Novas fichas da colección BASEBIO17-10-2025 - INSSTNesta nova entrega, o INSST presenta sete novas fichas sobre axentes biolóxicos transmitidos por vectores artrópodos. Esta ferramenta de gran utilidade para a avaliación, prevención e control do risco biolóxico está concibida para o seu uso por parte dun amplo número de colectivos, non só é de utilidade para profesionais da prevención de riscos laborais, como hixienistas ou profesionais da medicina do traballo, senón tamén para responsables de empresas, persoas traballadoras e os seus representantes, e calquera que desexe consultar información sobre un determinado axente biolóxico. | ![]() |
|---|
Ligazón ás novas fichas:
Virus de la encefalitis japonesa
A colección BASEBiO ofrece información ampliada e actualizada da listaxe de axentes biolóxicos incluído no anexo II do RD 664/1997, do 12 de maio, sobre a protección dos traballadores/as contra os riscos relacionados coa exposición a axentes biolóxicos durante o traballo.
Esta base de datos constitúe unha ferramenta de gran utilidade para a avaliación, prevención e control do risco biolóxico.
Para cada axente biolóxico pódese atopar información relacionada con:
Nome do axente biolóxico, diferentes especies do xénero, sinónimos, tipo, características morfolóxicas e ciclo de vida.
Viabilidade, propagación e transmisión: reservorios, hospedadores, doses infectiva mínima, supervivencia ambiental, formas de resistencia, mecanismo de propagación e transmisión, vías de entrada e distribución xeográfica.
Actividades laborais con risco: listaxe non exhaustiva de actividades económicas contidas en CNAE (Clasificación Nacional de Actividades Económicas 2009) e ocupacións contidas en CNO (Clasificación Nacional de Ocupacións 2011).
Efectos na saúde: grupo de risco segundo a clasificación do Anexo II do RD 664/1997, infección, efectos tóxicos, efectos alérxicos, efectos canceríxenos, efectos na maternidade, nome da principal enfermidade que causan de acordo co seu código CIE-10 (Clasificación Internacional de Enfermidades, 10.ª edición), e necesidade de declaración obrigatoria (de acordo á Orde SSI 445/2015, do 9 de marzo, pola que se modifican os anexos I, II, e III do Real Decreto 2210/1995, do 28 de decembro, polo que se crea a Rede Nacional de Vixilancia Epidemiolóxica, relativos á lista de enfermidades de declaración obrigatoria, modalidades de declaración e enfermidades endémicas de ámbito rexional).
Prevención e control: modos de inactivación química e física, antimicrobianos, vacinación, EPI´s adecuados, medidas preventivas xerais e específicas en centros sanitarios e laboratorios.
Ligazón á Base de datos: BASEBIO