Co financiamento de:
/ Recursos Técnicos / Recursos dixitais

Nova ferramenta OiRA sobre teletraballo

28-09-2023 - EU-OSHA

A ferramenta OiRA aplicada ao teletraballo non é específica dun sector. Sexa cal for o seu ámbito de actividade, pode utilizala con total facilidade. A ferramenta brinda apoio tanto ás organizacións, ao xerar declaracións de risco baseadas na lexislación aplicable, como ás persoas que teletraballan, ao proporcionar asesoría en materia de seguridade e saúde, que vai desde a organización do lugar de traballo, a contorna laboral e o posto de traballo, ata os riscos psicosociais que pode levar aparellados o teletraballo.

Coa xeneralización do teletraballo por mor da pandemia, a introdución dunha nova ferramenta interactiva de avaliación de riscos en liña (OiRA) pode axudar actualmente tanto ás empresas como ás persoas teletraballadoras a crear espazos de traballo máis seguros e saudables a domicilio.

Este módulo pode integrarse nas ferramentas OiRA sectoriais xa existentes a nivel da UE ou adaptarse a nivel nacional, para axustarse ás necesidades dos distintos países e sectores.

Ligazón á ferramenta OiRA sobre teletraballo.

Empregamos cookies de terceiros para xenerar estatísticas da audiencia (GOOGLE ANALITICS), para o traductor de idiomas (GOOGLE), acollido a “Privacy Shield”.
Se continuas navegando estarás aceitando o seu emprego. Aceptar | Mais información
Confederación Intersindical Galega - Miguel Ferro Caaveiro 10, Santiago de Compostela Versión anterior da páxina Foros Biblioteca Privacidade RSS