacións, vento elevado, entre outros fenómenos.

Fichas de recomendacións

Calor extrema

O risco non depende só da temperatura, nesta ficha poderás ver outros factores que inflúen e recomendacións xerais.                

Radiación UV

Aínda que a radiación ultravioleta (UV) sexa invisible, pode ter graves consecuencias para a saúde, especialmente en traballos ao aire libre.

Ligazón ao espazo web do INSST: Fenómenos meteorolóxicos adversos

Empregamos cookies de terceiros para xenerar estatísticas da audiencia (GOOGLE ANALITICS), para o traductor de idiomas (GOOGLE), acollido a “Privacy Shield”.
Se continuas navegando estarás aceitando o seu emprego. Aceptar | Mais información
Confederación Intersindical Galega - Miguel Ferro Caaveiro 10, Santiago de Compostela Versión anterior da páxina Foros Biblioteca Privacidade RSS