Novidades en Calculadores e App25-04-2017 - INSHTO INSHT vén de poñer en disposición un novo calculador: “Accidentes de traballo. Control estatístico” e unha nova App “Andeis metálicos. Condicións de seguridade” |
|---|
Calculadores: Novidades en seguridade e xestión da prevención
“Accidentes de traballo. Control estatístico”
Este calculador permite calcular por unha banda os índices de sinistralidade nun período de referencia determinado, e por outra o control estatístico mediante o cálculo do índice de frecuencia, a través dun diagrama mes a mes ou a través dun diagrama acumulado anual.
Novidades en App:
“Andeis metálicos. Condicións de seguridade”
Esta aplicación contén un cuestionario de revisión das condicións de seguridade de andeis metálicos de carga paletizada (andeis de aceiro de traveseiros e puntais regulables en altura) e da súa contorna inmediata, baseado principalmente no indicado na norma UNE-EN 15635.