Co financiamento de:
/ Recursos Técnicos / Recursos dixitais

O Instituto de Saúde e Seguridade no Traballo e o Seguro Social de Accidentes alemáns puxeron en liña unha ferramenta para a avaliación do risco que se adapta tamén aos requisitos de REACH.

17-11-2011 - Hixiene

O Instituto de Saúde e Seguridade no Traballo e o Seguro Social de Accidentes alemáns puxeron en liña unha ferramenta para a avaliación do risco que se adapta tamén aos requisitos de REACH. A ferramenta, creada en colaboración cos desarrolladores do “Dutch Stoffenmanager”, abarca a exposición dérmica e por inhalación, e está especialmente deseñada para sustancias para as que non existen límites de exposición profesional nin métodos de medición aprobados. Un modelo de avaliación da exposición permite axustarse aos parámetros do Regulamento REACH.

A ferramenta englóbase nunha serie de documentos, bases de datos e ferramentas orientativos para facilitar a xestión das sustancias perigosas nos lugares de traballo.

GESTIS é un proxecto conxunto de todos os organismos alemáns de seguros de accidentes (IFA) para a creación e utilización dunha rede de arquivos, centralizados e descentralizados, sobre sustancias perigosas.

Esta rede constitúe a base dun sistema de información que pretende ser un apoio eficaz para as actividades de prevención do IFA e os organismos que compoñen o grupo, para promover a protección da saúde nos lugares de traballo nos que se manipulan sustancias perigosas.

Na actualidade, GESTIS comprende oito bases de datos centrais operadas polo Deutsche Gesetzliche Unfallversicherung (DGUV):

GESTIS-base de datos sobre sustancias perigosas, que contén información para a manipulación segura das sustancias químicas no traballo: efectos sobre a saúde, medidas de protección necesarias e medidas en caso de perigo (como primeiros auxilios).

Cartóns Internacionais de Seguridade Química (ICSC), que contén a información esencial para a manipulación segura de sustancias químicas no lugar de traballo.

GESTIS -  Métodos analíticos : base de datos con listas validadas de métodos descritos como idóneos para a análise de axentes químicos nos lugares de traballo procedentes de varios Estados membros da UE.

GESTIS - valores límite internacionais para axentes químicos : base de datos que recompila valores límite profesionais de exposición a sustancias perigosas

GESTIS - Criterios científicos: documentos sobre os criterios científicos para o nivel dos valores límites nacionais no lugar de traballo, e corpus de datos segundo os cales se clasifican as sustancias como perigosas, non recompilados nin publicados de forma centralizada? GESTIS-DUST-EX - características importantes de combustión e explosión de máis de 4 000 mostras de po de practicamente todos os sectores da industria

Base de datos sobre exposición MEGA: base de datos da IFA sobre exposición “datos de medicións en relación coa exposición a sustancias perigosas no lugar de traballo”

Empregamos cookies de terceiros para xenerar estatísticas da audiencia (GOOGLE ANALITICS), para o traductor de idiomas (GOOGLE), acollido a “Privacy Shield”.
Se continuas navegando estarás aceitando o seu emprego. Aceptar | Mais información
Confederación Intersindical Galega - Miguel Ferro Caaveiro 10, Santiago de Compostela Versión anterior da páxina Foros Biblioteca Privacidade RSS