Co financiamento de:
/ Recursos Técnicos / Recursos dixitais

Actualización da aplicación LEP e novas fichas DLEP

24-05-2021 - INSST

O INSST pon a disposición a actualización da aplicación LEP, ferramenta que amplía e facilita o acceso á información contida na publicación, Límites de exposición profesional para axentes químicos. Publica tamén os últimos DLEP que complementan, tanto á publicación devandita, como a aplicación informática.

Aplicación "Límites de exposición profesional"

Esta ferramenta amplía e facilita o acceso á información contida na publicación, Límites de exposición profesional para axentes químicos, que con carácter anual, publica o INSST. A procura da información pódese realizar por nº  CAS ou por nome do axente, ben de forma completa ou introducindo unha parte do mesmo.

Dunha maneira rápida, pódese consultar e gardar en formato 'pdf', a información relativa aos valores límite, tanto ambientais como biolóxicos, as propostas de cambio e toda unha serie de información adicional, como a documentación toxicolóxica para o establecemento dos límites de exposición profesional, as fichas de toma de mostras dos contaminantes químicos en aire e os métodos de toma de mostra e análises aplicables a cada caso particular. Neste mesmo apartado, ofrécese unha ligazón á base de datos  Infocarquim para aqueles axentes canceríxenos e/ou  mutáxenos que teñen establecido un valor límite e unha ligazón xeral á páxina de inicio da base de datos GESTIS de métodos analíticos. Ademais, permite acceder á lexislación e ás guías técnicas relacionadas coa exposición a axentes químicos.

DLEP

A documentación toxicolóxica para o establecemento dos límites de exposición profesional para axentes químicos  DLEP, complementa á incluída na publicación Límites de exposición profesional para Axentes Químicos e na aplicación informática Límites de exposición profesional.

Estes documentos recollen a información toxicolóxica relativa para os efectos das substancias sobre a saúde dos traballadores/as e a relación entre a dose de exposición e os efectos que provocan. Esta información serviu para poder establecer os límites de exposición profesional para cada axente químico.

DLEP 130 Iodo e ioduros. Ano 2020

DLEP 131 Aluminio e compostos de aluminio insolubles. Ano 2020

DLEP 132  Anilina. Ano 2020

DLEP 133  Cloruro de metilo. Ano 2020

DLEP 134  Dietanolamina. Ano 2020

DLEP 135  Oxicloruro de fósforo. Ano 2020

 

Ligazón á Aplicación LEP

Ligazón á Base de datos DLEP

Ligazón ao espazo LEP do INSST

 

Empregamos cookies de terceiros para xenerar estatísticas da audiencia (GOOGLE ANALITICS), para o traductor de idiomas (GOOGLE), acollido a “Privacy Shield”.
Se continuas navegando estarás aceitando o seu emprego. Aceptar | Mais información
Confederación Intersindical Galega - Miguel Ferro Caaveiro 10, Santiago de Compostela Versión anterior da páxina Foros Biblioteca Privacidade RSS