Co financiamento de:
/ Recursos Técnicos / Recursos dixitais

Unha aplicación online mide a nosa calidade de vida.

19-01-2012 - IBV Instituto de Biomecánica de Valencia

O Instituto de Biomecánica de Valencia (IBV) dispón dunha aplicación que permite aos usuarios medir a súa calidade de vida. Esta ferramenta, promovida pola Asociación CVIDA, facilita o acceso por parte do usuario a consellos e empresas que contribúan a mellorar a súa saúde e benestar.

A iniciativa está dispoñible en http://www.cvidacenter.com/ e é completamente gratuíta. Móstranos un sinxelo cuestionario que a través de 7 fases vai detectando as nosas necesidades para calcular o noso índice de calidade de vida.


Este índice de calidade de vida ten en conta unha serie de factores crave para calcular o noso grao de satisfacción. En concreto mide aspectos relacionados coa saúde, o rendemento -tanto físico como social-, o confort, as relacións persoais, a seguridade da nosa contorna -para a prevención de accidentes-, a nosa felicidade e como organizamos o tempo libre.


Estes factores calcúlanse segundo os percíbe o usuario, xa que a calidade de vida se míde tendo en conta a percepción persoal. O resultado é transitorio e dinámico, xa que a percepción da nosa calidade de vida varía en función dos cambios que se poden producir nos factores citados anteriormente. Por exemplo, se mellora a nosa saúde consideraremos que a nosa calidade de vida tamén mellora.


Por este motivo, unha vez realizamos o test e obtemos este índice, está nas nosas mans mellorar a nosa calidade de vida.


Para iso, unha vez obtemos os resultados do cuestionario, dende a propia aplicación podemos recorrer aos consellos de mibienestar.es. Estas recomendacións están baseadas nos coñecementos científicos provenientes da experiencia investigadora do Instituto de Biomecánica en diversos ámbitos, ofrecendo información práctica destinada a facilitar a vida das persoas.


Outra posibilidade que ofrece a aplicación é coñecer, a través da Asociación CVIDA, aquelas empresas que poden ofrecernos solucións idóneas e, por tanto, onde atopar os produtos e servizos máis adecuados ás nosas necesidades. Empresas de diferentes sectores, responsables e comprometidas, que teñen en común o ser pioneiras en apostar pola innovación ao servizo das persoas, a quen sitúan no centro da súa actividade como beneficiarias das tecnoloxías e servizos para a calidade de vida.


Por último, o usuario do medidor pode afondar en materia de coñecemento e innovación, descubrindo a actividade do IBV, centro tecnolóxico que persegue a mellora dos produtos, contornas e servizos que utilizamos as persoas. O IBV utiliza coñecementos de diferentes ciencias e disciplinas e aplícaos en diversos sectores con dous obxectivos: mellorar a nosa calidade de vida e aumentar a competitividade das empresas a través do benestar das persoas.

Empregamos cookies de terceiros para xenerar estatísticas da audiencia (GOOGLE ANALITICS), para o traductor de idiomas (GOOGLE), acollido a “Privacy Shield”.
Se continuas navegando estarás aceitando o seu emprego. Aceptar | Mais información
Confederación Intersindical Galega - Miguel Ferro Caaveiro 10, Santiago de Compostela Versión anterior da páxina Foros Biblioteca Privacidade RSS