Co financiamento de:
/ Recursos Técnicos / Recursos dixitais

Actualización do Calculador “Avaliación da exposición ao ruído”

26-02-2024 - INSST

O INSST publicou unha edición actualizada do calculador “Avaliación da exposición ao ruído”, que fusiona dous calculadores anteriores: Avaliación da exposición ao ruído e Incerteza das medicións asociadas ao nivel de ruído, unificando as súas funcionalidades nunha única ferramenta.

O obxectivo principal deste produto é facilitar o cómputo do nivel de exposición diario (LAeq,d) e a súa incerteza asociada a partir de datos obtidos na medición de campo mediante o procedemento especificado na norma UNE-EN ISO 9612:2009 "Acústica. Determinación da exposición ao ruído no traballo. Método de enxeñería". En consecuencia, ofrece tres vías para a determinación do LAeq,d que coinciden coas estratexias descritas nesta metodoloxía ("baseada na tarefa", "baseada no posto de traballo", "baseada na xornada completa"), polo que a súa utilización require proporcionar a información esixida pola norma para a estratexia seleccionada.

Cabe destacar que o criterio de avaliación da exposición laboral ao ruído baséase no cálculo do LAeq,d e a súa comparación cos valores de exposición que dan lugar a unha acción e co valor límite, establecidos no artigo 5 do Real Decreto 286/2006, do 10 de marzo, sobre a protección da saúde e a seguridade dos traballadores contra os riscos relacionados coa exposición ao ruído.

Este calculador inclúe un apartado de exemplos que axuda a estabelecer unha correspondencia entre os datos recolleitos durante o proceso de mostraxe e as entradas do calculador. Tamén orienta en relación coa interpretación dos resultados para a toma de decisión no proceso de comparación.

Ligazón ao Calculador

Ligazón á APP Google Play (Android)

Ligazón á APP (IOS)

 

 

Empregamos cookies de terceiros para xenerar estatísticas da audiencia (GOOGLE ANALITICS), para o traductor de idiomas (GOOGLE), acollido a “Privacy Shield”.
Se continuas navegando estarás aceitando o seu emprego. Aceptar | Mais información
Confederación Intersindical Galega - Miguel Ferro Caaveiro 10, Santiago de Compostela Versión anterior da páxina Foros Biblioteca Privacidade RSS