Co financiamento de:
/ Recursos Técnicos / Recursos dixitais

Novos formatos da APP e calculador sobre a exposición ao ruído

31-03-2021 - INSST

O INSST pon a disposición os novos formatos da APP e o Calculador sobre avaliación da exposición ao ruído para o cálculo das ecuacións básicas para a avaliación da exposición a ruído: nivel diario equivalente para unha exposición ou m operacións con distintos niveis de ruído, nivel equivalente semanal, tempo máximo de exposición e nivel equivalente para ruído estable.

O criterio de avaliación da exposición laboral a ruído baséase no cálculo do nivel de exposición diario equivalente ( LAeq,d) e a súa comparación cos valores de exposición que dan lugar a unha acción e co valor límite, establecidos no artigo 5 do Real Decreto 286/2006, sobre a protección da saúde e seguridade dos traballadores contra os riscos relacionados coa exposición ao ruído. Os valores establecidos polo citado Real Decreto, represéntanse na seguinte táboa:

Valor límite de exposición

LAeq,d = 87 dB(A)

Valor superior de exposición que dá lugar a acción

LAeq,d = 85 dB(A)

Valor inferior de exposición que dá lugar a acción

LAeq,d = 80 dB(A)

 

 

 

 

 

 

Ligazón á APP Google Play (Android)

Ligazón á APP (IOS)

Ligazón ao Calculador

Empregamos cookies de terceiros para xenerar estatísticas da audiencia (GOOGLE ANALITICS), para o traductor de idiomas (GOOGLE), acollido a “Privacy Shield”.
Se continuas navegando estarás aceitando o seu emprego. Aceptar | Mais información
Confederación Intersindical Galega - Miguel Ferro Caaveiro 10, Santiago de Compostela Versión anterior da páxina Foros Biblioteca Privacidade RSS