Co financiamento de:
/ Recursos Técnicos / Recursos dixitais

Plataforma de xestión da mobilidade e a prevención de riscos laborais no tráfico.

08-11-2013 - ISSGA

Con esta plataforma preténdese ofrecerlles ás empresas a ferramenta necesaria para levar a cabo pautas de actuación concretas encamiñadas a crear plans de mobilidade para os seus traballadores que melloren as condicións nos seus desprazamentos.

O uso do vehículo no ámbito laboral aumentou en boa medida nos últimos anos, tanto dos vehículos dos profesionais dedicados ao transporte terrestre por estrada como dos vehículos dos traballadores que deben desprazarse do seu domicilio ao centro de traballo, tendo en conta a tendencia actual de descentralización empresarial cara ás coroas metropolitanas e arredores das cidades.

Esta tendencia, xunto co considerable crecemento do parque de vehículos, provocou un aumento dos desprazamentos dos traballadores por motivos de traballo, xa sexa en xornada de traballo ou do domicilio ao centro de traballo e viceversa, o que levou á súa vez a aumentar o peso dos accidentes laborais relacionados co tráfico respecto á sinistralidade laboral en xeral.

As actividades laborais relacionadas coa condución teranse en conta no marco da prevención de riscos laborais, e posto que dende o mundo da empresa si se poden e deben adoptar medidas preventivas e de formación en materia de seguridade viaria. Do mesmo xeito que existen en toda empresa uns principios xerais de prevención de riscos laborais, pódense levar a cabo accións preventivas perante o xeneralizado risco que supoñen os accidentes de tráfico relacionados co traballo.

Con esta  PLATAFORMA DE XESTIÓN DA MOBILIDADE E A PREVENCIÓN DE RISCOS LABORAIS NO TRÁFICO preténdese ofrecerlles ás empresas a ferramenta necesaria para levar a cabo pautas de actuación concretas encamiñadas a crear plans de mobilidade para os seus traballadores que melloren as condicións nos seus desprazamentos.

Ligazón á Plataforma de xestión da mobilidade e a prevención de riscos laborais no tráfico.

Empregamos cookies de terceiros para xenerar estatísticas da audiencia (GOOGLE ANALITICS), para o traductor de idiomas (GOOGLE), acollido a “Privacy Shield”.
Se continuas navegando estarás aceitando o seu emprego. Aceptar | Mais información
Confederación Intersindical Galega - Miguel Ferro Caaveiro 10, Santiago de Compostela Versión anterior da páxina Foros Biblioteca Privacidade RSS