PORTAIS21-01-2025 - RECURSOS DIXITAIS |
|---|
PORTAL TEMÁTICO LABORATORIO DE RISCOS PSICOSOCIAIS. ISSGA
O Laboratorio, liderado polo Issga, está composto por persoal do ISSGA e da USC especialista na materia e está especializado na investigación, desenvolvemento e innovación para mellorar a saúde psicosocial das persoas traballadoras en Galiza. O obxectivo principal é aumentar o coñecemento e a comprensión dos riscos psicosociais, así como articular medidas para previlos.
Ligazón ao Portal temático LABORATORIO DE RISCOS PSICOSOCIAIS. ISSGA
PORTAL SECTOR AGRO E FORESTAL. ISSGA
Ligazón ao portal SECTOR AGRO FORESTAL. ISSGA
PORTAL SECTOR PESQUEIRO. ISSGA
Ligazón ao portal SECTOR PESQUEIRO. ISSGA
PORTAL SECTOR CONSTRUCIÓN. ISSGA
Ligazón ao portal SECTOR CONSTRUCIÓN. ISSGA
PORTAL INDUSTRIA E SERVIZOS. ISSGA
Ligazón ao portal INDUSTRIA E SERVIZOS. ISSGA
PORTAL AMIANTO. ISSGA
Ligazón ao portal AMIANTO. ISSGA
PORTAL PROMOCIÓN DA SAÚDE. ISSGA
Este portal inclúe información e recursos para que as empresas poidan adoptar boas prácticas de PST, así como información sobre actividades que se realizan neste eido tanto polo ISSGA como por outros organismos especializados en seguridade e saúde laboral.
Ligazón ao portal PROMOCIÓN DA SAÚDE. ISSGA
PORTAL EMPREGO AUTÓNOMO. ISSGA
Neste portal se despregarán os contidos relacionados coas actividades das persoas traballadoras autónomas, destacando a publicación de boas prácticas para diferentes sectores nos que predomine o emprego autónomo. Ademais ponse a disposición de todas as persoas interesadas información práctica sobre prevención de riscos laborais, co claro obxectivo de fomentar a cultura preventiva e mellorar as condicións de seguridade e saúde nos lugares de traballo, así como a información sobre estudos de saúde laboral e o programa de recoñecementos médicos específicos para persoas traballadoras autónomas.
Ligazón ao portal EMPREGO AUTÓNOMO. ISSGA
PORTAL INTEGRACIÓN DA IGUALDADE. ISSGA
O ISSGA, a través deste portal temático, pon a disposición de todas as persoas interesadas numerosa información práctica, actuacións e publicacións propias e dos organismos colaboradores co obxectivo de asesorar e orientar nos aspectos relacionados coa integración da igualdade e a perspectiva de xénero na prevención de riscos laborais.
Ligazón ao portal INTEGRACIÓN DA IGUALDADE. ISSGA
PORTAL ESCOLA GALEGA DE PREVENCIÓN. ISSGA
A Escola Galega de Prevención é un espazo educativo específico para a introdución dos contidos sobre PRL na poboación escolar de Galiza. Busca incentivar actitudes e hábitos seguros entre as/os escolares dun xeito ameno, didáctico e divertido.
Ligazón ao portal ESCOLA GALEGA DE PREVENCIÓN. ISSGA
WEB SOBRE DISRUPTORES ENDOCRINOS
O obxectivo desta páxina web é principalmente informar ás partes interesadas sobre o estado actual das substancias identificadas como alteradores endocrinos ou en avaliación de propiedades de alteración endocrina dentro da UE.
Ligazón a web "Endrocrine Disruptor List"
WEB SOBRE OS RISCOS DE CANCRO NO TRABALLO E OS PERIGOS DA EXPOSICIÓN A AXENTES CARCINÓXENOS
Trátase dunha iniciativa voluntaria destinada a intercambiar boas prácticas de seguridade entre os sindicatos, inspectores/as de traballo, empresas, investigadores/as, profesionais da prevención de riscos, etc. Os socios están a convidar a participar a organizacións e empresas de toda Europa, achegando información, recursos e eventos enfocados á prevención da exposición a axentes canceríxenos nos lugares de traballo da UE.
Ligazón á web RISCOS DE CANCRO NO TRABALLO E OS PERIGOS DA EXPOSICIÓN A AXENTES CARCINÓXENOS
OSHWIKI, A WIKIPEDIA DA PREVENCIÓN DE RISCOS LABORAIS –EU-OSHA-
Proxecto desenvolvido pola EU-OSHA , para permitir a posta en común do coñecemento en seguridade e saúde no traballo (SST), a información e as mellores prácticas, co fin de apoiar ás organizacións gobernamentais, da industria e dos/as traballadores/as para garantir a seguridade e a saúde no lugar de traballo. Polo momento dispoñible en versión beta e con contidos en inglés.
Ligazón OSHwiki
PORTAL TEMÁTICO DE RISCOS PSICOSOCIAIS -INSST-
O Portal inclúe información sobre estatísticas, datos e enlaces de interese nos distintos campos de coñecemento.
Ligazón ao Portal de RISCOS PSICOSOCIAIS
PORTAL: PROMOCIÓN DA SAÚDE NO TRABALLO -INSST-
O INSHT pon en marcha un portal temático adicado á promoción da saúde no traballo.
Ligazón ao Portal de PROMOCIÓN DA SAÚDE NO TRABALLO
PORTAL: ERGONOMÍA -INSST-
O portal de Ergonomía recolle a información que sobre este tema dispón no INSSBT, a partir dunha concepción teórica dos diversos aspectos que deben considerarse no ámbito da Ergonomía, é dicir a consideración do traballo como un sistema.
Ligazón ao Portal de ERGONOMÍA
PORTAL: EQUIPOS DE PROTECCIÓN INDIVIDUAL -INSST-
Este portal temático, relacionado cos Equipos de Protección Individual, permite ao usuario acceder a información sobre a Selección e uso de tales equipos, así como sobre o proceso de Certificación e sobre os aspectos máis relevantes da Normalización técnica dos mesmos.
Ligazón ao Portal EQUIPOS DE PROTECCIÓN INDIVIDUAL
PORTAL: RISCO QUÍMICO -INSST-
Neste Portal considéranse tanto os aspectos de seguridade como os de hixiene industrial, incluíndo información sobre sectores específicos con problemática en risco químico e axentes con normativa especial. Incorpora tamén información relativa ao novo sistema globalmente harmonizado de clasificación e etiquetaxe dos axentes químicos.
Ligazón ao Portal: RISCO QUÍMICO
PORTAL: RISCOS BIOLÓXICOS -INSST-
Este portal permite acceder a información de utilidade para levar a cabo a xestión da prevención do risco por exposición a contaminantes biolóxicos.
Ligazón ao Portal: RISCOS BIOLÓXICOS
PORTAL: TRASTORNOS MUSCULOESQUELÉTICOS -INSST-
O portal do Instituto Nacional de Seguridade e Saúde no Traballo destinado aos transtornos musculoesquéticos desapareceu como tal; os seus contidos estarán dispoñibles nun apartado específico do portal de ergonomía.
Ligazón ao Portal ERGONOMÍA
PORTAL DO SECTOR MARÍTIMO PESQUERO -INSST-
O INSBTT pon en funcionamento este Portal co propósito de contribuír á mellora das condicións de seguridade e saúde dos/as traballadores/as deste sector e dar unha resposta organizada ás necesidades de información e asesoramento en relación á seguridade e a saúde laboral dos/as traballadores/as do sector marítimo pesqueiro.
Ligazón ao PORTAL DO SECTOR MARÍTIMO PESQUERO
PORTAL: SECTOR AGRARIO -INSST-
O portal temático do Sector Agrario do INSSBT está estruturado en cinco seccións: información xeral sobre o sector agrario, praguicidas agrícolas (produtos fitosanitarios), maquinaria, gandaría e traballos forestais. As diferentes seccións están estruturadas de forma similar e recollen a información máis relevante dende o punto de vista preventivo sobre documentación, normativa, formación e ligazóns de interese específicos de Agricultura, así como sobre os proxectos específicos do INSSBT en relación con este sector.
Ligazón ao Portal: SECTOR AGRARIO
PORTAL DE SITUACIÓNS DE TRABALLO PERIGOSAS –INSST-
O Portal ofrece información sobre situacións de traballo perigosas con fins preventivos. Descríbense situacións de traballo reais nas que se produciron ou poden producirse danos á saúde dos traballadores, identificando os elementos máis relevantes para a súa prevención , así como as medidas preventivas máis axeitadas.
Ligazón ao Portal SITUACIÓNS DE TRABALLO PERIGOSAS