EPIDAT: análise epidemiolóxica de datos05-11-2014 - Consellería de SanidadeEpidat é un programa de libre distribución desenvolvido polo Servizo de Epidemioloxía da Dirección Xeral de Innovación e Xestión da Saúde Pública da Consellería de Sanidade (Xunta de Galicia) co apoio da Organización Panamericana de la Salud (OPS-OMS) e a Universidad CES de Colombia. Os obxectivos de Epidat son: - Aportar unha ferramenta de manexo sinxelo e de utilidade para a análise estatística e epidemiolóxica de datos que cubra algunhas omisións nas aplicacións máis estendidas. - Apoiar e facilitar a docencia en epidemioloxía, tanto no ámbito da cooperación técnica como no universitario. - Fortalecer a capacidade analítica dos profesionais de saúde. - Ofrecer unha fonte de formación autodidacta en determinadas áreas escollidas da estatística aplicada á epidemioloxía. | ![]() |
|---|
Fonte:
Servicio de Epidemiología
Dirección Xeral de Innovación e Xestión da Saúde Pública