Co financiamento de:
/ Recursos Técnicos / Recursos dixitais

Nova ficha BINVAC: 102. Golpe de calor

11-02-2025 - INSST

O Instituto Nacional de Seguridade e Saúde no Traballo publicou a ficha BINVAC: 102. Golpe de calor, no Portal de “Situacións de Traballo Perigosas” elaboradas polo grupo de traballo BINVAC.

A base ACCIDENTES DE TRABALLO INVESTIGADOS. BINVAC do portal SITUACIÓNS DE TRABALLO PERIGOSAS, está orientada a ofrecer información de situacións de traballo perigosas con fins preventivos. Nela descríbense situacións de traballo reais nas que se produciron ou se poden producir danos á saúde das persoas traballadoras, identificando os elementos máis relevantes para a súa prevención, así como as medidas preventivas adecuadas.

Ligazón á ficha BINVAC: 102. Golpe de calor

Ligazón á base de datos con todas as fichas BINVAC.

Empregamos cookies de terceiros para xenerar estatísticas da audiencia (GOOGLE ANALITICS), para o traductor de idiomas (GOOGLE), acollido a “Privacy Shield”.
Se continuas navegando estarás aceitando o seu emprego. Aceptar | Mais información
Confederación Intersindical Galega - Miguel Ferro Caaveiro 10, Santiago de Compostela Versión anterior da páxina Foros Biblioteca Privacidade RSS